Foros ›
VII MEIA MARATONA FAMALICAO, 28 Novembro.
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Nov 2021, 22:32
Asunto: VII MEIA MARATONA FAMALICAO, 28 Novembro.

Organizada por runporto, celébrase esta media o día 28 en Vila Nova de Famalicao, a uns 85 Kms da fronteira . Eu se remato ben a S. Martiño, teño en mente facela, non sei se alguén a correu e pode dar información.
Relevantes, inscripción 14€ ata o 23 de Novembro e 2500 dorsais disponibles.
Vin uns cantos video en Youtube e parece que se corre todo por fora da cidade. Toda a información da mesma no seguinte enlace.

www.runporto.com/pt/ev...icao-2021/
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Sáb, 13 Nov 2021, 10:08
Asunto: Re: VII MEIA MARATONA FAMALICAO, 28 Novembro.

Suerte,ya contarás.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 27 Nov 2021, 9:34
Asunto: Re: VII MEIA MARATONA FAMALICAO, 28 Novembro.

Pois doersais asignados. nas suas redes sociais din que case 2000 inscritos, case seguro que é o total, a media máis a camiñada.
O luns xa contarei.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Nov 2021, 0:06
Asunto: Re: VII MEIA MARATONA FAMALICAO, 28 Novembro.

Pois realizada unha nova media maratón que nunca fixera.
Madrugón xunto a 3 compañeiros de club, chegando a Famalicao, con máis dunha hora de adianto sobre a saida. Aparcamos a un 250 mts. da saida , recollida do dorsal rápida e a tomar algo antes de prepararse para a carreira.
Situamonos no caixón correspondente uns 6/7 minutos da saida e ainda que avancei un pouco, tardei caseque un minuto en pasar polo arco de saida, que é cando acciono o gps. E o primeiro Km. atascadísimo en 5', a partir de ahí xa se pode ir correndo mellor. Os primeiros Kms, bastante chanciños, cando levamos 5'700 volvemos a pasar polo lugar de saida e a partir de ahí empeza o duro da carreira do 6 ao 7 e pico, todo subida, pero bastante corrible, un pequeno descansiño e despois varios sube e baixas. Ata o km. 10 todos os Kms. entre 4'45/4'38, do 10 ao 11 atragantaseme, xa que ten bastante subida e non dou aberto un xel que nos deron no avituallamento e saeme en 4'56, pero a partir de ahí recupero, no 13'500 imos dar volta e desandar o corrido ata a meta, a partir de aqui vou acelerando o ritmo, no 15, noto unha pequena molestia no xemelgo dereito e decido non aumentar máis o rtimo, ata chegar ao 18, xa que non vai a máis , eses 3 que quedan son moi favorables saen en 4'30", 4'26 e 4'23", pero sen dalo todo, xa que tanto me da gañarlle uns segundos ao crono, neto 1h39'04", posto 386 de 956 que rematamos.
A meta estaba a uns 300 mts. da saida, recollida do avituallamento e a cambiarse ao coche e tiramos a comer a Braga xa que ainda non tiñamos fame .
Resumo da media, sorprendeume gratamente a carreira, moi ben organizada como todas as de runporto, un montón de avituallamentos, nos primeiros só auga e despois, sólidos e bebidas isótonicas, un montón de animación musical polo percorrido e un perfil moi corrible, sería unha moi boa opción para repetir, pero se nunca a fixera, é por que sempre coincidira ca media de Vilagarcía, e tendo unha cerca da casa....
Cando estaba estirando encontrei a un corredor portugués que levaba unha camiseta co número de medias feitas, un total de 188, 50 máis das que levo eu, estivemos falando un rato, xa que el é un asiduo dalgunhas carreiras de España, sobre todo Vig Bay e maratón de Coruña.

Un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos