Foros ›
TRAIL SERIES 2022 - TRAIL DE OUTES 30/1/22
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Xan 2022, 21:59
Asunto: TRAIL SERIES 2022 - TRAIL DE OUTES 30/1/22



Sétima edición dos Revolutrion Trail Series que logo da inacabada edición do 2020 e o obligado parón do 2021 volve co mesmo formato pero con menos probas para poder afrontar con solvencia os coletazos que todavía sigue pegando a pandemia.

Como podedes ver mantense o espíritu do circuito, o sistema de puntuación, a formación dos equipos, e a competitividade en cada unha das probas; nembargantes a nivel organizativo, decidimos espaciar as probas para poder facer fronte a posibles repuntes da crise sanitaria e que nos permitan esquivar mellor os inconvintes. Consideramos que deste xeito temos máis marxe de maniobra no caso de aplazamento/suspensión dunha proba si a situación o demanda.

Mantemos a decidida aposta polos equipos mixtos e pola relevancia da participación feminina nas probas e no circuito. Sabemos da boa acolleita que tivo pola meirande maioría d@s participantes e por isto queremos repetir, e si vedes algún punto de mellora, esperamos os vosos comentarios. Tamén se sigue respetando o nome das categorías tan "autótonas" e tan nosas (lembrade que non cambian as idades, só os nomes).

E agora sí, que vos imos presentar cada unha das probas:

Frecha Trail de Outes: Proba debutante no circuito e que se disputará na parroquia do Freixo, con saida e chegada no porto e cuns bosques espetáculares; e ollo ca subida ata o Tremuzo, que non vos vai deixar respirar.
Frecha Trail de San Alberte: Acabas de ler ben, porque o volve ao circuito a proba ca que se inaguraron os Trail Series fai xa casi unha década. Si sentías morriña da carreira, aquí a tes de novo. Si nunca tiveches a oportunidade de correla, pregunta a quén o fixo e seguro que non esaxera nada.
Frecha Xtosín Trail-Barbanza42K: Faisenos maior a proba de Portosín, e pasa á distancia de media maratón, e de maratón. E evidentemente acompáñanna nesa cifra tamén un desnivel acorde ca distancia. A quén xa lle gustaba Portosín, vai ter agora kilómetros para disfrutala sobradamente.

Non deixes de ver a ficha técnica de cada carreira, pásate polo regulamento e lee con detalle todo o que alí se expón xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter.

Si queres ampliar información ou inscribirte en www.trailseries.run está todo detallado.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos