Thu, 11 Aug 2022, 5:16
Post subject: Re: S.D. Compostela Atletismo
Victoria para Paula Esteiro en Baio, con Cristian Muiño segundo.
⏱️Marcas persoais en Marin e distintos podiums en Vilagarcia.
Tres probas e todas elas nocturas para mitigar as temperaturas deste cálido verán.
Longa e noctura fin de semana, i é que comezamos o pasado Venres coas competicións, nos 10k homologados de Marin, homenaxe ao gran Manuel Rosales
En cabeza de carreira tivemos a Amador Pena, nuns primeiros kms máis lentos do agardado, ata que precisamente o noso atleta xunto con Juan Negreira puxéronse a aumentar o ritmo no km4, cunha gran segunda parte de carreira o tempo de Amador quedou en 33:44 para ser 4º absoluto e 1ºMáster. A 11 segundos do 3º absoluto Jorge Puig.
Por detrás chegaba un Jordi Carrasco que se tomou a proba a modo entreno para entrar en 36:29, moi preto un dos nosos gañadores, primeiro sub18 sería Yago Iglesias, rexitrando a súa primeira 10k homologada con 36:42.
Lennon Almeida chegaría a continuación con MMP en 37:16.
Manu Castiñeiras rexistraría 37:55
Juanito rexistrou 42:17
Dani Garcia 43:02
Elena Veres sería a primeira das nosas féminas subido ao podium senior como terceira e rexistrando 44:52
Juan Alvarellos chegaría a continuación con 45:28
María Tarrio no Top10 femenino con 45:55
Fernando Casal na súa preparació para a Maratón de Coruña con 49:16
Sonia Rodríguez 52:20
Nuria Mejuto 52:28 e
Malena Amigo que rexistrou a súa mellor marca con 59:31
Nas categorías menores tivemos en Sub14 a Lucía taboada no km homologado con 4:12
E o debut de Iago Mateos en Sub16 cun 3º absoluto rexistrando 3:05
E seguimos 24 horas despois, na noite de Vilagarcía, con algúns atletas dobrando proba.
Maria Tarrio foi unha das que dobrou para ser 4º absoluta e primeira MásterB con 44:59.
Manu Castiñeiras foi 4º Máster A con 37:51
Sindo González foi 7º Máster A con 38:45
Nuria Mejuto foi 5ª Senior con 51:33
En Vilagarcía tivemos unha boa representación de menores con :
Hugo Otero
Clara López
Lucía Taboada
Marcos Barcala
Xoel López
E mentras algún dos nosos Compostelanistas corrían polo porto de Compostela, na porta da costa da morte, en Baio tiñamos difrutando a varios dos nosos atletas máis asíduos desa zona.
Paula Esteiro sería a vencedora absoluta desta primeira edición.
Cristian Muiño que impuxo un forte ritmo de saída para tentar descolgar a Martin Regueira e a Amador,sabedor do rápido final destes dous medio fondistas, puido ser finalmente segundo absoluto tras Martin.
Damián Espasandín Lema OCR Élite Racer no top 10
Amador retirouse no paso polo km5 con molestias na espalda.
Finalmente recuperación a base de churrasco nesta proba que se recupera despois de máis de 30 anos e abofé se manterá para os vindeiros anos.
Forza Compos