Foros ›
Autor
Mensaxe
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Dec 2019, 18:40
Asunto: S.D. Compostela Atletismo

El club Sociedad Deportiva Compostela Atletismo es un club federado de reciente creación, cuyo objetivo primordial es el fomento e impulso de la práctica de varias modalidades deportivas y la participación en competiciones y actividades relacionadas.

A pesar de encontrarnos arrancando este proyecto y ser este nuestro primer año de vida, el club cuenta en la actualidad con más de 70 socios dados de alta, y con previsión de incrementar estas cifras ampliamente por encima de los 100 miembros. Así mismo, el número de corredores para la próxima temporada, que comienza el día 1 de Enero de 2020, es de casi 80 atletas entre las categorías escolares y los atletas federados de todas las categorías.

También contamos con una importante presencia en redes sociales:

- Facebook - Enlace

- Instagram - Enlace

- Twitter - Enlace

- YouTube - Enlace

La idea es la de crear una plataforma donde todos los socios y simpatizantes del club puedan conocer de primera mano las noticias y novedades que se van produciendo, y donde periódicamente se subirán diferentes vídeos y reportajes de las competiciones a las que asistan los miembros del equipo, y de diferentes colaboraciones y charlas con nuestros patrocinadores.

Actualmente, nuestra sección deportiva se centra en el atletismo, pero también contamos con atletas que participan en otro tipo de modalidades tales como las carreras populares, el Trail Running o carrera de montaña, Duatlón y Triatlón.
kosta

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/10/10
130 Carreiras
739 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 27 Dec 2019, 23:11
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Saca provecho a tu carnet de socio


Colaborando con el carnet de socio simpatizante, podrás aprovecharte de los múltiples descuentos en comercios locales y además participar en numerosos sorteos a lo largo del año, ponte en contacto con nosotros para hacerte socio del compos atletismo !! Sorriso

www.youtube.com/v/nFho...e=youtu.be
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2020, 14:55
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Aprovechando esta época hemos ido lanzando diversos vídeos en nuestro canal de youtube Puedes suscribirte ya que es gratis, no os cuesta nada, así no os perdéis ningún video de los que preparamos y a nosotros nos hace mucha ilusión.

Ejercicios para hacer en casa

ENTREVISTAS A ATLETAS DE LA SD COMPOSTELA ATLETISMO


Entrevista a Fernando Casal [Kosta]


Entrevista a María Ramos

Entrevista a Manu Castiñeiras


Entrevista a Juan Luis Botana

ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 10 Abr 2020, 11:10
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

bonitas entrevistas Guiño gracias por compartilas

Est.2008
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Xul 2022, 7:09
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Éxitos para Amador Pena e Yago Iglesias na Carreira do Apóstolo de A Laracha donde o club tamén foi premiado.

Volveu o Circuíto da Costa da Morte en Muxía con victorias e podiums para Yago Iglesias, Barca Toba e Elena Veres.

As citas deportivas de Laracha e de Muxía centraron a atención dos nosos atletas a pasada fin de semana e foron varios os que doblaron participación nas dúas carreiras, como Manuel Castiñeiras, Malena Amigo e Yago Iglesias.

A Laracha reuníu o sábado en torno a 600 deportistas✌️ para desfrutar dunha tarde de Sábado de deporte ao aire libre en que os termómetros acompañaron con temperatura elevadas que foron suavizando según avanzaba a tarde, algún incluso pasou frío tras o baño de mangueira ou paso pola xa tradicional❄️ piscina de Xeo.

O míster Amador Pena foi segundo na V Carreira Popular do Apóstolo 10K e Yago Iglesias proclamouse vencedor da proba Sub-18. Amador levou a prata logo de completar o circuíto en 34:37.
Antón Ruanova sería 4º absoluto con 35:35.



Jordi Carrasco e Manuel Castiñeiras fixeron o propio en 38:15 e 39:30, seguidos de Juan Amigo 42:22 e Pedro Pazos, quen volveu á competición despois dunha lesión nun pé e rematou en 44:51. A nosa Malena Amigo fui a única representante feminina presente na proba absoluta de A Laracha, que finalizou en 1:01:26. Yago Iglesias levou a premiación por ser o máis rápido da proba Sub18 (17:38) pasando 4º absoluto polos 5km, e Ariana Iglesias foi a terceira rapaza máis veloz da categoría Sub-12 (4:49).



Todos puideron repoñer forzas ao finalizar cuns xenerosos pinchos a cargo da organización que sempre cuidan estos detalles.

O Domingo o punto de encontro para os nosos atletas estivo no paseo da Mariña en Muxía, de onde saíu cada unha das probas celebradas onte na vila da Costa da Morte. A brisa do mar foi ben recibida polos atletas que tiveron que correr cunha mañá solleira e abafante, o que afectou nos ritmos de carreira.

Barca Toba Suárez gañou na casa (1ª), Elena Veres Ojea (3ª) e Yago Iglesias (1º XUV) foron atletas premiados da SD Compostela Atletismo o Domingo en Muxía.



✌️Barca Toba corría na casa e notouse, amosouse intratable na distancia curta dos 3K da que foi gañadora absoluta con 11 minutos 26 segundos. En dita proba tamén participaron Antía Botana Mosquera (F9) e Malena Amigo (F26). Mentres na distancia dos 10K estiveron:
Damián Espasandín Lema OCR Élite Racer (M11), Manuel Castiñeiras (M17), Elena Veres (F-3), Roi García (M62), Nuria Mejuto (F12), Juan Botana (M89) e Sonia Rodríguez (F25). En categorías Xuvenil, Yago Iglesias cruzou a liña de meta en primeiro lugar, logo de percorrer os 3K nun tempo 9:51. Na carreira Alevín tamén houbo camisolas branquiazuis coa participación de Marcos Barcala e Ariana Iglesias.

A pasada finde tamén tivemos a Sindo González nos 5k de Vigo, donde acadou unha magnífica 4ª posición absoluta.

Seguimos medrando e seguimos disfrutando do deporte.

¡¡Avante Compos !!
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Xul 2022, 6:29
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

· Nuno Costa foi intratable en Moraña e suma unha nova victoria.
· Emilio García e Sindo García acadaron un 2º e 4º posto nos 5K de Moraña mentres Yago Iglesias gañou a proba Sub18 e Julia Salvado foi 3ª

Pasada a fin de semana e a festividade do 25 de Xullo, día de Galicia, toca dar boa conta dos resultados obtidos polos atletas da SD Compostela Atletismo que non teñen acougo nin nos meses de verán.

En Moraña celebrouse a VIII Carreira Carneiro ó Espeto, con diversas probas: 5K, 10K e carreiras por categorías escolares.
Nuno Costa foi inalcanzable para o resto de corredores da proba dos 10k alzándose vencedor cun tempo redondo de 30:00.
O atleta da SD Compostela Atletismo prolonga unha semana máis a súa hexemonía coma un dos mellores corredores do momento en Galicia logo de varias semanas subindo ao máis alto do podio.



Jordi Carrasco segue sumando quilómetros, desta vez fixando unha boa marca de 33:43 e logrando ser 2º da categoría MásterB.



Emilio García (2º), Sindo García (4º) foron os representantes da camisola branquiazul na proba dos 5k con magníficos tempos de 16:31 e 16:55, respectivamente.



Yago Iglesias foi gañador da proba Sub18M



Julia Salvado acadou a 3ª posición da categoría Sub18F.




Juan Luis Amigo foi o único integrante da SD que estivo o Domingo II Trail de Sargadelos, unha carreira circular de 11k polo municipio do Cervo. O noso Juanito chegou á meta logo de 1h26' (M62).
☺️A vindeira fin de semana haberá novos retos para os nosos, que se desplazarán ata Marín, Baio, Vilargarcía...
COMPOS
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Ago 2022, 5:16
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Victoria para Paula Esteiro en Baio, con Cristian Muiño segundo.



⏱️Marcas persoais en Marin e distintos podiums en Vilagarcia.
Tres probas e todas elas nocturas para mitigar as temperaturas deste cálido verán.
Longa e noctura fin de semana, i é que comezamos o pasado Venres coas competicións, nos 10k homologados de Marin, homenaxe ao gran Manuel Rosales
En cabeza de carreira tivemos a Amador Pena, nuns primeiros kms máis lentos do agardado, ata que precisamente o noso atleta xunto con Juan Negreira puxéronse a aumentar o ritmo no km4, cunha gran segunda parte de carreira o tempo de Amador quedou en 33:44 para ser 4º absoluto e 1ºMáster. A 11 segundos do 3º absoluto Jorge Puig.
Por detrás chegaba un Jordi Carrasco que se tomou a proba a modo entreno para entrar en 36:29, moi preto un dos nosos gañadores, primeiro sub18 sería Yago Iglesias, rexitrando a súa primeira 10k homologada con 36:42.
Lennon Almeida chegaría a continuación con MMP en 37:16.
Manu Castiñeiras rexistraría 37:55
Juanito rexistrou 42:17
Dani Garcia 43:02
Elena Veres sería a primeira das nosas féminas subido ao podium senior como terceira e rexistrando 44:52
Juan Alvarellos chegaría a continuación con 45:28
María Tarrio no Top10 femenino con 45:55
Fernando Casal na súa preparació para a Maratón de Coruña con 49:16
Sonia Rodríguez 52:20
Nuria Mejuto 52:28 e
Malena Amigo que rexistrou a súa mellor marca con 59:31
Nas categorías menores tivemos en Sub14 a Lucía taboada no km homologado con 4:12
E o debut de Iago Mateos en Sub16 cun 3º absoluto rexistrando 3:05



E seguimos 24 horas despois, na noite de Vilagarcía, con algúns atletas dobrando proba.
Maria Tarrio foi unha das que dobrou para ser 4º absoluta e primeira MásterB con 44:59.
Manu Castiñeiras foi 4º Máster A con 37:51
Sindo González foi 7º Máster A con 38:45
Nuria Mejuto foi 5ª Senior con 51:33




En Vilagarcía tivemos unha boa representación de menores con :
Hugo Otero
Clara López
Lucía Taboada
Marcos Barcala
Xoel López

E mentras algún dos nosos Compostelanistas corrían polo porto de Compostela, na porta da costa da morte, en Baio tiñamos difrutando a varios dos nosos atletas máis asíduos desa zona.

Paula Esteiro sería a vencedora absoluta desta primeira edición.
Cristian Muiño que impuxo un forte ritmo de saída para tentar descolgar a Martin Regueira e a Amador,sabedor do rápido final destes dous medio fondistas, puido ser finalmente segundo absoluto tras Martin.
Damián Espasandín Lema OCR Élite Racer no top 10
Amador retirouse no paso polo km5 con molestias na espalda.

Finalmente recuperación a base de churrasco nesta proba que se recupera despois de máis de 30 anos e abofé se manterá para os vindeiros anos.

Forza Compos
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Ago 2022, 9:58
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Dobrete para Amador, e victorias de Yago, Claudia e Iago nas distintas citas atléticas

A festividade da Santa María fixo desta fin de semana unha das máis amplas en canto a citas competitivas deste verán.

O sábado en Nigrán, na carreira pola praia de 6km de distancia,
Alejandro Montero foi 4 absoluto, 2 Senior, e asinou unha boa marca de 20:11 nesta proba de gran dureza polo areal do Val Miñor.

Na tardiña, os nosos atletas desprazados ata ⛪Sobrado dos Monxes participaron na VI Corretroita Popular Concello de Sobrado.
Amador Pena marcou o ritmo da carreira e proclamouse vencedor desta cita deportiva de 8km atravesando a meta en 28’01”.
Gonzalo Cao, que entrou en 5o lugar con 28:28, foi o atleta Sub18 máis rápido da proba. Tamén subiron a podio as nosas atletas
Elena Veres, que foi a 2a muller en chegar a meta en 34:59
Nuria Mejuto como 3a Senior (39:34).



O noso Jose Sandá (M16) retomou as competicións oficiais logo dunha longa lesión e fíxoo cunha boa marca de 31:22, por detrás de Manuel Castiñeiras (M13), que foi quinto da categoría Master2 con 30:10. En Sobrado tamén participaron Roi García 35:09.
Jorge Castro36:22 Laureano Varela 37:43.


A SD Compostela Atletismo tamén estivo ben representada nas distintas carreiras base celebradas en Sobrado dos Monxes, con victorias para:
Iago Mateos en Sub16
Claudia Castro en Sub12.

Na XXVII Carreira a pé de Lira, que organizou A.c. Canle
Cristian Muíño foi terceiro absoluto na proba dos 10K que cumplíu en 34:43. Tamén en Lira, a nosa Julia Salvado foi terceira na proba cadete nunha carreira apaixoante e moi disputada entre as tres primeiras da categoría que foron durante toda a proba xuntas.
Para pechar esta xornada deportiva, na Carreira Popular Concello de Cambre que tivo lugar o luns; celebramos a victoria e dobrete de Amador Pena, desta vez con 26:03 nos 7,5km que compañían a proba. Canda o noso míster tamén estiveron:
Lennon Almeida (M21) con 28:44 para ser quinto da categoría Senior,
Manuel Castiñeiras (M27) cun tempo de 29:12



Roi García (M155) 35:23
María Tarrío (F11) 36:00
Nuria Mejuto 46:29 (F56)
Malena Amigo (F57) 46:29.



Yago Iglesias foi o atleta Sub18 máis veloz en Cambre
Julia Salvado chegou en terceiro lugar de dita categoría
Iago Mateos foi terceiro Sub16
Ariana Iglesias participou na proba Sub12 cunha excelente 4a posición.



☀️Así avanza o mes de Agosto para os nosos atletas; gozando de adestramentos e xornadas deportivas solleiras ás que se irán unindo máis atletas nas vindeiras semanas.
☀️
Avante Compos


Última edición por sdcompostelaatletismo o Sáb, 20 Ago 2022, 10:05; editado 3 veces
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
454 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Sáb, 20 Ago 2022, 10:00
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

O foro non soporta emoticonos "modernos" e pon un montón de interrogantes jejeje

Parabéns por todo-los éxitos deportivos SD Compostela Sorriso
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Set 2022, 14:23
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

OrEK escribió:
O foro non soporta emoticonos "modernos" e pon un montón de interrogantes jejeje

Parabéns por todo-los éxitos deportivos SD Compostela Sorriso

Si, y los hay que quitar a mano!
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Set 2022, 14:23
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Xa entramos nunha nova finde de competicións, pero antes contámosvos como nos foi a finde pasada
Ampla representación da SD Compostela Atletismo na Carreira Popular de A Pobra con premio para Amador Pena
Terceiro posto de Emilio García na carreira solidaria de Boimorto
Triunfo de Julia Vaquero en A Guarda
Sindo González abríu a xornada de competición desprazándose ata Ponte Caldelas o venres pola tarde. Na I Carreira Popular Festa das Dores o atleta branquiazul asinou o 11º mellor tempo, 14:27.



Sindo completou esta fin de semana participando tamén na XXII Milla de Sanxenxo, na que foi 6º absoluto (5º VET-A) con 4:58, a tan só 17 segundo do gañador.
En Boimorto, coincindo co Festival da Luz, tivo lugar a carreira solidaria Cultivando Deporte Boimorto no Camiño,
Emilio García asinou a 3ª posición absoluta con 21:14 nos 5,8 quilómetros de distancia.
Outro dos nosos atletas que fixo dobrete foi Lennon Almeida, quen completou os 7km de percorrido da III Carreira Nocturna de Narón a noite do sábado cun tempo de 26:43 que lle valeu para ser 16º xeral e formar parte do grupo de atletas que participaron na XIII Popular Concello de A Pobra o domingo pola mañá.

Nos case 8 quilómetros de A Pobra, Amador Pena finalizou entre os 10 corredores máis veloces cun tempo de 25:36 (8 xeral) e obtivo premiación como 2 da categoría Máster2.


Manuel Castiñeiras, foi o segundo atleta da SD Compostela Atletismo en atravesar a liña de meta, en 28 minutos e 59 segundos, seguido de Lennon que parou o crono en 29:18. As representantes femininas do equipo na proba absoluta foron:

Elena Veres (33:33 4 Senior), Shaila Muñiz (34:16 5 Máster2) e María Tarrío (35:29 7 Máster2). Nesta primeira proba das catro que compoñen o Circuito de Carreiras do Barbanza tamén estiveron Fran Méndez (34:16 57 Máster2), que está a preparar a súa participación nos 50km de Ribera⛰️, e



Os dous Botana cunha boa marca de 36 minutos e 47 segundos e foi 7ª da categoría Máster4.



Non puideron completar a carreira e retiráronse con molestias os atletas Yago Iglesias e Emilio García.



♂️Ampla participación dos atletas máis novos da SD Compostela Atletismo na Carreira Popular de A Pobra con Iago Mateos na proba Sub16;
Lucía Taboada e África Gil en Sub14, Pedro Méndez e Ariana Iglesias en Sub12; Daniel Gil na proba Sub10 e Álex Pena na carreira Sub8.
✌️ Tamén regresou ás probas populares a nosa Julia Vaquero e fíxoo con vitoria na Carreira Pedestre de La Guía, na súa casa en A Guarda .
☺️O mes de Setembro traerá consigo o regreso dos adestramentos para cativos en idade escolar e os grupos de traballo para adultos; unha maneira saudable e divertida de afrontar “a volta ao cole”.
Seguimos !!
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Out 2022, 2:37
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Moito que celebrar para os nosos atletas esta fin de semana, con grandes resultados en diversas probas deportivas, pero máis importante é se cadra compartilas en equipo!

A vila costeira de Noia acolleu a súa XXIV Carreira Nocturna Pedestre Popular e alí estiveron atletas de SD Compostela Atletismo de todas as idades. Xunto con outros 300 corredores, os corredores branquiazuis participaron dunha das probas máis espectaculares da comarca do Barbanza, polo seu percorrido de case 8 quilómetros polo conxunto histórico da vila nun momento máxico da tardiña aproveitando a caída do sol.





María Tarrío (34:07) e Laura Botana (39:13) foron dúas das nosas atletas premiadas como 3ª Máster2 e 1ª Senior, respectivamente. Tamén o nosos atletas Sub18 Julia Salvado (13:00) e Yago Iglesias (10:38) conseguiron trofeo acredidativo como 2ª e 3º na distancia de 3 quilómetros para dita categoría.
Ademáis de todos eles, tamén participaron:José Sandá, Daniel García, Juan Botana , Juan Luis Botana Mosquera , Antía Botana (5 Senior) e Malena Amigo (11 Máster3).

Os atletas máis novos da SD Compostela Atletismo que vestiron a camisola branquiazul en Noia foron:
Marcos Barcala, Xoel Otero, Lara Torres, Ariana Iglesias, Daniela Gil.
Hugo Otero, África Gil e Diana Botana

Celebramos a victoria do míster Amador Pena en Taboada, Lugo, na IX Carreira Popular ‘Entre Pazos e Carballos’. Amador foi o corredor máis veloz desta fermosa proba, pertencente ao Circuíto Miño-Ulla, con 10 quilómetros de distancia polos sendeiros da comarca da Ribeira Sacra, e que Amador completou en 34 minutos e 15 segundos.

Alejandro Montero non fallou á cita co Circuíto Correndo por Ourense. Desta volta, a proba atravesou a Zona Universitaria da cidade do Miño e Alejandro chegou en 3ª posición da xeral e 1º da categoría Senior cun tempo de 22:02.

✌️O noso atleta especialista en longas distancias, Fran Méndez, volveu ao monte participando na Andaina 50K Concello de Ribeira. Fran realizou esta fazaña de case 900 metros de desnivel en 4 horas 47 minutos e 58 segundos.⛰️

Destacamos tamén o extraordinario papel dos nosos atletas fóra das carreiras, así como noutros ámbitos deportivos.



Damián Espasansín e Paula Esteiro foron gañadores da Gladiator Race A Coruña e Lennon Almeida foi 2• clasificado tras o atleta de Vimianzo. Magníficos resultados para os atletas branquiazuis nunha das carreiras máis multitudinarias da OCR, con 6 quilómetros de obstáculos nun terreo tipo cross.
Albiscamos con ganas próximas citas deportivas nas que estarán presentes as cores branquiazuis, tales como a Clásica TGM de Arzúa, a 29ª Carreira Popular Gundián 2022” , Malpica, ou o Trail da Carixa
Seguimos sumando
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Out 2022, 2:43
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Os nosos xa remataron de correr hoxe en Corcubión e onte na milla da Pobra pero contámosvos como foi a finde pasada i é que: Dende Malpica ata Tenerife, as cores da SD Compostela Atletismo luciron nunha chea de citas deportiva
· Segundo posto para Nuno Costa na Popular de Gundián e Cristian Muíño terceiro na Pedestre de Malpica
· SD Compostela Atletismo segundo clasificado por equipos na Clásica TGM de Arzúa

Despedimos unha das fin de semanas máis “movidas” para os nosos atletas. Dende Malpica ata Tenerife, as cores da SD Compostela Atletismo luciron nunha chea de citas deportivas das que participamos con moita ledicia.

Chegaron as cores branquiazuis ata Tenerife grazas a Sindo, que participou nunha carreira/trail na illa canaria. Sindo probou un novo terreo e unhas temperaturas diferentes das galegas nunha proba de 6.5km. O noso atleta chegou no posto 21.



Xa na terriña, os nosos afrontaron unha gran variedade de carreiras; entre elas a Pedestre de Malpica onde Cristian Muíño foi o terceiro absoluto. Segundo posto para o noso Sub16 Iago Mateos, que cubríu a distancia de 2.100 metros en 7:09 para ser segundo.

Malena Amigo foi a única das nosas atletas que participou, e de maneira brillante, na Carreira Nocturna Corre por Ferrol.



A proba celebrada a tarde do sábado, e que citou un maior número de atletas branquiazuis, foi a Clásica TGM de Arzúa de 10k.
Ata a terra do queixo desprazáronse
Alejandro Montero 5º ,
Amador Pena 6º
Emilio García 12ºMasc. 1 atleta local),
Borja Cardesín 16º,
Manuel Castiñeiras18º,
Jose Sandá 21º,
Antonio Vázquez 23º,
Elena Veres 5ª F,
Jorge Castro44º,
Laureano Varela67º,
Juan José Alvarellos 68
Nuria Mejuto 10ª.

En Arzúa tamén vestiron a camisola da SD algúns dos integrantes máis novos do club: Julia Salvado en Sub18, Hugo Otero en Sub16 e Lucía Codesido en Sub14. Xoel Otero quedou en primera posición da proba Sub12, onde tamén participaron Claudia Castro e Hugo García.

Os excelentes resultados obtidos polos nosos corredores posicionaron a SD Compostela Atletismo como a 2ª mellor formación na clasificación por equipos da proba Clásica TGM de Arzúa.

O Domingo, dúas probas centraron a atención dos nosos: a 29ª Carreira Popular do Gundián e o III Trail A Carixa. En Gundián, unha das competicións máis singulares de Galicia con 4k de esixente e novo percorrido,
Nuno Costa acadou a 2ª posición xeral. Por detrás del, Emilio García, fixo dobrete tras a súa participación en Arzúa na tarde do sábado, e atravesou a liña de meta 8º xeral.



Iago Mateos, logo de ter participado en Malpica a tarde anterior, asinou unha boa carreira en Gundián (5º Masc.C).
Aron Lorenzo 3º categoría C, tamén competiu nesta proba un dos nosos velocistas que o debiu pasar pipa polas costas arriba... Santi Dapena.
Unha das carreiras de montaña de referencia para os seguidores dos Trail celebrouse este pasado sábado en Merza, Vila de Cruces. A 3ª Edición do Trail da Carixa contou cunha proba de relevos mixtos, masculinos e femininos con dous tramos de 8,3km e 12,7km con punto de saída e chegada na área recreativa de A Carixa, onde os nosos puideron refrescarse despois da proba dadas as boas temperaturas que acompañaron dita celebración. Alí estiveron Manuel Castiñeiras, Jose Sandá, Roi García, Elena Veres, Antonio Vázquez, María Tarrío, Laureano Varela, Nuria Mejuto e Julia Vaquero. A nosa mundialista e olímpica, acompañada da atleta Valerie Batire, proclamouse vencedora en categoría feminina por relevos; mentres que Antonio Vázquez e María Tarrío foron 3º da proba mixta. Ademais da particularidade e beleza do Trail; percorrendo os montes da comarca do Deza, a fervenza do Toxa, e o monasterio de Carboeiro, foi clave a súa fantástica organización para gozar dunha xornada de convivencia e deportes entre atletas de toda a comunidade.



A vindeira fin de semana terá lugar unha carreira moi especial para o club: a I carreira e andaina solidaria camiñando polo dano cerebral, en que o club é colaborador. Estaremos participando nesta, e noutras citas deportivas como a de Corcubión e Trazo.

Seguimos disgfrutando, Forza Compos !
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Out 2022, 10:10
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

Éxito branquiazul en Trazo con excelente participación da SD Compostela Atletismo.
- Victoria absoluta en A Guarda para Julia Vaquero.
· Volveu o Circuíto da Costa da Morte con diversas probas en Corcubión e destacadas actuacións dos nosos.

Os atletas da SD Compostela Atletismo afrontaron unha fin de semana de compromisos deportivos que, de novo, fixo que se desprazaran por diversas localizacións da nosa comunidade. Moitos deles dobraron e representaron ao club en citas tan especiais como a carreira “Camiñando polo Dano Cerebal” de Santiago, “Correndo pola Costa da Morte” en Corcubión e o “Trillazo” da veciña localidade de Trazo entre outras.

A Pobra do Caramiñal foi a primeira cita desta intensa fin de semana coa celebración da Milla Urbana Nocturna, proba na que a nosa Julia Salvado foi 3º da categoría junior e 4ª absoluta.

En Maside, o atleta ourensán Alejandro Montero amosou o seu gran estado de forma e logrou un traballado 3º posto xeral. 54 minutos e 22 segundos foron suficientes para que Alejandro completase os 13,5 km de percorrido que formaban esta XV Edición da Popular de Maside.

A novena carreira do Circuito “Correndo pola Costa da Morte” citou na tarde do sábado aos atletas na mariñeira vila de Corcubión. Nova victoria para
Yago Iglesias, como o atleta xuvenil máis rápido e paranElena Veres, 3ª absoluta e 2ª Senior nos 10k.

Alí estiveron, tanto as nosas representantes na proba dos 3K: María Tarrío (4F), Laura Botana (7F), Antía Botana (11F) e Malena Amigo (19F); como os corredores da proba 10K: Elena Veres (3F), Manuel Castiñeiras (41M), Juan Luis Botana (91M) e Nuria Mejuto (14F). Tamén Ariana Iglesias participou en categoría alevín.

Julia Vaquero despois da súa victoria por parellas no trail da Carixa, voltou a saborear a victoria na proba da sua vila, proba que leva o seu nome, sobre unha distancia de 5k Julia impuxo a súa calidade no asfalto.

A I Carreira Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral, celebrada en Santiago de Compostela na xornada dominical, contou con representación compostelanista, tanto na proba deportiva coma nos servicios de voluntariado.

Malena Amigo foi 12ª na clasificación feminina, Irene leis gañou en menores donde tamén participaron Clara Leis e Martina Rodriguez.

Ángel García, Candela Otero, Jesús Cabo e Bartolomé Balsa formaron parte do equipo de voluntarios.

Pechando a fin de semana, a I Edición do Trillazo en Viaño Pequeno, congregou a un amplo número de corredores branquiazuis na localidade de Trazo. Nos diferentes percorridos asignados ás distintas categorías houbo máis dunha camisola da Esedé. Os nosos atletas deron todo de sí nunha proba de 4,8k e de moita esixencia física.



Venceu o míster Amador Pena cun tempo de 17:04, seguido de Emilio García (3M /2ºMáster2), Manuel Castiñeiras (5M/4ºMáster2) e Martín Abelenda (6M/5ºMáster2). Premiación tamén para Fernando Paz como 3º Máster3, Elena Veres como 1ª Senior e María Tarrío que foi 3ªMáster2. Completaron a participación da SD Compostela Atletismo na proba absoluta do I Trillazo: Roi García (16M), Laureano Varela (24M) e Nuria Mejuto (14F).




imagenes free

Os nosos atletas máis novos tamén formaron parte deste evento deportivo nas súas diferentes categorías:

Iago Mateos foi 2º Sub16 e África Gil acadou o 3º posto Sub14. En Sub10 e Sub12, estiveron: Marta Vilacoba que gañou no seu debut nas carreiras, Marcos Barcala, Xoel Otero, Hugo García, César Ramos, Daniela Gil e Adrián Mayo. Alex Pena representou a SD Compostela Atletismo na proba Sub8 e Daniela Mayo en Sub6, a maoría deles con distintos podios e pasandoo pipa.

Pero as cores da SD tamén chegaron fora da nosa comunidade e cruzaron a fronteira co país luso.



Jordi Carrasco viaxou ata Oporto para participar na máis que recoñecida Media Maratón da cidade portuguesa onde, unha vez máis, Jordi visibilizou o seu compromiso coa causa de Lúa e a enfermidade da artrogripose.

Pechamos a finde con outra morea de kms e vivencias acumuladas, con un gran grupo dentro dun gran equipo, avante Compos !
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Out 2022, 16:57
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo

· Segundo posto por equipos para a SD Compostela Atletismo na Pedestre da Amaía onde Nuno Costa levou a medalla de prata

· Fernando Casal e Antonio Carneiro completaron con méritos os 42 quilómetros da Maratón de A Coruña

* Título galego de OCR para Damián Espasandín e Paula Esteiro



Os atletas da SD Compostela Atletismo asinaron outra fin de semana de éxitos e experiencias enriquecedoras en equipo. O numeroso grupo de atletas desprazados ata Brión na tarde do sábado, participaron nas diferentes carreiras que se levaron a cabo na contorna do parque de Pedrouzos, Brión.

Nos 700 metros de percorrido para atletas Sub10 e Sub12, Marcos Barcala acadou o 3º posto Sub12 e Xan Vilas foi terceiro Sub10, proba na que tamén estiveron: Xoel Otero, Ariana Iglesias, Hugo García e Daniela Gil. Iago Mateos e Hugo Otero foron os representantes branquiazuis na proba Sub16, mentres que as nosas Lucía Taboada e África Gil estiveron na proba Sub14.

Nuno Costa foi 2º clasificado da Pedestre da Amaía de 10 quilómetros cun tempo de 31:57, e por detrás del Emilo García foi 13º e 2ºMáster2 con 36 minutos e 19 segundos. Sindo González (30) chegou en 38:19 e Manuel Castiñeiras (35) en 39:11. Yago Iglesias, que foi o terceiro atleta Sub18 máis rápido da proba, chegaría en 42:29 e Roi García (69) asinou un tempo de 43:33. Entre as nosas atletas féminas; Elena Veres (6) levou premiación como primeira Senior con 43:54 e María Tarrío foi 8ª xeral cun tempo de 44:53. Tamén foron premiadas Julia Salvado, como a máis veloz en Sub18 con 48 minutos e 39 segundos e Malena Amigo como 2ª Máster3, rematando en 1:00:27. A nota triste da xornada foi o abandono do noso atleta Brais Pérez.
Todos estes resultados sumaron de maneira máis que positiva para a SD Compostela Atletismo que levou o 2º posto por equipos, título que quedou na casa co trunfo do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago.





A mañá do domingo acolleu unha das probas máis importante do panorama galego en canto a largas distancias: a IX Maratón Atlántica Coruña 42. Xunto con esta dura proba, desenvolveuse outra de percorrido máis curto: a Carreira Popular 10K. Fernando Casal participou e completou os 42,195 quilómetros da proba coruña en 4 horas, 7 minutos e 55 segundos. Antonio Carneiro, pola súa parte, foi quen de rematar e mellorar ata en 30 minutos a súa anterior marca nesta distancia cun tempo de 3:24:23. Tamén os nosos Jordi Carrasco e Nuria Mejuto estiveron en A Coruña, na carreira dos 10 quilómetros, que finalizaron nun tempo de 33:43 e 48:48, respetivamente. Jordi, que foi 16 na clasificación xeral, levou premio como 2 Máster2.



Noutra orde de cousas, celebramos a revalidación dos títulos como Campións Galegos dos nosos atletas Damián Espasandín e Paula Esteiro nas probas OCR de Carreiras de Obstáculos. Paula, que mantivo a vantaxe durante toda a Liga, e Damián; que viña de disputar o Mundial de Bermout nos EEUU e lograr o 20 posto en categoría absoluta, conseguiron a medalla de ouro da nosa comunidade na proba celebrada o domingo en Vigo.

A vindeira fin de semana chegará con nova cita deportiva na nosa provincia, concretamente en Cabana de Bergantiños, coa Carreira Popular Dolmen de Dombate





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos