Foros ›
Autor
Mensaxe
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Ven, 01 Xul 2022, 9:25
Asunto: +10K Marín. Manuel Rosales

Hola

Por motivos ajenos a la organización se pasa a ser el evento del día 30 al día 29.

Lo siento por las molestias ocasionadas.

A lo largo del día subo el reglamento actualizado.

Un saludo


Última edición por MilerVintageRunningClub o Mar, 05 Xul 2022, 11:31; editado 1 vez
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Mar, 05 Xul 2022, 8:41
Asunto: +10K Marín. Manuel Rosales

IX Edición 2022
Regulamento
Data: Vernes, 29 de xullo de 2022.

• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Vernes, 29 xullo de 2022 , “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.

• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda –
Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.

- Categorías escolares, comezará as 20:40 coa categoría de Biberóns (0 - 1- 2 anos)

- Percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).





• CATEGORÍAS.
As categorías biberóns, pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.

CATEGORÍA ESCOLAR:
▪ 20:40, Carreira biberóns (100 metros) (0-1-2 cumpridos no ano).
▪ 20:50, Carreira Pitufos - 150m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano).
▪ 21:00, Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (7-6 cumpridos no ano).
▪ 21:10, Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2013 - 2014).
▪ 21:20, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2011 - 2012).
▪ 21:30, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m. (2009 - 2010) Circuíto homologado
▪ 21:40, Carreira Cadete/sub 16 - 1000m. (2007 - 2008) Circuíto homologado
▪ 21:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m. (2005-2006) Circuíto homologado
▪ 22:00, Só carreira adultos, desde Junior/Sub 20 en adiante (2004 e ANT.) Circuíto homologado.

• CATEGORÍA ABSOLUTA:
- Sub 20 - 23: Nados desde 2000 ata o 2004.
- Sénior: 1999 ata Máster.
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL (Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.








• CIRCUÍTO.
- Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra – Marín – Bueu - ata E. Naval: entrada ata espigón-saída da E. Naval – Gasolinera – Mercado – Policía Nacional e Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea – (Volta por Av. Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín) – paso por “saída” na Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada a meta. A Meta está sita na Alameda, pola parte superior: estrada PO-313.



Perfil da proba.

• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 7 € a través de www.emesports.es ata o 24 de xullo
ás 23:59h (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na Alameda de Marín.
- Dende o 25 de xullo a o 26 de xullo 10€ a través de www.emesports.es. As 22.00 h (peche definitivo). Recollida de dorsais será o mesmo día da carreira na alameda de Marín.
- Menores: A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse
ata o 26 de xullo en www.emesports.es.
CLUBS DO CONCELLO DE MARÍN.
- Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademáis haberá prazas gratuitas para os empadroados en Marín con licencia en vigor ainda que pertenezcan a clubs de fora do municipio.
Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín será de balde, tendo que facer a inscrición antes do 17 de xullo as 23.59 h, a partir do 18 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
Para este servizo poñerse en contacto coa organización a través de:
- Correo electrónico: milerunningclub @ gmail.com
Ou por vía telefónica: 986843562.


• RECOLLIDA DE DORSAIS:
Inscricións anteriores a o 24 de xullo.
- Recollida anticipada de dorsais, ‘Tenda MILER’ rúa Peregrina 6 sótano, Pontevedra, dende o martes, 26 de xullo de 2022 ata o xoves, día 28 de xullo as 20:00.
Ou o venres, 29 de xullo de 2022, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.
Resto de inscritos:
- O venres, 29 de xullo de 2022, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos.

• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal-EMESPORT. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas.


• SERVIZOS:
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher para os corredores que entren na liña de meta.
- Camiseta técnica.
- Avituallamento liquido (durante o percorrido), e avituallamento líquido e sólido o rematarla proba.
- Espectáculo musical durante a carreira.
- Servizo de duchas.
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de parking preto da liña de saída.
- Servizo de Gardarroupa.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en www.emesports.es
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
- Servizo de ambulancia medicalizada.
- …..

• NORMAS XERAIS.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saída xeneral da carreira
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil” - “xuvenil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” - “prebenxamin- pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín


• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento

• DESCUALIFICACIÓNS
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.

• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

• LOPD
- Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Eze Mosquera Events, S.L. e o Concello de Marín para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.

• COMPROMISO.
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.



• CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.

• PARA MAIS INFORMACIÓN.
- Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub @ gmail.com

• ORGANIZA:
- Concello de Marín.

• PATROCINADOR INSTITUCIONAL.
- Concello de Marín.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 30 Xul 2022, 8:04
Asunto: Re: +10K Marín. Manuel Rosales

Unha carreira da que se fala pouco e sen embargo é superchula !!!
Foi a miña primeira participación e gustoume moito. Un percorrido absolutamente plano que favorece que sexa unha carreira rápida e moi moi animada con moito público.
Espectaculares as probas de xente miúda cunha participación enorme!! Esa é a base e no que as, penso, organizacións deben por moito agarimo para que esta cativada desfrute do momento e deste deporte!!
O crack Manuel Rosales participando nunha carreira homenaxe ( ogallá poidamos chegar a súa idade co seu humor e gañas!! ), Terio e Higuero narrando e como fin música, cervexa, mexillóns....
En fin, todo o preciso para ter un menú deportivo e de ocio espectacular.
A min persoalmente que fora o venres de tarde noite encantoume xa que ademais os sábados soe haber máis probas.
Parabéns á organización, colaboradores, voluntari@s...
Vémonos para o ano!!
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Dom, 31 Xul 2022, 9:27
Asunto: Re: +10K Marín. Manuel Rosales

Xertiz escribió:
Unha carreira da que se fala pouco e sen embargo é superchula !!!
Foi a miña primeira participación e gustoume moito. Un percorrido absolutamente plano que favorece que sexa unha carreira rápida e moi moi animada con moito público.
Espectaculares as probas de xente miúda cunha participación enorme!! Esa é a base e no que as, penso, organizacións deben por moito agarimo para que esta cativada desfrute do momento e deste deporte!!
O crack Manuel Rosales participando nunha carreira homenaxe ( ogallá poidamos chegar a súa idade co seu humor e gañas!! ), Terio e Higuero narrando e como fin música, cervexa, mexillóns....
En fin, todo o preciso para ter un menú deportivo e de ocio espectacular.
A min persoalmente que fora o venres de tarde noite encantoume xa que ademais os sábados soe haber máis probas.
Parabéns á organización, colaboradores, voluntari@s...
Vémonos para o ano!!
Fue un gran día con un evento que no llegó al techo que tiene que llegar, trabajaremos para mejorarlo.

Será un reto.

Muchas gracias





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos