Foros ›
XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
maikel

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/11/03
0 Carreiras
1055 Mensaxes
O Burgo
Respostar citando Envío Mér, 20 Xul 2022, 12:36
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22

Gracias por el recorrido. Entiendo que es un sube y baja?? parecida a la curtis teixeiro de principios de este mes??
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mér, 20 Xul 2022, 16:00
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07

Maikel, descoñezo como é a de Curtis-Teixeiro, de seguro haberá algún correlega que poida compararcha. Pero dende logo a de Boimorto é divertida no seu percorrido, iso sí, é un circuito mixto, cunhas partes de terra moi fermosas e, como xa comentaron, boas sombras.
Agardamos verte este domingo, serás ben recibido nestes lares.
maikel

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/11/03
0 Carreiras
1055 Mensaxes
O Burgo
Respostar citando Envío Dom, 24 Xul 2022, 13:37
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22

Moitas gracias Matveiev.
Pois fun hoxe por vez primeira á carreira de Boimorto. O percorrido e ben fermoso e a carreira ben organizada, familiar e acolledora. Enhoraboa

Lástima que o meu rendemento deixase que desexar e me tivese que retirar ó paso polo arco na primeira volta.

Seguramente repetiré en vindeiros anos.

Saudos.
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 25 Xul 2022, 8:33
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22

Xa descansado, é momento de dar as gracias a tod@s @s participantes de onte na Carreira polo voso apoio e bo ambiente que creastes. Foi un auténtico pracer voltar vivir esas sensacións que facía xa case 3 anos que non podíamos, e dende logo, ver e abrazar a amigos que facía tempo non nos viamos.
Aproveito este foro para tamén agradecer a labor dos voluntarios (máis de 30), o Clube Atletismo Boimorto, encabezado polo "GRAN" Norris e os nosos colaboradores Softee-Runawayjim, Froitería Mari de Boimorto e O Forno da Aldea.
Pedirvos desculpas polos erros que pudieron darse, e tomamos nota deles para que na vindeira edición poidamos correxilos e seguir mellorando, coma por exemplo a creación dunha categoría para deportistas con discapacidade visual, dándolle así maior visibilidade a este colectivo e facendo da Carreira un evento máis inclusivo (moitas gracias Felipe do Atletismo Sada polo teu feedback).
Saúde e kilómetros para tod@s e vémonos na próxima (XV)
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Lun, 25 Xul 2022, 8:34
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22

Guiño
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Xul 2022, 13:42
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22

Coma sempre, encantado de correr en Boimorto, trato familiar e moi boa organizacion. O recorrido duro, pero cada vez pareceme mais bonito.
Moitas gracias q voluntarios e organizacion.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mar, 26 Xul 2022, 16:21
Asunto: Re: XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 24/07/22

Eu tiña pensado ir pero pilloume por sorpresa o cambio de data e ó final non me foi posible. Corrina tres ou catro veces cando era en setembro e o ambiente e a organización sempre foron inmellorables. O que si recomendaría ós organizadores desta ou calquera outra carreira é que na medida do posible se celebre máis ou menos polas mesmas datas todos os anos, para favorecer a participación.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos