Foros ›
Microsoft Windows 7 fin de soporte/servizo
Foros de debate / Otros temas de interés
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 11 Feb 2020, 7:46
Asunto: Microsoft Windows 7 fin de soporte/servizo

Hai unhas semanas rematou a vida útil do sistema operativo Windows 7 Muro

Empresas con poucos escrúpulos están a realizar chamadas a empresas e particulares ofrecendo os seus "servizos" para obter unha licenza de produto microsoft e meténdolle medo a xente. É spam e probablemente unha estafa ( Parar non cheguei a formalizar o trámite para verificalo).


Na gran maioría dos casos pódese instalar un sistema operativo diferente no teu PC e, moi importante, probalo antes de instalalo.


elementaryOS


opensuse


escritorio plasma (kde), para múltiples SO

Son alternativas libres, con estándares abertos e interoperables, gratuítas (aínda que podes facer doazóns ao proxecto para axudar ao seu desenvolvemento).

Incluso alternativas realmente libres como a galega Trisquel (referente mundial).



Trisquel (escritorio xfce)

Se precisas axuda ou tes preguntas, aquí tes alguén que che pode botar unha man e quitar esos posibles medos. Personalmente levo case 10 anos 100% fóra de windows/macOS, e uns 15 desde que dei o salto. Son un usuario "normal", maiormente de web e ofimática.

- o teu navegador de internet vai funcionar exactamente igual. Poderás acceder as mesmas webs e servizos.

- o conxunto de ferramentas ofimáticas dispoñibles é enorme (Collabora, Libreoffice, ...)

- a necesidade de ter sentido común non desaparece, pero a necesidade de antiviruses e firewalls minimízase ao extremo (eu non uso antivirus)

- actualizacións de seguiridade e de programas de xeito contínuo e non intrusivo (en cinco minutos e sen ter que deixar de traballar no que estás)

- ... e moito máis.

Empodérate!! Bailar e non dubides en preguntar Guiño porque por aquí andamos unhas cuantas persoas con experiencia en estos asuntos Silbar

Est.2008
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 11 Feb 2020, 7:47
Asunto: Re: Microsoft Windows 7 fin de soporte/servizo

escribo esto porque me pareceu moi mal a chamada que recibín, e querer aproveitarse das persoas con menor coñecemento sobre estos asuntos. Enfadado

Est.2008
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 11 Feb 2020, 18:12
Asunto: Re: Microsoft Windows 7 fin de soporte/servizo

E pensar que no traballo seguimos con windows xp/2000....

Por aquí outro que leva tropecentos anos fora de Windows (Mac nunca o toquei)

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos