Foros ›
II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
7 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Feb 2020, 11:10
Asunto: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

Hola runners!!!
A Segunda edición da Subida a San Cidre xa está de volta.
si, carreira de montaña que organiza o Servizo de deportes do Concello de Toques.
Para os que xa participastes o ano anterior, decir, que hai novidades, en canto a distancia, entón tamén en canto ao percorrido.
Son 13 km e un desnivel acumulado de 850 metros (redondeando). esto para a carreira das categorías de maiores de 18.
Está toda a información en www.toques.es, onde tamén podedes inscribirvos.
Para os menores de 18 hai tres carreiras con tres distancias diferentes, en percorrido de montaña, non no recinto escolar (como o ano anterior), consultade o regulamento para máis información.
Todos os participantes levan regalo e unha medalla, e a maiores, hai trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías senior, absoluto, empadroados en Toques, master 35, 45 e 50, medallas de ouro, prata e bronce nas categorías sub 18, 16, 14, 12, 10 e prebenxamín e premios materiais soamente en tres categorías Absoluto, senior e empadroados.
Os premios non son acumulables.



percorrido senior.jpg
Descrición: Percorrido en mapa. temos un track para visualizar coa aplicación wikiloc
Visto: 1985 veces
percorrido senior.jpg


perfil.jpg
Descrición:
Visto: 1985 veces
perfil.jpg


datos.jpg
Descrición:
Visto: 1985 veces
datos.jpg

Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 02 Mar 2020, 16:47
Asunto: Re: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

Moi contento de haber participado nesta proba, a cal non puidera facer o ano pasado na súa primeira edición.

O que non entendo é como, cunha organización de 10, unha boa bolsa de corredor completiña, duchas perto, avituallamento intermedio e post-carreira (incluso con boliños preñados), e cunha gran cantidade de voluntarios volcándose cós corredores, esta prova non tivo máis participación (non chegamos a 70) na prova absoluta.

A paisaxe de admirar, as vistas dende arriba espectaculares; e o percorrido sin ser técnico, coas súas subidiñas, baxiadas e zonas enlamadas.

Para o ano espero voltar, porque non sabedes o que vos estades a perder.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 03 Mar 2020, 17:42
Asunto: Re: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

Gracias por comentar Angel


A todo non se pode acudir Avergonzado , pero está ben ter a referencia e poder compartir camiño noutra edicion sidiosquere

Est.2008
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
7 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Mar 2020, 9:29
Asunto: Re: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

Graciñas desde Toques, motiva moito a continuar co traballo sabendo que esta carreira ten gran acollida no calendario.
O listón é superable, así que seguiremos traballando para acadar maiores cotas.
Idea
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
498 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Ven, 06 Mar 2020, 11:00
Asunto: Re: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

Maxi escribió:
O que non entendo é como ...prova non tivo máis participación (non chegamos a 70) na prova absoluta.

No meu caso tiña pensado apuntarme. Incluso lle preguntei algún foreiro polo tipo de terreo, se era (ou non) apta para un asfalteiro torpe coma min.

O que me botou para atrás foi o cambio de prezo na última semana. Non me decatei de que había tramos e o incremento (entendible por parte da organización, foi erro meu) foi o que inclinou a balanza cara a quedar na casiña.

Pero cómo hai máis días que sandías, habémonos ver por eses lares.
jose87

Novo foreiro
Novo foreiro
27/11/18
0 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Mar 2020, 19:57
Asunto: Re: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

Carreira moi recomendable, tanto para xente do asfalto como para xente que se queira iniciar o mundo das carreiras por montaña, cun percorrido moi rápido e no que predominan as pistas forestais, ainda que tamén ten parte en asfalto.

Felicitar a organización e os numerosos voluntarios, por facilitar a vida ós corredores, é un luxo poder aparcar, recoller o dorsal, ducharse e ter a saída máis a chegada en 200 metros á redonda.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Ven, 06 Mar 2020, 23:01
Asunto: Re: II Subida a San Cidre - Xacodesafío 2020

vacatola escribió:
Maxi escribió:
O que non entendo é como ...prova non tivo máis participación (non chegamos a 70) na prova absoluta.

No meu caso tiña pensado apuntarme. Incluso lle preguntei algún foreiro polo tipo de terreo, se era (ou non) apta para un asfalteiro torpe coma min.

Agora xa che podo confirmar que é totalmente apta (ainda que ti de torpe nada). O máis duro poden ser as pendentes de algunha subida (sobre todo si a pensas facer correndo todo o tempo, ainda que moitos fixemos andando eses tramos), pero é toda por pistas de terra e asfalto. Tamén atopamos zonas enlamadas, por mor da choiva que caeu durante a noite anterior, polo que recomendaría zapatillas de trail.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos