Foros ›
Author
Message
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Sun, 11 Oct 2020, 11:08
Post subject: 2020 Sofia Marathon

Esperemos que isto non se convirta no foro de Correr en (calquera parte menos en) Galicia...

A ver se á noite poño unha crónica ou algo así, mentres tanto...

благодаря софия, благодаря българия!!!

Resultados, para que quede claro que si, está pasando!

www.tagtiming.mk/sofia...m#1_B5AECE
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
378 Carreiras
3219 Posts

Reply with quote Post Sun, 11 Oct 2020, 16:33
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

Pois noraboa por ese resultado, un tempazo. E que sorte poder estar participando en carreiras. Por suposto que agardamos crónica.
Eu inscribínme na media de Pontevedra, pero máis que unha carreira ao uso, imos facer unha "crono media maratón individual", pero algo é algo.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Sun, 11 Oct 2020, 19:34
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

Gracias!

Pois todo isto foi así un pouco a última hora. Vendo o panorama, apareceu esta oportunidade case de casualidade. Estaba o domingo pasado falando cun amigo de a ver se algunha vez organizábamos unha viaxe a un maratón xuntos, e ese mesmo día vexo no blog de Brett Larner (japan running news) que Haruka Yamaguchi ( algo así como Kawauchi en femenino) vai participar, así que sorpréndome e miro a ver se vai celebrarse e aberto a todos (sen discriminacións por países, provincias ou idades... ) e efectivamente. E ademáis non ten pinta de cancelarse a un par de días, coma noutros... sitios...

Así que sabendo a actual locura de prezos de ryanair e de ofertas en hoteis (isto éche a ruina) miro e efectivamente hai posibilidade de ir. Algo de odisea, pero hai opción: Scq-stn, stn-ein, ein-sof... tido iso o venres (antonte).

Así, veño de facer tapering para a media de Usti, e volvo a poñerme a subir kilometraxe para un posible maratón que nunca chega... ata que chega, así que decido pasar de todo e facer unha semana normal, doblando e sen días de descanso, e tomar esta carreira como unha tirada longa e un pouco máis, pero a ritmo progresivo...

En fin, con tan pouca antelación incluso se acabou o prazo para inscricións online, así que inscribinme o sábado in situ.

Aquí en Bulgaria tampouco se leva bozal ao aire libre, non só as persoas, tampouco os cans polo que vin.

Nos comercios e espazos interiores si. Así que na expo (unha carpa mellor dito) si. Había inscrición para 3 distancias, a saber: 42, 21 e10. Este ano eliminaron o 3k por "masivo". E 4 postos (mal contados non, exactamente 4) con produtos dos sponsors.

Á zona de saída alí vou eu con mascarilla, por aquilo das aglomeracións e de vir desde España ben adoutrinado... pero en serio que me sinto tan raro de ser o único que a leva, que efectivamente vendo que non hai risco ningún nin aglomeración, que a quito e respiro!

Nadamáis chegar atópome con Haruka Yamaguchi, a atleta xaponesa da que falei antes, que veu precisamente coa muller de Brett Larner (MikaTokairin),que lle facía de manager/tradutora, e como a coñecera no maratón de tokyo 2017 na post race party pois fun saudalas e desexarlles Ganbare!!! ou Ganbatte kudasai!!! e sacarnos unha foto. Si, un selfie, sen medo e con contacto físico e con sorrisos.

Aver que máis cousas, perdón polo tocho pero estoume quedando durmido sinceramente, espero que vós non. Prometo que foi divertido vivilo, pero contalo escribindo é un coñazo! hahaha

Tamén había gardarroupa, expositores dos sponsors, esta vez moitos máis, e masaxistas e carpas para cambiarse.

Sen caixóns de saída. Colócome diante e volvo cubrirme a boca e nariz... e volvo ser o único. Quítoa a 1 minuto da saída. No maratón somos 400 e pico chegados acabo de ver...

O circuito é bastante plano, uns pequenos repeitos que suben e baixan. Pásase 2 veces porque é de 21k... No principio e final decadavolta hai adoquíns, preciosos para o turismo pero infernais para correr. Na segunda volta incluso creo que se moveron e endureceron coas pisadas porque por algunha estraña razón doían máis que na primeira... Esas partes pola contra son as únicas bonitas, pois o resto son case dúas super rectas tipo Dubai, de camiño ae aeroporto, por unha especie de autovía ou vías rápidas, anchísimas iso si, e que coa néboa e a situación incluso me levaron a pensar nalgún momento... isto está pasando?

O do avituallamento en fin... Prometían auga, isotónica e froita pero sorpresa, só había a primeira. Menos mal que levei xeles... pero tamén creo que foron os que me tumbaron nos últimos 5k... Porque a miña intención era correr precisamente sen ela. Saír moi moi tranquilo, vendo á elite feminina desde a distancia e ir achegándome paulatinamente a elas e despois ir con elas ata o final, polo de ir acompañado por unha vez. De modo que así fixen, e no km 5 ou 7 xunteime co grupo de 1 ucraniana e 4 keniatas. Fun con elas chupando cámara durante kms e kms, foise quedando 1, 2 e seguimos xuntos a ucraniana que gañou e a keniana que quedou segunda. Cando miraba o gps ía marcando máis ou menos entre 3:25 e 3:30, ata que no 37 abro un xel e de repente plasss vexo que me salpica como se fora efervescente, nunca tal me pasara, non sei se foi iso pero en breves noto un dolor tremendo no estómago, con flato e ganas de vomitar... así que xa as vexo escapasarse e perderse na lonxanía...
E nos últimos 5km perdín uns case que 4 minutos con elas.

Despois da carreira aproveitei para felicitar a Viktoriya Khapilina polavictoria e sacarme unhafotocon ela. Quería facelo con distancia e mascarilla pero ela mesma se riu de min cando preguntei, "estás de coña, botamos 30kms correndo xuntos, que sentido ten?" pois ningún, obvio.

O ambiente ao final é fabuloso, despexou a néboa, os do 21 e 10k tamén andan por aí, por desgracia acaparando os masaxistas... pero a alegría da xente e de ver os nenos que corretean libres compensa e certifica que foi unha viaxe que mereceu a pena.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
378 Carreiras
3219 Posts

Reply with quote Post Sun, 11 Oct 2020, 21:47
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

Simon, magnífica a crónica e para ser unha maratón non foi tan longa, ainda te podías explayar moito máis. Very Happy Very Happy
Eu vin para mediados de Novembro unha media en Ripoll (Girona), que din que a van celebrar presencialmente, e estame a tentar, o que pasa que a situación sanitaria en Cataluña está indo a peor e non sei eu..
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3890 Posts

Reply with quote Post Mon, 12 Oct 2020, 17:14
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

Enhorabuena doble. Por haber participado en una carrera, que ya sabemos que últimamente está muy difícil. Y por ese tiempazo. Lástima lo del gel, si no sería una marca aún mejor.

Ya sé que en otros lugares permiten hacer más cosas. Aquí en Dinamarca hay carreras, pero pocas y con pocas plazas. Las grandes, (como la maratón o la media de Copenhague donde se batió el récord del mundo el año pasado) canceladas. Pero nada de mascarilla. Aquí no es obligatoria, sólo en el transporte público y en determinados locales cerrados.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Wed, 14 Oct 2020, 10:11
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

Kurty escribió:
Simon, magnífica a crónica e para ser unha maratón non foi tan longa, ainda te podías explayar moito máis. Very Happy Very Happy
Eu vin para mediados de Novembro unha media en Ripoll (Girona), que din que a van celebrar presencialmente, e estame a tentar, o que pasa que a situación sanitaria en Cataluña está indo a peor e non sei eu..

Gracias Kurty.

Sobre a media en Ripoll, pois o problema é ese, que xa non podemos planificar nin organizar nada sen o medo e preocupación de que alguén ordene cancelar todo.
Eu persoalmente viaxando non me sentín inseguro nin nada así. Voos e hoteis con pouca ocupación, aeroportos desolados, e todo o mundo superprotexido e todo superdesinfectado... Pola miña parte anímate e vai!
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Wed, 14 Oct 2020, 10:16
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

corredor101 escribió:
Enhorabuena doble. Por haber participado en una carrera, que ya sabemos que últimamente está muy difícil. Y por ese tiempazo. Lástima lo del gel, si no sería una marca aún mejor.

Ya sé que en otros lugares permiten hacer más cosas. Aquí en Dinamarca hay carreras, pero pocas y con pocas plazas. Las grandes, (como la maratón o la media de Copenhague donde se batió el récord del mundo el año pasado) canceladas. Pero nada de mascarilla. Aquí no es obligatoria, sólo en el transporte público y en determinados locales cerrados.

Gracias corredor101. Tes razón que me merezo unha noraboa por participar Very Happy Foi toda unha odisea e organizada e decidida con pouca antelación...

Pero xa sei que son pesado, de tempazo nada, petardazo dos últimos 5 kms...

Esa media de Copenhague apetéceme desde fai un tempo. A ver cando se poda volver celebrar de maneira normal se me animo a participar!
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Wed, 14 Oct 2020, 10:18
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon



Paso da primeira volta pola recta de saída meta, ben respaldado polas 4 primeiras atletas Embarassed
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3890 Posts

Reply with quote Post Wed, 14 Oct 2020, 17:07
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon

Hombre pues a ver si vienes en año de estos a la media de Copenhague. Rápida es. Animada también, y bonita. Pregúntale al Dr. Slump que viene siempre. Si además se apunta el forero Guineano ya podríamos hacer una buena quedada del foro y todo. El problema es que a día de hoy es imposible asegurar de que en 2021 se vaya a celebrar. Son 25.000 corredores, y de todo el mundo, eso lo hace aún más complicado.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum