Foros ›
¿Cal é o club de tríatlon «bo» de Santiago?
Forum Index / Tríatlon e Duatlon
Reply to topic

Author
Message
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
50 Posts

Reply with quote Post Mon, 13 Jul 2020, 22:21
Post subject: ¿Cal é o club de tríatlon «bo» de Santiago?

O «bo» do título, ademais de facer un pouco de clickbait (supoño que haberá unha rivalidad tipo Sevilla-Betis, non?), refírese a cal é o club bo para os meus intereses... Asumo que ningún é intrinsecamente malo. Angel Xa sei que xa se tratou o tema hai pouco; pero, como a miña pregunta ten outro enfoque, paréceme xustificado abrir un novo fío.

Teño 25 anos, e levo correndo e nadando desde 2005. Hai tanto tempo que daquela cando saías a correr sempre había algún parvo que che dicía «Un, dos; un, dos» e aínda non se inventaran a palabra running nin o inglés. Vale: quizais esaxero. Pero o que quero dicir é que levo bastante neses dous deportes e que ambos son partes moi importantes da miña vida.

Ao longo dos anos teño resistido as tentacións de unirme a clubs diversos de atletismo, natación e tri porque son feliz competindo só contra min mesmo e porque converter algo que che encanta nunha «obriga» ten os seus riscos (o típico de que te afeccionas á repostería, montas unha pastelería e acabas odiando facer p*tas tartas). E tamén está o feito de que, de toda a xente da miña idade que coñecín no mundillo, case todos os que non destacaron na (semi)elite acabaron por deixalo... Coido que a miña reticencia a tomarme as cousas demasiado en serio é o segredo da miña lonxevidade. Pensando

Agora mesmo estou en mellor forma ca nunca (aínda que un pouco infraentrenado, tras o arresto domiciliario) e, por primeira vez en anos, sen lesións de importancia. Creo que podería ser un momento interesante para aprender cousas novas... En concreto, gustaríame mellorar tecnicamente (moi especialmente en natación, que xa me vale, coa cantidade de km que teño feito), aprender a adestrar cun pouco máis de cabeza, e ver se algún día son quen de facer algún tri. Todo isto, cun mínimo de marxe para ter algo de liberdade e desfrutar do día a día.

Tendo a confundir un club co outro, pero creo que os que hai en Santiago son estes dous:

C. T. Arcade Inforhouse Santiago (antigo Bricosa), as cebriñas de toda a vida. O grupo de natación que lles coñezo é o mítico de Lu-Mé-Ve ás 14 h en Santa Isabel, e téñoo visto medrar moito co paso dos anos. Desde fóra, o que menos me gusta é que semella que aí todo o mundo xa sabe moi ben que facer, e non me parece que eu encaixe aí porque quizais falte a compoñente didáctica que preciso. Tampouco me encanta a idea de que nese club haxa bastantes persoas de nivel estratosférico... Muerto Non sei se o enfoque da sección de adultos do Arcade se adapta a un individuo do meu perfil (¿estarán demasiado centrados en facer podio na Liga Nacional?).

C. T. Talleres David Compostela (antigo Dexter), que cambiaron de cores e agora son verdeazulados e brancos. Aquí adoito ver a dous rapaces da miña idade, que adestran grupos de nenos de diversos tamaños e formas. Teño avistado algún vello coñecido das carreiras coa indumentaria do CTC, polo que unha sección de adultos tamén debe de haber. Pero o feito de que nunca os vexa adestrar en grupo faime sospeitar que non son moitos e/ou non están moi consolidados. Vamos, que tampouco sei que pensar desta xente. Neutral

Pase o que pase neste fío, probablemente acabe contactando aos dous clubs para informarme, pero agradecería ter algunha opinión de terceiras partes: ¿algún deses dous clubs é bo para o que busco? ¿Tendes algunha información de primeira ou segunda mano? Se me ides contar trapos moi sucios, por privado. Razz

Tamén agradezo opinións xerais sobre que aporta unirse a un club de atletismo/tri/petanca. Porque, se todo o mundo o fai, quizais haxa un motivo oculto que se me escapa. Avergonzado

P. S.: Mira ti por onde, con isto chego a medio cento de mensaxes en CnG e recibo a miña primeira estreliña, tras 13 anos por aquí (só 9 con usuario). Será un sinal do cosmos?
alquiva

Novo foreiro
Novo foreiro
29/12/13
31 Carreiras
26 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Sat, 01 Aug 2020, 21:41
Post subject: Re: ¿Cal é o club de tríatlon «bo» de Santiago?

Buenas, te envié un privado, un saludo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum