Foros ›
Autor
Mensaxe
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 01 Xuñ 2020, 16:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Meigalicix escribió:
o cerebro quedou aparcado , e como a carne seguía a ser débil , tomou o mando o corazón: "Menuda parvada meter o freo cando aquí o natural é deixarse ir, trotando..." . E cheguei a casa como a Amanda de Víctor Jara, florecendo con eses 5 minutos de trote de verdade.

El corazón tiene razones que la razón no entiende. Un clásico.
Ánimo Meigalicix, al menos queda esa parte irreductible en pie.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 13 Xuñ 2020, 15:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Crónicas da favela: "Ansiedade"

Non a ansiedade de hiperventilar antes de ir á sesión de terapia. Máis ben a ansiedade que cantaba Nat King Cole. Ese desexo namorado que nos fai ir detrás sen reparar en máis.
O caso é que superada a recaída de finais de maio, volvín a atoparme tan ben... Crendo que as pernas respondían. Portándome ben en cada saída, resistindo profesionalmente ao impulso de trotar. Metendo desniveis de 150 metros, progresando adecuadamente nun mes (pasando daqueles tímidos 5km en 53 minutos á marca actual de 6km en 46). E aínda por riba cun par de foreiros dando o seu visto bo nos rexistros de Strava, que bonito todo...
E así cheguei ao sábado día 6, e picoume a ansiedade de traballar o tren superior coa Viking e a Sthil durante catro horas seguidas, ata deixar o xardín e os arredores totalmente niquelados despois de tres meses de abandono covid.
E como o domingo aínda me seguía atopando xenial, metinlle ás pernas outra andaina pola Guia e algunha outra actividade doméstica pola tarde.
Pero tanta ansiedade e historia de amor , aínda que sexa atlética, tende a acabar como nas letras de José Alfredo.
E así cheguei ó luns co xeonllo esquerdo agarrotado, con líquido, e a caixa de antiinflamatorios outra vez na man.
Cando cheguei e mércores 10 á nova, sesión de rehabilitación, a situación xa estaba outra vez controlada. Deixei o xoves de descanso total, teletraballando coa perna estirada no sofá.
E onte venres, volta a empezar coas probas de ensaio erro no xeonllo esquerdo... Ata onde podo chegar desta vez? Darei coa ecuación diferencial definitiva do volume e tipo de exercicio semanal?.
Primeira proba do test: Conducción de 1hora en coche. Superada con éxito
Segunda proba: "entreno" de 46 minutos en zona sen desnivel, maioritariamente de terra. Tamén superada con éxito
Terceira proba: varias horas de picoteo e tertulia de sofá, sentada coa perna flexionada : molestias intermitentes que deixaron sentir durante a noite.
Hoxe pola mañá, antes de volver coller o coche, volvín a camiñar, moi moi lento, outra media hora. E agora estou actualizar o diario coas pernas estiradas no sofá.
Mañá domingo, probarei con outra saída pola Guia, a ver qué tal remato a semana. O luns, última sesión de rehabilitación.
Se cadra a nova normalidade sexa non volver a correr nunca. Pero polo menos que non me quede sen andainas nas que sinto que queimo calorías.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 13 Xuñ 2020, 15:37

Respostar citando Envío Lun, 22 Xuñ 2020, 16:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Meigalicix escribió:

Pero tanta ansiedade e historia de amor , aínda que sexa atlética, tende a acabar como nas letras de José Alfredo.

Meigalicix escribió:

Se cadra a nova normalidade sexa non volver a correr nunca. Pero polo menos que non me quede sen andainas nas que sinto que queimo calorías.

Ah, pues ándele, no más.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Xul 2020, 18:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Un mes da para moito.
Aí estivemos, intentando "andarle y no más", pero un pouco baixo a presión das circunstancias.
Remataron as sesións de rehabilitación do seguro médico, que realmente non serviron de gran cousa.
As sesións extras de traballo quitaron as ganas de facer os deberes diarios, e para disgusto de Bando, terei que dicir que non logrei o de "coordinar a táboa de exercicios co a preparación do almorzo" máis que en 3 ocasións, e iso que xa fun reducindo ó kit básico.
Polo medio tocou estrear plantillas novas, facer algo de descanso e facer unha nova tanda de 10 días de antiinflamatorios.
Pero por fin estamos de vacacións, xa non hai disculpas para zafarse.
Así que onte puxen o contador a cero. Pola mañá a táboa básica de exercicios, e tiña pensado subir andando os 6km de distancia ata o monte Vixiador, lugar no que quedaramos as persoas do CAR Marisqueiro para ter un xantar postconfinamento e celebrar o non-remate da non-temporada.
Pero o meu preparador físico, sempre preocupado pola miña integridade, e por non enviuvar antes de tempo, dixo que diso nada, que ás 12:30 da mañá era unha temeridad co calor que ía, e que me subía en coche.
O caso é que, sen chegar ós extremos de Anne Shirley Cutberth, hai algo en min de tola e emprendedora. Así que despois da sobremesa postcovid, despedirme, e puxen e a facer a ruta de volta por pistas forestais, evitando no posible o sol e o asfalto, deixando e levar polo instinto e a intuición.
A bo fe que pagou a pena. A ruta dou para cruzarme con eguas e potros a escasos centímetros de distancia, ver mámoas, regatos, muíños, cortalumes, pequenas devesas de carballos e castiñeiros resistindo entre as acacias negras, colmeas... Pero tamén dou para recuar tres ou catro veces, ter que demorar apartando silveiras, endeteitar o rumbo desde Candeán cara a, Madroa para poder chegar Teis.
Total, que a cousa acabou sendo un paseo de 2 horas e 50 minutos, facendo 12 kilómetros e medio. Non teño termo medio....Milagrosamente o xeonllo non da síntomas de dor nen hinchazón. Pero por si acaso, decidín descansar.
Mañá recuperamos a rutina .
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Xul 2020, 20:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

12 km andados son muchas horas. Y si es por la favela seguro que de llanos nada.

Vas bien Meiga.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 13 Xul 2020, 12:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Foiche un bo paseo. Pouquiño a pouco pero sen deixar de cumprir, eh...
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Xul 2020, 17:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Es una alegría volver a leerte y que esa rodilla vaya mejor.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 17 Xul 2020, 10:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

cK13 escribió:
Foiche un bo paseo. Pouquiño a pouco pero sen deixar de cumprir, eh...

freakyrunning escribió:
12 km andados son muchas horas. Y si es por la favela seguro que de llanos nada.

Vas bien Meiga.

Teño confesar que, aínda que houbo dúas ou tres subidas boas, era case todo o tempo costa abaixo, senón no daría feito.

corredor101 escribió:
Es una alegría volver a leerte y que esa rodilla vaya mejor.

Grazas, 101. Aínda que este xeonllo non entende de progresións lineales. O martes a físio atopume ben e recomendoume facer unha táboa de "hiit" (esta moda do inglés para todo mátame) coa bici estática. E a consecuencia diso onte tocou descanso absoluto e xeo máis pomada. Hoxe mellor A ver mañá
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Ven, 17 Xul 2020, 12:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

O fisio atopoute ben.....e como te atopaches ti? que e o que o fin e o cabo, conta.....
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 17 Xul 2020, 14:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

cK13 escribió:
Foiche un bo paseo. Pouquiño a pouco pero sen deixar de cumprir, eh...

freakyrunning escribió:
12 km andados son muchas horas. Y si es por la favela seguro que de llanos nada.

Vas bien Meiga.

Teño confesar que, aínda que houbo dúas ou tres subidas boas, era case todo o tempo costa abaixo, senón non
daría feito.

corredor101 escribió:
Es una alegría volver a leerte y que esa rodilla vaya mejor.

Grazas, 101. Aínda que este xeonllo non entende de progresións lineais. O martes a físio atopume ben e recomendoume facer unha táboa de "hiit" (esta moda do inglés para todo mátame) coa bici estática. E a consecuencia diso onte tocou descanso absoluto e xeo mais pomada. Hoxe mellor. A ver mañá.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 26 Xul 2020, 22:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Unha semana case en branco.

Só podo declarar como deberes feitos o segundo Hiit de estática o luns, e a saída ritmo de marcha ( e andares como Groucho Marx) de hoxe pola maña. Nin un só día a táboa de exercicios ( da moita pirguiza facer planchas e flexións despois de ter durmido mal pola calor).
Certo que para compensar, apareceron actividades surtidas nas que mover bíceps, cuádriceps e xemelgos toda a semana ( cargar e mover sacos na carretilla, o lavado pendente dun par de coches, e cousas polo estilo).
Non sei como terá contribuído todo iso, se o fixo, ó meu estado de forma.
Pero o que si é certo, e que a báscula volve a marcar cifras normais, e os 2 kilos gañados no confinamento xa van camiño de ser historia (hai que sacar ánimo e imaxinación do mellor xeito posible)
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2020, 6:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
[...] ( cargar e mover sacos na carretilla, o lavado pendente dun par de coches, e cousas polo estilo).[...]

hai xente que fixo carreira así Silbar "Dar cera, pulir cera" (*)

(*) a xuventude non coñecerá esta cita. Por outra parte a "xuventude" non le CnG.

Est.2008
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2020, 6:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose escribió:
Por outra parte a "xuventude" non le CnG.

Precisamente en tu perfil pone Foreiro Xuvenil.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2020, 11:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Unha semana case en branco.

Só podo declarar como deberes feitos o segundo Hiit de estática o luns, e a saída ritmo de marcha ( e andares como Groucho Marx) de hoxe pola maña. Nin un só día a táboa de exercicios ( da moita pirguiza facer planchas e flexións despois de ter durmido mal pola calor).
Certo que para compensar, apareceron actividades surtidas nas que mover bíceps, cuádriceps e xemelgos toda a semana ( cargar e mover sacos na carretilla, o lavado pendente dun par de coches, e cousas polo estilo).
Non sei como terá contribuído todo iso, se o fixo, ó meu estado de forma.
Pero o que si é certo, e que a báscula volve a marcar cifras normais, e os 2 kilos gañados no confinamento xa van camiño de ser historia (hai que sacar ánimo e imaxinación do mellor xeito posible)

Ánimo!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos