Foros ›
II Carreira Popular Oza-Cesuras
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Rnck

Novo foreiro
Novo foreiro
26/09/19
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Feb 2020, 13:13
Asunto: II Carreira Popular Oza-Cesuras



A II CARREIRA POPULAR Oza-Cesuras, organizada pola Concellería de Deportes do Concello Oza-Cesuras, Club As Vellas Non Paramos terá lugar o domingo 29 de Marzo de 2020 a partir das 9:30 h da mañá a Andaina e 10:30 a proba de carreira en asfalto. A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A saída e a chegada situaranse na Praza do Concello de Cesuras
2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este regulamento.
3. A organización contará coa axuda del Protección Civil, persoal do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que irán debidamente identificados.
5. A proba estará controlada por Ranckr, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto
6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada quilómetro.
7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
9. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.

10. CATEGORÍAS:
10.1.- CATEGORIAS ABSOLUTAS:

Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
● Sub 20: Nacidos/as no 2001 e 2002
● Sub 23: Nacidos/as no 1998, 1999 e 2000
● Sénior: Nacidos/as en 1997 ata 1985
● Máster A: Nacidos/as en 1984 ata 1979
● Máster B: Nacidos/as en 1978 ata 1970
● Máster C: Nacidos/as en 1969 ata 1960
● Máster D: Nacidos/as en 1959 e anteriores
● Cadeira de rodas
● Handbike
● Diversidad Visual


O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Oza - Cesuras
Inscricións. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 4 de Febreiro ata as 22.00 h do día 23 de Marzo a través da páxina web www.ranckr.com . Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 500 dorsais par as categorías absoluta
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado 28 (de 10.30 a 13.30 horas) en todo deporte Betanzos, así como o domingo 29 de Marzo na zona de salida dende as 8:00 ata as 9:00 horas para andaina y carrera hasta las 10:00
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE
As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran deseñadas para a actividade de atletismo.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.

DISCAPACIDADE VISUAL

Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.

Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por detrás del.

O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.

Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.

O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A infracción suporá a descualificación.

Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m

10. 2.- CATEGORÍAS ESCOLARES

Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
● Sub 18: Nados/as no 2003 / 2004
● Sub 16: Nados/as no 2005 / 2006
● Sub 14: Nados/as no 2007 / 2008
● Sub 12: Nados/as no 2009 / 2010
● Sub 10: Nados/as no 2011 / 2012
● Sub 8: Nados/as no 2013 / 2014
● Benxamín Nados/as nos anos 2010 e 2011
● Alevín Nados/as nos anos 2008 e 2009
● Infantil Nados/as nos anos 2006 e 2007
● Cadete Nados/as nos anos 2004 e 2005

As distancias para percorrer por categoría serán as seguintes:

Horario Categorías Distancia

10:35 Sub 14 e – Sub 12 (GIRO 500m)1000 mts
10:35 Sub-18 y Sub 16 (giro 1000)2000 mts
10:50 Sub 8 y Sub 10 300 mts

11.- Premios. A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas , os menores levaran todos medallas non habrá podiun. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás 13:00h.
12.- Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
13.- O Concello de Oza-Cesuras e o Clube As Vellas Non Paramos non se fan responsables dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas ocasionen a outras persoas.
14.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
15.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixio a ranckr @ gmail.com
16.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións reflectidas neste regulamento.
17.- Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillón de cesuras CEIP.
Rnck

Novo foreiro
Novo foreiro
26/09/19
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Feb 2020, 13:14
Asunto: Re: II Carreira Popular Oza-Cesuras

Enlace de inscripciones: inscripciones.ranckr.c...za-cesuras
Alvaro12

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/12/09
0 Carreiras
512 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 08 Feb 2020, 13:05
Asunto: Re: II Carreira Popular Oza-Cesuras

10€ para 10km...Descartada...Mucha suerte!!!..
luna

Novo foreiro
Novo foreiro
14/11/05
0 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Feb 2020, 12:19
Asunto: Re: II Carreira Popular Oza-Cesuras

10 euros de k vades
maikel

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/11/03
0 Carreiras
1054 Mensaxes
O Burgo
Respostar citando Envío Mar, 11 Feb 2020, 13:30
Asunto: Re: II Carreira Popular Oza-Cesuras

Me parece barato 10 euros.!!!

Si cobraseis 50 o más iba.
kosta

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/10/10
130 Carreiras
739 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 11 Feb 2020, 22:12
Asunto: Re: II Carreira Popular Oza-Cesuras

10 € es caro? A euro el kilómetro no es precio de mercado?

Tirada Larga - A euro el km

Saludos!
Rnck

Novo foreiro
Novo foreiro
26/09/19
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mar 2020, 8:41
Asunto: Re: II Carreira Popular Oza-Cesuras

¡¡¡¡¡AVISO IMPORTANTE!!!

A Carreira Popular Oza-Cesuras, que tiña prevista a realización do 10k e 5k o vindeiro domingo 29 de Marzo, debido ás circunstancias excepcionais causadas polo Coronavirus (COVID-19) vese na obriga de cancelar a proba, e en función da evolución da situación de emerxencia sanitaria, a nova data será o 7 de Xunio.
Desde este momento podedes solicitar a devolución da inscrición.
É unha mágoa, porque había unha gran ilusión e un traballo moi importante realizado, pero cremos que a responsabilidade, a seguridade e sobre todo a saúde, deben primar por encima de todo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos