Foros ›
Author
Message
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2220 Posts
Galiza
Reply with quote Post Fri, 13 Dec 2019, 6:40
Post subject: carreiras solidarias

Ola,

quixera facer un chamamento para que non esgotemos a solidaridade nestas datas, que o ano é longo.

-- Chámame "ghose"
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1796 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Fri, 13 Dec 2019, 9:22
Post subject: Re: carreiras solidarias

Poderíamos aproveitar este fío para facer unha listaxe das carreiras solidarias (igual que se fixo no seu momento coas carreiras homologadas, maratóns, etc.), que a maioría xa teñen fecha fixa no calendario. É só unha proposta. Pensando

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
956 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Fri, 13 Dec 2019, 10:50
Post subject: Re: carreiras solidarias

Maxi escribió:
Poderíamos aproveitar este fío para facer unha listaxe das carreiras solidarias (igual que se fixo no seu momento coas carreiras homologadas, maratóns, etc.), que a maioría xa teñen fecha fixa no calendario. É só unha proposta. Pensando

Apoio a proposta.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2220 Posts
Galiza
Reply with quote Post Mon, 16 Dec 2019, 9:28
Post subject: Re: carreiras solidarias

con ser solidarios refírome a apoiar aportando esforzo persoal (incluso cartos ou alimentos), non de boquilla cun "like".

Tamén está ben que os organizadores se comprometan a publicar o resultado do acto solidario. Por exemplo, a San Silvestre Alternativa en coruña puxo fotos da entrega dos productos recollidos o ano pasado.

os organizadores de Alas de vida, a cantidade exacta de cartos doada a fundación Debra. Son exemplos que me veñen a cabeza agora, pero coñezo máis.

Tamén coñezo de actividades que o de Solidario é para poñelo no cartel da carreira, e igual doan 50€ dunha carreira con 200 participantes (esto é un exemplo, non teño probas concretas).

A miña mensaxe non é para desanimar a participar, nin un exercicio de descreimento ou cinismo, se non ao contrario, que sexamos conscientes de qué causas apoiamos, nos informemos e apoiemos aquelas que merezan a nosa confianza.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum