Foros ›
Author
Message
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
25 Posts

Reply with quote Post Tue, 08 Sep 2020, 10:46
Post subject: THE SPEED FAROS PROJECT



TSFP # // The Speed Faros Project

Baseada na proba americana orixinal “The Speed Project, unha carreira de relevos non oficial que vai dende Los Ángeles (California) ata las Vegas (Nevada), nace THE SPEED FAROS PROJECT [TSFP].

TSFP consiste en completar no menor tempo posible os 200kms da famosa ruta Camiño dos Faros que comeza en Malpica e remata no Faro de Fisterra. Esta proba de trail correse en relevos por equipos integrados por 5 corredores, estimando que cada un deles ao final da proba teña completado aproximadamente 40km. De todos xeitos, cada equipo pode organizarse como desexe facendo os relevos entre os integrantes como estimen oportunos, ademais estes cinco participantes poderán estar apoiados por outros corredores que os acompañen correndo na totalidade ou en parte do percorrido.

TSFP non ten reglas nin sancións, non hai hora de saída nin de chegada, non ten data de celebración nin límite de participantes. A idea é moi básica, completar os 200km da espectacular ruta, que se atopa permanete marcada durante todo o ano, no menor tempo posible… Ahhh, e tampouco ten premios… nin prezo de inscrición.

Que máis se pode pedir?

Organiza o teu equipo, busca unha data e aventurate neste reto.

# //
Run as fast as you can
# //
Toda a información...
https://tsfarosproject.blogspot.com/




Last edited by O_Esquio on Tue, 08 Sep 2020, 10:51; edited 1 time in total
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
25 Posts

Reply with quote Post Tue, 08 Sep 2020, 10:50
Post subject: Re: THE SPEED PROJECT FAROS



TSFP 1: The speed Faros Project by Hyundai KONA electrico

O Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago será o primeiro en realizar esta proba por relevos o vindeiro día 12 de
setembro de 2020 e será o que estableza o primeiro tempo a batir. A sáida do primeiro corredor está prevista para as 7
hrs. do día 12 de setembro do Porto de Malpica. O equipo estará formado por 5 integrantes que a súa vez estarán
acompañados por outros 5 atletas do club, así as cousas, os distintos relevos faranse en parella. Os relevos estimase
que se realizaran cada 10/12 km e cada un dos cinco participantes percorrerá aproximadamente 40 km desta ruta ao
final do día.

O patrocinador principal do club, o concesionario Hyupersa Santiago, colabora unha vez mais con nos cedendo duas unidades do novo Hyundai KONA electrico que serviran de apoio durante a proba. Este vehículo é o primeiro SUV compacto de Europa 100% electrico e combina unha incrible autonomía de aproximadamente 450km co estilo espacioso e cheo de carácter própio dun SUV. Con estes dous vehículos de apoio totalmente electricos o Club Atletismo Brión Huypersa Santiago reforza novamente a súa aposta polo respecto ao medio ambiente e a sostenibilidade do planeta.

Outro dos patrocinadores do club, OXYPRO a través do seu comercial en Galicia, Nacho Virtual tamén nos facilitaran a
suplementación necesaria para esta arriscado reto e ademais prestará apoio asistencial durante todo o día.

# // RUN AS FAST AS YOU CAN

Podes seguir o desenvolvemento desta proba nos seguintes enlaces:

www.facebook.com/Nachovirtual3.0
www.facebook.com/atletismobrion
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
25 Posts

Reply with quote Post Thu, 10 Sep 2020, 8:48
Post subject: Re: THE SPEED FAROS PROJECT

Hoxe ás 15:45 estaremos falando en Radio Galicia Casena SER da proba "The Speed Faros Project"

O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
25 Posts

Reply with quote Post Thu, 10 Sep 2020, 9:17
Post subject: Re: THE SPEED FAROS PROJECT

Enlace a el correo Gallego

Enlace a Compostela24Horas





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum