Foros ›
Author
Message
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
186 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 30 May 2020, 15:30
Post subject: OpenTracks App

OpenTracks App

OpenTracks é a aplicación para gravar actividades deportivas que respecta completamente a túa privacidade.



Características:

Gravación: de actividades deportivas e de exterior
Fotos e marcadores: marca os lugares interesantes durante a gravación (podes incluír fotos)
Sensores Bluetooth LE:
ritmo cardíaco
ciclismo: velocidade e cadencia
Exportar datos: tanto como KMZ (incl. fotos), KML ou GPX
Sen acceso a internet: non o precisa
Guía por voz
Sen publicidade


Privacidade:
non inclúe analíticas na app
non precisa dos Google Play Services
sen integración coa "nube"

Só require os seguintes permisos:

ACCESS_FINE_LOCATION: preciso para usar o GPS.

Nota: OpenTracks non contén mapas (porque precisaría acceder a internet). Para mostrar as pistas nun mapa podes instalar tamén OSMDashboard

Cita:
Custom Dashboards

As of v3.3.1 OpenTracks enables to use custom dashboards. The reference implementation is OSMDashboard, which presents an OpenStreetMap map (showing the current track, incl. updates).




Fonte: OpenTracks app para Android

Instálaa gratuitamente desde
ou desde a tenda de google (non gratuíta).

Rexistro de cambios:

copiado desde f-droid

Cita:

Novedades en la versión v3.7.2
v3.7.2: OpenTracks

Bugfix:
- Re-added start GPS button
- Track name is not overwritten at the end of a recording
- Markers: removing a photo also deletes the file


Cita:



desde o traballo orixinal para google (antes de deixalo abandonado)

Rework of OpenTracks included:

removing Google's analytics code,
removing integration into Google Drive,
removing Google Maps integration,
removing Google Earth integration,
removing use of Google Play service,
removing calorie estimation and activity estimation,
removing support for ANT+ and Classic Bluetooth,
adding support for Bluetooth LE heart rate sensors,
removing Protobuf (store sensor data in SQLite columns directly), and
removing Android Service API for other apps.


Est.2008
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
186 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 30 May 2020, 15:35
Post subject: Re: OpenTracks App

sobra dicir que o tipo de terreo por onde te movas, se hai árbores, a inclinación, velocidade, as veces que te detés, a calidade do gps do móbil, se pilla só unha rede de satélites ou varias, se o levas no peto, na mochila ou na man, se está en modo de aforrar batería ou se o levas enchufado a unha externa, etc. etc. etc. inflúen na calidade dos datos gravados por esta aplicación, igual que cos NOSOS RELOXOS DE MUCHOS EUROS.

Como obterás un ficheiro en formatos estándar (gpx,etc.) despois podes facer con esos datos o que queiras (son teus).

Est.2008
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1816 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Mon, 01 Jun 2020, 7:32
Post subject: Re: OpenTracks App

Grazas polo aporte. Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
50 Posts

Reply with quote Post Thu, 04 Jun 2020, 9:56
Post subject: Re: OpenTracks App

Como membro da tribo das catro persoas que nos preocupamos por que FAANG non destrúan as nosas liberdades individuais e colectivas, agradezo moito a achega. <3 «Richard Stallman es mi pastor».

Aproveito para comentar que o fío Organizar carreiras polo Juasap é maxistral. ^^
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
186 Posts
Galiza
Reply with quote Post Fri, 05 Jun 2020, 18:36
Post subject: Re: OpenTracks App

Fer. escribió:
Como membro da tribo das catro persoas que nos preocupamos por que FAANG non destrúan as nosas liberdades individuais e colectivas, agradezo moito a achega. <3 «Richard Stallman es mi pastor».

Laughing Aplauso

Fer. escribió:

Aproveito para comentar que o fío Organizar carreiras polo Juasap é maxistral. ^^

Rolling Eyes un fío de hai tres anos, e a cousa foi a peor (como era de esperar).


Edito:


cos datos que pillamos libremente hai unha aplicación para ordenador chamada GoldenCheetah que é moi completa para análise do rendimento, tan completa é que eu non me entero de nada, pero sácache os datos e faiche as gráficas tipo TrainingPeaks. Igual tamén é falta de interese, pero a min fáiseme de máis. Cóntoo por se alguén quere probar e ser autónomo respecto de terceiras partes.

Est.2008
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
50 Posts

Reply with quote Post Fri, 10 Jul 2020, 11:50
Post subject: Re: OpenTracks App

Ui, canto tempo hai disto! É que uso tantos foros relacionados cos meus moi diversos e «escuros» intereses que ás veces esquezo as miñas conversas activas nalgúns. Angel

ghose escribió:
un fío de hai tres anos, e a cousa foi a peor (como era de esperar).
Xa... O importante é que os catro «irredutibles galos» aos que nos importa non vivir nunha distopía orwelliana non claudiquemos. Ao mellor así algún día seremos cinco, en vez de catro. Mr. Green

ghose escribió:
cos datos que pillamos libremente hai unha aplicación para ordenador chamada GoldenCheetah que é moi completa para análise do rendimento, tan completa é que eu non me entero de nada, pero sácache os datos e faiche as gráficas tipo TrainingPeaks. Igual tamén é falta de interese, pero a min fáiseme de máis. Cóntoo por se alguén quere probar e ser autónomo respecto de terceiras partes.
Cando teña tempo e ganas, igual me animo a experimentar con iso. Aínda que agora mesmo estou en modo simplista e corro sen ningún trebello electrónico enriba: reloxo supercutre e pista!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum