Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2022, 11:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación retorno. Semana 5:

Cinco semanas prepandemia daban para moitísimo máis. Agora están tan devaluadas como o poder adquisitivo do soldo base.
Certo que a semana de Louro rematou con 3 saídas a trotar, por asfalto e area, moita andaina e unha media diaria de 16000 pasos, 5 días consecutivos de táboa de exercicios e unha aceptable recuperación do glúteo dereito. Por esa banda non hai queixa.
Pero foi chegar a Vigo e deixar aparcada a sana rutina de abdominais en favor do leiragim de urxencia ( chover non chove, pero o gramos medra igual ou peor).
Hoxe por fin calcei as zapatillas, en plan agrimensora de Tagen Ata, coa idea de comprobar se a Vía Verde estaba xa utilizable en toda a extensión, e canto é o longo exacto da mesma.
Resultados : Desde o extremo de Chapela ata a beirarrúa de Vía Norte saen, segundo o Garmin, 4,7km aprox, e facendo ida e volta máis ou menos 9,5 km. Pero non compensa, pois hai unha boa porción de falsa terra prensada, que en realidade é cemento con algo de gravilla enriba, e non da xeito ir por aí, e non é cousa de andar invadindo o carril bici de seguido... Aínda que hoxe, ás 10:30 da mañá gañaban por goleada o número de persoas correndo, paseando cans, peregrinando a Santiago, empurrando carriños e andadores geriátricos. De todo iso había, fronte a 5 bicis adultas e 3 infantiles. A verdade é que para ser día de semana a media mañá estaba moi concurrida a Vía Verde. E iso que aínda non está inaugurada.
Outra razón pola que non me compensa é o difícil que me resulta manter un ritmo de entre 5:40 a 5:50, moi cutre para ser llaneando, nun pavimento así. Cando vou por asfalto chupo máis costas arriba, pero tamén hai costas abaixo que me deixan o consolo de crer que podo ir máis rápido.
En calquera caso, de aquí ao retorno, 11 de setembro no Berbés, quédanme como moito 4 entrenos . Non queda marxe para ningún miragre. Se remato os 10 km de ese día en menos de 60 minutos xa será moito.


Última edición por Meigalicix o Xov, 01 Set 2022, 20:51; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Set 2022, 19:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Esa vía verde tiene una pinta estupenda Meiga. Espero que le des mucho uso.

Y eso de los 16000 por día es un dato cojonudo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Set 2022, 21:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

"Crónicas da favela: Carreira do Berbés 2022"
Culminación da operación retorno. Cun nivel de entreno e forma física tan escasamente retornable coma un "tetrabrick".
Pero facía unha estupenda mañá de sol, e aínda que o entorno da carreira non é precisamente un marco incomparable, nin había riadas de xente, estabamos Carma-Nécoras de abondo para dar ambiente.
As miñas expectativas tan planas como o perfil do percorrido. Se lograba facer menos de unha hora xa o daba por bo. E nesas estaban tamén varias compañeiras de equipo e algunha achegada máis.
Saímos en amor e compañía gozando do furgón de cola. A veces a dúo a ritmo de 5:50. Antes do kilómetro 5 chegamos a estar de a tres a ritmo de 5:45 e baixando. Xa na segunda volta do circuíto estiven a dúo, pero sobre o kilómetro 8 a miña compañeira ía forzada, e as miñas pernas se empeñaban en ir a 5:25, así que tocou despedirse e tirar.
Cheguei a meta en 56 minutos máis ou menos. Abondo para acabar sexta de 12 na categoría F 3, aprobado raspado.
Sobresaliente foi a actuación da compañeira Lúameiga, que fixo podium, ademais doutras 3 persoas do Carma.
Os superpodereres que dá a camiseta negra do Trigal.
Mentalmente hoxe para min foi un entreno de cara ó vindeiro sábado. A ver se en Redondela son capaz de dalo todo, e sobre todo a ver se teño máis que dar.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 12 Set 2022, 3:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
"Crónicas da favela: Carreira do Berbés 2022" .

Aplauso

Meigalicix escribió:
Mentalmente hoxe para min foi un entreno de cara ó vindeiro sábado.

moita sorte e que desfrutes do día!! Bailar

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Set 2022, 21:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela:" Contrarreloxo por equipos en Redondela"

Isto de facer a golpe de mércores o resumo dunha carreira celebrada o sábado pasado xa da unha idea do estado de sitio distinto en que anda a miña vida atlética.
O caso é que pensábamos que iamos ser 4 gatos Correndo, e finalmente había 31 equipos competindo, só 4 femininos.
Pensábamos que iamos ser 5 no equipo é xusto na víspera lesionouse a compañeira Cris, que fora a que nos meterá o formighillo de apuntarnos na experiencia. Así que quedamos Luameiga, Lucía, Ana máis eu.
Pensabamos tamén que iamos rebaixar o tempo obxectivo, 27:30 minutos, porque teoricamente o trazado era plano, e non ía facer o bochorno que fixo. Acabamos en 28 minutos máis ou menos. Ao mellor se chego a ir soa tería feito o circuíto a 5:15, pero non se trataba diso esa tarde. Penso que dimos un auténtico exemplo de espíritu Carma esperando unhas polas outras, entrando en auténtica piña na liña de meta... Non como outros equipos onde ían como rebaño disperso abandonando ovellas perdidas polo camiño. Nin como outros pufeiros, nos que entrou un destacado na meta en solitario e logo dou volta atrás para unirse ao resto. Quedar quedamos no posto 28, pero honradamente, e coa cabeza ben erguida.
Impagables as cervexas frescas de barril ao chegar.
E máis impagable o momento de charla post carreira antes de volver para Vigo.
Nestes momentos ando intentando recuperar un pouco unha rutina. Sain este martes, e debería facer outras dúas saídas antes de que remate a semana.
Non sei de onde vou sacar oco.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Set 2022, 15:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ocos haberá Meiga...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Set 2022, 22:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Ocos haberá Meiga...
Haber houbo, aínda que de tamaño microscópico.
Remata esta semana con 3 saídas, 20 km totais de trote, e unha media de 14.000 pasos diarios. Exercicios de reforzo de abdominais e glúteos : cero. Xa teño obxectivo para retomar nesta semana entrante.
A medio prazo non teño ningún outro máis.
Noutro ano calquera xa estaría pensando na San Martiño. Este ano cos cambios de datas e a imposibilidade de ir, terei que pensar noutra cousa.
Entrei onte na páxina de Runrún Vigo, por ver se había unha carreira do circuíto que me cadrase ben no calendario, e xa de paso rexoubar un pouco vendo as clasificacións... Parece que algo vai cambiando, aínda que moi lentamente. Por fin hai mulleres de abondo para que existan tantas categorías masculinas como femininas en todo o rango de idades. Antes as moi vellas non corrían, agora si, aínda que a porcentaxe comparativa e testimonial. Nas cuarentonas e cincuentonas non pasamos aínda do repetido 20%, pero as corredoras de 30 en diante xa están no 30%. Que non decaiga, por favor.
Por outra banda pouco máis se pode dicir. Tanto ten ser coello, hámster ou caracol, que é a miña categoría este ano. Correndo peor que nunca e indo só a 4 carreiras doume para sumar 250 puntos ata o momento, e estar de número 12 entre as 52 mulleres habituais da categoría F3. Persoalmente resúltame indiferente, pero se o penso a nivel de club a cousa cambia: Os puntos suman para todo o clube no circuíto, e tamén cando se mandan as memorias para as subvencións, e os logros de todo o equipo tamén lle han de alegrar un pouco a vida ao noso incondicional patrocinador... E aquí é onde comezo a apostatar das miñas relixións anteriores. Sigo a entrenar soa, pero xa non vou soa. Tamén pensaba coma outros que a competición alonxaba do divino, pero resulta que xa non tanto se somos membros de un mesmo corpo en plan epístola paulina.
En fin, se cadra me anoto na carreira de decembro, pero iso queda moi moi lonxe
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 26 Set 2022, 7:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

Noutro ano calquera xa estaría pensando na San Martiño. Este ano cos cambios de datas e a imposibilidade de ir, terei que pensar noutra cousa.
Jarro de agua fría. El San Martiño será menos este año. Me atrevo a decir que incluso mucho menos. La participación foránea y la masa de incondicionales es lo que le da caché a esta prueba. Con tu ausencia perdemos por los dos lados, en lo que no es un hecho aislado, precisamente.
Al final nos vamos a quedar en un 10K cualquiera, otro más, sin su poso legendario. Snif.



Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 03 Out 2022, 21:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Outra semana máis que pasou nun suspiro.
Polo menos cheguei ao mínimo compromiso de facer 3 saídas. A do martes a un ritmo de 5:34, que non estivo mal. A do xoves foi remando baixo o diluvio universal das 7:30 da mañá que tivemos na Favela. E a do domingo entre Froxan e Vilamor, en pleno corazón queimado do Caurel... Se cadra visto desde fora non ten sentido nin efectividade. Pero para min é todo o contrario, o máis sentido e coherente que puiden facer.
En total cerca de 24 km está semana, e a media de pasos diarios mantendose en 13000
A ver se está semana me cadra ben saír en mércores venres e domingo, chegando a 27 km, e facendo algunha táboa algunha das mañans.
A vía Verde cada vez máis ateigada de xente, e cada vez máis pechada de rede metálica nos laterais, e a pasarela de acceso a Buenos Aires segue coas bridas metálicas, pechada a cal canto. Parece que o Cura Merino e Cachamuiña xa non loitan contra os afrancesados de Adif e a alcaldía, e que se conforman con entrar en Vialia sen problemas... Eu ter teño no garaxe unhas tenazas de cortar aramio, pero non me alcanza o espíritu guerrilleiro para usalas...
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 04 Out 2022, 17:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Eu ter teño no garaxe unhas tenazas de cortar aramio, pero non me alcanza o espíritu guerrilleiro para usalas...
Déjate estar Meiga, que hoy todo esta videovigilado, y si no es por algún aparato represor local, autonómico o estatal, siempre hay algún soplagaitas aburrido con el teléfono en la mano. Recuerda a la señora que dejó su caja de amazon despanzurrada al ladito del contenedor de basura, con la sonrisita del logo y su nombre en la etiqueta, codo con codo, para mayor ironía del destino, y consiguiente merma de haberes financieros de la pecadora de la pradera.

www.20minutos.es/notic...-etiqueta/

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Out 2022, 18:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Esa es buena Papa. Así que la ley revuelve en la basura para obtener pistas...
Mescarallo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 04 Out 2022, 22:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Esa es buena Papa. Así que la ley revuelve en la basura para obtener pistas...
Mescarallo.
Sempre sospeitei que Orwell quedárase corto profetizando en "1984"...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Out 2022, 6:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Calla Meiga, calla...
Aún estamos a tiempo de una Oceanía contra Eurasia, y no hablo de términos metafóricos ya. Espero que no fuera tan profeta.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 09 Out 2022, 17:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A falta de obxectivos, tamén faltan nomes e títulos que poñer nas entradas.
Simplemente dar fe de que pasou outra semana.
A conciliación foi imposible. Por tranquilizar a conciencia atlética, e sabendo que só ía poder facer dúas saídas, en venres e domingo, decidín ampliar o percorrido.
Así conseguín facer 25,5 km, engadindo un tramo de Vía Verde ao percorrido habitual de Teis a Chapela ida e volta. Difícil zafar das costas arriba, pero non estivo mal. A lentitude dos ritmos foi máis polo calor que pola dificultade do trazado.
Hoxe estou pegada á cama toda a tarde. Parece que o corpo anda empachado cos 4 km de máis por saida.
A ver se a semana que ven dosifico en 3, coma sempre
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Out 2022, 17:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

No voy mucho por la favela. Estuve en el concierto de Muse, pero fue sólo el concierto. Sí que nos perdimos a la mañana siguiente por la zona de la Avenida de Castelao. Y fui intuyendo la Vía Verde a cachos.
Está precioso Vigo. Ganas de pasar allí una semana y controlar de zonas nuevas, al estilo de la Vía Verde.
Eso sí. Putas cuestas. Si Coruña es Mordor, Vigo es Érebor. No está hecho Vigo para un Coruñés del llano.

Leña a esa conciliación.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos