Foros ›
XI PINGAPINGA: 23 OUTUBRO. NOS VEMOS EN SANTOMÉ- MARIN
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
227 Posts

Reply with quote Post Thu, 07 Oct 2021, 22:51
Post subject: XI PINGAPINGA: 23 OUTUBRO. NOS VEMOS EN SANTOMÉ- MARIN

Bailar Bailar Bailar XI PINGA-PINGA (23 OUTUBRO 2021): Proba do calendario oficial da Federación Galega AtletismO
Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 11ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
Estes participantes declaran acudir a proba disputada no concello de Marín en bo estado físico e sin síntomas que podan relacionarse coa Covid-19. Todos os atletas presentarán o documento declaración responsable correspondente e cumprirán rigurosamente o protocolo Fisiocovid-19 establecido pola organización e pola Federación Galega de Atletismo.
Segundo o protocolo vixente, as saídas serán en grupos de 10 persoas e cada grupo sairá cada 20”.
Nas inscricións indicarase a mellor marca persoal en 10km para poder elaborar as tandas de saída. Nas primeiras tandas sairán os atletas con mellores marcas. Calquera cambio será comunicado pola organización.

NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada. No campo de futbol o acceso estará controlado pola organización, debido ao aforo limitado polo protocolo para este tipo de eventos deportivos.

II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuices da competición.

III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

IV) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do dorsal e chip de cronometraxe ofrecido pola organización.


V) Cada participante que se inscribe nesta carreira pon de manifesto que considera ter un estado físico apto para completar a proba sen que poda afectar a súa saúde.

VI) A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”. Se completará a información desta norma.


VII) Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, nun prazo máximo de 30 minutos desde a publicación dos resultados oficiais.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou manipular este, falsificar datos persoais.

IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 23 de outubro de 2021
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)

V ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 16:00H.

CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES (PRAZAS LIMITADAS, PRIORIDADE PARA ATLETAS DE CLUBES DE MARÍN, para elaborar as listas de saída ):

BENXAMÍNS (SUB 10) 40 PRAZAS:
Hora: 16:05
Benxamíns = 2012/2013
Percorrido: 500 mts aprox.

ALEVÍNS (SUB 12) 40 PRAZAS:
Hora: 16:15
Idade: Alevíns =2010/2011
Percorrido: 750 mts aprox.

INFANTIS (SUB14) 40 PRAZAS
CADETES (SUB 16) 40 PRAZAS
Hora: 16:30
Idade: Nacidos 2008/09 (infantís) e nacidos 2006/07 (cadetes)
Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena de circuito.

MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 17:00h.
Percorrido: 7.500m – tres voltas.
Idade: DESDE NACIDOS EN 2005
Engloba Sub 18, 20 e 23: De 1999 a 2005
Senior: 1998 e anteriores (ata veteranos)
Master A: De 35 a 44 anos
Master B: De 45 a 54 anos
Master C: A partir De 55 anos cumpridos



3.- INSCRICIÓNS, En www.carreirasgalegas.com:
ANDAINA: INSCRICIÓN 1 € (dende 5 anos)
CARREIRA MENORES: Gratuita. Inscricións na web www.carreirasgalegas.com
MAIORES: www.carreirasgalegas.com se encargará das inscricións, dorsais-chips e resultados da (Categoría Adultos). AS INSCRIPCIÓNS ATA 19 OUTUBRO. A inscrición individual dos adultos serán 6€ (1 € de cada inscrición individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro)

4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).


5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta.

Hai Premio para o primeiro e a primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:

ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo de 10 días.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITAR A SÚA IDENTIDADE

6.- AGASALLOS
Camiseta técnica para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes.

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E O CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro.


Last edited by PINGA-PINGA on Wed, 20 Oct 2021, 22:52; edited 5 times in total
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
227 Posts

Reply with quote Post Sat, 09 Oct 2021, 17:42
Post subject: Re: XI PINGAPINGA: 23 OUTBRO. ATENTOS. PRÓXIMA APERTURA INSCRI!

INSCRICIÓNS ABERTAS!!! para a XI CARREIRA PINGA PINGA na categoría de Adultxs, desde nacidxs en 2005 e maiores.
As inscricións no seguinte enlace: www.carreirasgalegas.c...f2/grupo-1

Podedes atopar máis información da Carreira no calendario de www.carreirasgalegas.com

1 € de cada inscrición será doado a Asociación Española contra o Cancro, como en todas as edicións anteriores!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
227 Posts

Reply with quote Post Sun, 10 Oct 2021, 17:13
Post subject: Re: XI PINGAPINGA: 23 OUTUBRO. INSCRICIÓNS ABERTAS!!!

A inscrición para Menores desde xs nacidxs en 2013 e a Inscrición para a Andaina se abrirá a mediados desta semana na mesma web de www.carreirasgalegas.com.
Avisaremos neste fío e nas RRSS do Clube Deportivo Pinarium ou da Carreira Pinga Pinga.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
227 Posts

Reply with quote Post Thu, 14 Oct 2021, 18:28
Post subject: Re: XI PINGAPINGA: 23 OUTUBRO. INSCRICIÓNS ABERTAS!!!

Hoxe abríronse as inscricións de Menores, con prazas límitadas en: www.carreirasgalegas.c...f2/grupo-1
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
227 Posts

Reply with quote Post Mon, 18 Oct 2021, 19:12
Post subject: Re: XI PINGAPINGA: 23 OUTUBRO. OLLO!!! ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN

No seguinte enlace podedes ollar a camiseta conmemorativa da XI CARREIRA PINGA PINGA. carreirasgalegas.blob....WA0014.jpg

últimos días de inscricións en:
www.carreirasgalegas.c...f2/grupo-1
Non faltedes. Vemonos en Santomé de Piñeiro- Marín
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
227 Posts

Reply with quote Post Thu, 21 Oct 2021, 23:36
Post subject: Re: XI PINGAPINGA: 23 OUTUBRO. NOS VEMOS EN SANTOMÉ- MARIN

Nesta edición faremos homenaxe a Susana Rodríguez Gacio, medallista olímpica (Oro) en Triatlón nas Paralimpiadas de Tokyo 2020. Nestas mesmas paralimpiadas acadou diploma (4º posto) en Atletismo en 1500m. Enorme Susana, todo un exemplo de deportista, de profesional e de persoa.

Vemonos en nadiña en Santomé- Marín. Que ben que estamos de volta!!!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum