Foros ›
Autor
Mensaxe
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mar, 10 Ago 2021, 16:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Esa visión difusa bien podría pasar por el alocado capricho de un iluminado, ciertamente, pero en estos tiempos viralizados que nos ha tocado vivir, nada más lejos de la realidad.
De hecho, fíjate tú, a raiz de un comentario tuyo en otro de los diarios, se me ocurrió la feliz idea de releer los comics de Blacksad que años atrás habíamos adquirido Papa- Léguas y yo precisamente en la mencionada feria del Viñetas dende o Atlántico.
Puesto a la tarea, cual no sería mi sorpresa al comprobar lo que años de mohos y humedades del Salnés le pueden hacer al buen papel cuché.
Y así estoy, con gran dolor, despegando, página a página, pegote a pegote, con un bastoncillo humedecido, tal que un restaurador del Prado, el mazacote en que se han convertido.
Ay que pena la mia. Ay que desgarro (nunca mejor dicho).
Pues por eso mismo, haces bien. No perdamos mucho de vista los objetivos, por muy lejanos que puedan parecer, que más de uno va a tener que echar mano de bastoncillo y paciencia para cuando vuelvan las carreras.
P.D. : Si es que vuelven. Disimulando

Homo homini gallicus canis
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 14 Ago 2021, 22:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 9 ao 15 de agosto

Resumindo moito:

Táboas de exercicios: 1
Leiragym: A diario
Andainas urbanas: Un pouquiño cada día nos recados habituais por Teis, pero o martes foi unha distancia importante, por Coruña adiante, percorrendo rúas e exposicións (Mágoa de non coincidir, Freaky, estiven pola zona do Kiosko Alfonso entre as 18 e 19:30, pero con isto de ter que circular nun sentido gardando distancia, non houbo oportunidade)... Cousa rara, ese día acabei cunha ampolla no dedo gordo do pe esquerdo. Cousa rara tendo en conta que ía con zapatillas, plantillas e calcetíns .
Saídas a trotar: 2, o luns e sábado, sumando uns 18 km, e o que é mellor, conseguindo un ritmo de 5:39 por primeira vez e moito tempo
Polo demáis, preparando a maleta para a semana grande de Louro.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Ago 2021, 14:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Espectacular Carnota, Meiga.

Demasiada gente, pero espectacular.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Ago 2021, 19:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: " Semana grande de Louro"
Como as Fallas para os de Valencia. Como os Sanfermines para os de Iruña. No meu calendario hai unha "Semana grande", que non sempre dura sete días, que en xeral inclúe a Carreira das Áreas ( cando se organiza), e que celebro en Louro como sede invariable.
O "programa das festas" (sen saúdo da alcaldía, parroquia, coral polifónica ou club de remo, nen publicidade de taller ou supermercado) foi o seguinte:
Luns 16 de agosto: Alborada e pasarrúas dende San Francisco ata o Faro de Louro, ás 7:30 da mañá.
No camiño de ida tiven a ruta para min soa, co sol amanecendo xusto no momento exacto por riba do Barbanza. No camiño de volta xa me crucei cun par de paseantes de cans, dous tríos de camiñantes por prescripción médica e un atleta que saudou sonrinte por solidariedade gremial. Un censo nutrido tendo en conta a hora e o lugar.
En total 6,5 km ( aprox) a ritmo tan lento como feliz.
Martes 17 de agosto : Paseo pola praia de Lariño.
Non é que sexa moita distancia desde o faro ata as rochas que fan fronteira co Ancoradoiro, pero foi abondo para reforzar a musculatura dos pes cavos, tonificar os xemelgos, estimular a circulación nas varices, e sumar pasos para cumplir o obxectivo diario. Unha sorte podelo facer nun lugar semideserto, especial sempre
Mércores 18 de agosto : Trote rexenerativo a dúo.
Outro dos clásicos da semana grande. Normalmente tocaba facelo despois da carreira de Carnota, para recompoñerse das heroicidades atléticas da víspera. Desta volta foi algo un chisco máis xeriátrico, con máis andaina que trote. Eu aínda lle teño respeto ao xeonllo esquerdo, e o meu correlega de Sparkland andaba máis sumido no seu ritmo zen de veraneante, e arrastrando andazos varios acumulados no seu corpo de veterano E. O que non quitou que cando chegou a costa abaixo de volta a San Francisco nos picásemos un pouco, e rematamos facendo 500 m a ritmo de 4:30. Non temos remedio.
Xoves 19 de agosto: Celebración solemne na honra do Monte Pindo e procesión pola praia de Carnota.
Sen dúbida, o acto central da semana grande. E xusto nesta ocasión, sen convocatoria oficial de carreira, había a temperatura ideal, e a consistencia perfecta da área, lisiña, compacta, case sen pegadas.
Tocaba disfrutar a tope, pero despois do sprint do día anterior, e calculando o que me quedaba para o día seguinte, optei por ir literalmente a ritmo de procesión. Tanto medo lle tiña a forzar o xeonllo e quedar sen folgos para o tramo de volta cara Boca do Río, que os primeiros 5 km sairon a un ritmo de 7 min/km ou case. Logo, como vin que o corpo respondía, xa lle metín máis caña, e no tramo último, de asfalto, gastei xa todas as reservas sen medo. Ao final foron 10,1 km, en 1h 6min. Máis ou menos 9 a10 minutos máis que as edicións nas que corrín sen lesións e con entrenos serios. De remate, baño sen neopreno, aguantando case ata o límite da hipotermia. Augas cristalinas as de Carnota, polo azul turquesa transparente, pero sobre todo porque cortan como cristais nos termorreceptores da pel.
Venres 20 de agosto : Subida á Moa.
Polo camiño fácil, desde a parte de atrás, pasado o encoro do Xallas. 2,6 km de montaña, asequibles e espectaculares. Hora e media de subida, media hora longa de contemplación no alto da Moa, zafando de turistas. Xantar de monte, baixo os piñeiros, con vistas aos penedos, o mar ao lonxe.
Despois de rematar o descenso, completamos a recuperación estirando as pernas entre as dunas da praia de Lariño
Sábado 21 de agosto: Fin da semana grande.
Sen tirada de foguetes, mais ben todo o contrario : chuvia persistente que nos fixo deixar Louro antes do previsto, e sen posibilidade de actividade atlética nen nada semellante.
Domingo 22 de agosto : Resaca
Entre a actividade intensa da semana, e traballo doméstico arreo de baleirado de maletas, coadas, viaxes ao tendal limpeza e poñer a casa a andar de novo, o xeonllo esquerdo anda dando síntomas serios de inflamación. Escribo agora coas pernas estiradas no sofá, e valorando se tomar Celecobix nunha tanda de 3 días. Imos agardar a mañá.
Di o refrán que " o corpo as fai é o corpo as pagha". Pero eu só penso aquelo de "que me quiten lo bailao" Moi feliz
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Ago 2021, 11:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Eso de 4:30... Qué es? Supongo que será el ritmo de un 500 m. De donde salió? Cuando lo vais a pagar? Porque yo no lo puedo hacer? Quiero detalles morbosos de las lesiones que os va a acarrear.

Precioso semanario, a pesar de haber estado allí la semana pasada, me despierta la morriña-flash.

Bravo Meiga.
Bravo Papa.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 23 Ago 2021, 15:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:

Bravo Meiga.
Bravo Papa.

Dejémoslo en Bravo Meiga. El "otro" no soy yo, aunque admito que la descripción me hace justicia.
De buena gana hubiera participado en esa semana fantástica de Meigalicix, tarefas domésticas no incluidas.
Pero claro a nosotros, a nuestra generación nos educaron así, a que el veraneo y las vacaciones eran para andar por ahí haciendo el cabra...
Pena de infancias actuales, que mueren por un enchufe al que cargar su dispositivo paralizante.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Ago 2021, 19:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pues que lo aclare Meiga. Si lo leo no da lugar a dudas. Me dio la sensación que habías ido desde Vilagarcia a Louro.

Eu que sei. Yo no coincidí con Meiga por poco, crei que tú sí.

Ya decía yo... 4:30 era mucho ni el 101 ya lo hace, que ahora tiene que tirar de sillita de bebé.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Ago 2021, 20:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Pues que lo aclare Meiga. Si lo leo no da lugar a dudas. Me dio la sensación que habías ido desde Vilagarcia a Louro.

Eu que sei. Yo no coincidí con Meiga por poco, crei que tú sí.

Ya decía yo... 4:30 era mucho ni el 101 ya lo hace, que ahora tiene que tirar de sillita de bebé.
Agora mesmo te saco de dúbidas, Freaky : O destino quixo bendecirme coa sorte de ter máis de un correlega en Sparkland. O correlega co que estiven o mércores pasado é un veterano E para F, ex corredor de Veteranos Pabellón Ourense, que veranea en Louro desde hai moitos anos. Pero molaría moito volver a compartir asfalto con Papa Léguas, e polo monte Louro ademáis.
E con respecto ás distancias e os ritmos, efectivamente o sprint non chegou realmente aos 500 m, e tampouco foi todo o tempo a 4:30... Xa sabes que coa emoción, a veces vaise a man nas descripcions épicas Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Set 2021, 18:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

"Semanas do 24 de agosto ao 5 de setembro"
Acabouse o día e a romería. Retorno ao tempo ordinario. E de contado pasaron dúas semanas.
Xa non rexistro as andainas polo Strava, aínda que cada semana toca facer algo a pé, indo ata o Meixueiro, Castrelos ou o Calvario, co cal fun mantendo a media diaria en 16.000 pasos no mes de agosto. Xenial, aínda que agora que toca volver ao traballo, calculo que vou baixar ata a metade.
So unha sesión de abdominais nesta 15. Vou suspender ata a séptima convocatoria neste tema.
Polo menos vou mantendo os dous trotes semanais. 12,5 km a semana pasada. 4 deles a ritmo moi suave con Nair, que aínda se está a recuperar da lesión de cintilla.
Esta semana cheguei aos 18 km. Tampouco me atrevo a subir aos 27 semanais de antes da lesión, non vaia, ser o demo.
Sen facer grandes cousas, polo menos quedo con sensacións positivas. As dúas saídas desta semana logrei facelas a un ritmo medio de 5:40, case como podía ser un día calquera antes da lesión, llaneando a 5:15 ou 5:25. As costas arriba ás veces por debaixo de 6. E nas poucas costas abaixo a 4:45 mentras duran.
Neste último paso pola fisio, un novo visto bo na ficha da ITV: Piramidal no seu sitio, a tensión de isquios e abductores case igual nas dúas pernas. O xeonllo esquerdo quéixase con determinadas actividades domésticas pero non se inflama ao correr... Así que non toca pasar polo taller ata novembro.
Lazy in a sunny afternoon, tumbada á bartola nesta tarde de sol, no sitio do meu recreo, no columpio do xardín, repoñendo forzas e estirando as pernas. Non se pode pedir máis
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Set 2021, 14:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pouco a pouco Meiga. Insisto, esos ritmos son prepandémicos.

Bravo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Set 2021, 21:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 7 ao 12 de setembro

Volta ao mundo laboral, con todo o que iso conleva : Moitas horas sentadas diante do ordenador, e outras tantas, sentada tamén, aturando reunións de traballo, desas nas que se rompen os termostatos coa subida da temperatura se cruzan polo aire puñaladas intermintentes (menos mal que non me pilla en primeira liña de frente). O caso é que o xeonllo andivo bastante resentido de tanta posición flexionada, asi que non me atrevín a case nada esta semana.

Luns , martes e mércores, co conto de ter que madrugar por decreto, aínda saquei tempo para facer as táboas de abadominais e reforzo de glúteos (menos xa é nada)

Xoves venres e sábado, sedentarismo obrigado.

E por fín, hoxe domingo, a saída de 9 km de rigor. A un ritmo de 5:44, un chisco máis lento que a semana pasada, pero manténdome.

Da gusto ver como no calendario de setembro e outubro aparecen carreiras convocadas, e incluso hai fíos nos que a a xente comenta as súas experiencias presenciais recentes. Pero novembro está en branco, o que me suscita unha mestura de saudade e incertidume, pero non moita de momento
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Set 2021, 13:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Bravo Meiga. Cuidado co xeonllo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Set 2021, 23:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 13 ao 19 de setembro
Intentando cumplir os deberes que me marcara na semana anterior, tratei de marcar unha rutina compatible co horario laboral.
De de luns a xoves logrei facer ese mínimo da táboa de abdominais e reforzo de glúteos a primeira hora da mañá
Venres xa quedei sobrepasada polo volume de traballo atrasado e as circunstancias domésticas, e non houbo actividade física de mención.
O sábado quedou minimamente salvado cun paseo de 1 hora pola ribeira do río Deza
Hoxe domingo pola mañá por fin calcei as zapatillas, e sain a trotar con Nair, que xa está recuperada da súa lesión de cintilla. Foron 9 km moi relaxado, que eu calificaría máis de tertulia atlética que de entreno, pero que nos prestou moito ás dúas.
O remate novedoso da xornada e da semana foi que me presentaron a Ceciliah, unha moza africana que leva polo visto xa 8 meses aquí no barrio, despois de ter estado 2 anos en Madrid.
O asunto é que hai organizada una actividade comunitaria ao aire libre no monte Vixiador o sábado 25. A meirande parte das persoas anotadas son señoras de 80 anos con bastón, polo que vai haber desprazamento en coche por grupos e por turnos... Pero a boa de Ceciliah preguntou que como había que facer para ir andando, que quere facer sendeirismo. Xa me ofrecín de guía sen pensalo un segundo.
Non sei que lograréi facer de exercicio no resto da semana, pero a perspectiva de facer a ruta Teis- Vixiador, coa súa milla vertical de Roris e demais reviravoltas en compañía, resúltame do máis estimulante.
Agora xa só falta que cando lle pregunte máis da súa vida, ela me conteste que viu de Kenia...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 26 Set 2021, 21:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 20 ao 26 de setembro.

Outra semana de conciliación imposible.
Aínda así, houbo a súa ración de actividade :
Luns: Despois do traballo, e aproveitando a tarde de sol, andaina de aprox 10 km ( ida e volta) desde Teis ao Vixiador, para levar o camiño ben aprendido cando tocase facer a ruta con Ceciliah... So cheguei ata o cemiterio de Candeán, senón non me daba tempo de volver antes da cea. Todo por querer innovar, e ver ata onde levaba o ramal do Camiño vello da Madroa, que viña indo polo mesmo sitio por onde deberon pasar as máquinas o da primeira escena de "O que arde". Verticalidade extrema, e eu sen bastón de sendeirismo.
De martes a venres: actividades múltiples pero ningunha atlética
Sábado : Despois de darlle voltas ao parte de meteogalicia, decidiron suspender a actividade no Vixiador. Ceciliah máis quedamos emplazadas para facer sendeirismo nalgún outro momento.
Domingo : xornada de redención compensatoria. 9 km de ida e volta a Chapela, 5:43 de ritmo medio. O Garmin estaba de boas tamén, e regaloume tres segundos de pantalla dicindo que tiña o récord ao km máis rápido en 4:56. Supoño que será no tramo de costa abaixo que vai desde a gasolinera ata as 7 Torres. En calquera caso, música celestial para os meus oídos.
E pola tarde, dúas horas seguidas de andaina e conversa con outra compañeira do barrio. Polo menos outros 11000 pasos, se chego a rexistralos, pero non puxen o Strava no móbil.
Ao remate da xornada, alegría e envidia por todas as persoas coñecidas que nesta fin de semana poideron ir a carreiras de verdade.
Especialmente pola miña ex-archirrival ourensana que quedou de 85 na clasificación feminina do Mapoma, e 3 da categoría das veteranas +50. Terei que mercarlle a alfombra vermella para poñerlle no portal cando volva por Sparkland, como mínimo.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Set 2021, 19:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meiga: Ese ritmo por debajo de 5 te lo envidio.

www.youtube.com/watch?v=a5_QV97eYqM





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos