Foros ›
¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?
Forum Index / Lesiones, salud y alimentación
Reply to topic

Author
Message
luisvalino

Maratoniano
Maratoniano
3/03/10
30 Carreiras
554 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Fri, 02 Sep 2022, 19:45
Post subject: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Buenas,

Desde hace unos días tengo este dolor y noto que apenas mejora.

Utilizo para correr unas Brooks Glycerin 19 Gts que es una muy buena zapatilla para gente de 1.80 y que pesamos más 75 kgs, de hecho llevo usándolas desde que salieron las 16.

¿Qué recomendáis para bajar el dolor?

Gracias.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1238 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Fri, 02 Sep 2022, 21:32
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Non é por facer publi ou Spam que este homiño ten a axenda moi apretada enon busca clientes pero igual pode resultache interesante para que busques quen che trate a posible orixe desa fascite ! Wink




youtu.be/w-tvVZYZGlQ?t=117

www.youtube.com/channe...subscriber
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
387 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 03 Sep 2022, 4:52
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

a cabeciña! Silbar (interesante conversa, grazas)

que difícil é dicirlle a ninguén nada acerca de lesións e alimentación e como correr etc. Rolling Eyes ánimo luisvalino!

primeiro intenta solucionar a fase aguda do problema (a dor), que non-correndo uns días, frío, rolar unha pelota/bote, auto-masaxear o pé, etc. debería mellorar. Tamén hai medicamentos.

Despois a causa primeira... eso xa é moito comentar para min. A fascia da planta do pé está conectada ao resto da fascia a través do talón e tendón de aquiles. Un acurtamento (ou "rixidez") deste traslada a tensión á planta do pé. Tamén che digo que esas zapatillas (que non coñezo, nin podo criticar, aínda que non entendo a relación coa antropometría que citas) poden causar dito acurtamento ou rixidez se fan que non utilices o conxunto xemelgos/tendón de aquiles do xeito en que o teu corpo espera (como un muelle ou resorte).

UNHA VEZ PASE A FASE AGUDA, estos exercicios poden axudarche (vídeo en inglés)



eso, recupérate ben e reevalúa a túa forma de correr. E cabeciña!

Est.2008
xpab

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/11
0 Carreiras
106 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Sun, 04 Sep 2022, 20:53
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

mac-ray escribió:
Non é por facer publi ou Spam que este homiño ten a axenda moi apretada enon busca clientes pero igual pode resultache interesante para que busques quen che trate a posible orixe desa fascite ! Wink




youtu.be/w-tvVZYZGlQ?t=117

Vin o vídeo e pareceume interesante. Precisamente rondo os 36 min en 10k e este ano cumplo 40, así que Jordi é un espello interesante (e ó meu modo de ver, inalcanzable, aínda que sei que pensando así vou mal Smile ). A miña última carreira foi en Miño, quedei 5º e Amador, 2º, ía no tridente de "inalcanzables".

Eu tamén son dos da boca seca e pernas pesadas antes de empezar Smile así que chamoume a atención o da meditación. Algún vídeo/recomendación para unhas nocións básicas? Pensando Gracias!
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1238 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Sun, 04 Sep 2022, 21:18
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Cando a boca se nos seca nese momento, é porque o sistema nervioso vexetativo, na súa rama simpática Smile está máis elevado do que debera no equilibrio que debería ter co parasimpático, (entre outras cousas ) entón unha ferramenta sinxela que funciona a través do nervio vago é tentar mandar saliva a boca activando as glándulas salivales, moitos din que é algo que non se pode controlar, pero si que se pode é resulta relativamente doado, a través do pensamento. Cool Wink

Con pensar que a boca enche de saliva ou repetir esa orde en voz alta ou mentalmente, xa debería comezar o proceso, hai a quen lle funciona mellor pensar nunha comida apetitosa jejeje.
- Se neste momento todavía temos a boca seca, podemos facer un par de respiracións profundas coa man pousada na altura do noso diafragma, e nese momento repetir de novo a orde de mandar saliva á boca.


A partir de ahí xa todo é máis sinxelo, as pernas responderán mellor e podemos darlle ordes porque nos mandamos a través dos pensamentos, trátase de pensar e repetirnos que as nosas pernas están lixeiras e preparadas para o que lles toca.

Pono a proba e verás o resultado ao momento Bailar

P.D: Amador son eu Laughing

www.youtube.com/channe...subscriber
xpab

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/11
0 Carreiras
106 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Mon, 05 Sep 2022, 11:46
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Por certo, que se me olvidou. Para non irnos do tema, eu a miña fascite cureina nun fisio en Coruña mediante a técnica de EPI ("aplicación de una corriente galvánica mediante una aguja de acupuntura directamente en el lugar de lesión, con el objeto de desnaturalizar y eliminar el tejido degenerado, para así favorecer la regeneración de los tejidos blandos y tendones de forma natural"). Cónstame que lle foi ben a máis xente. Creo que chegáronme 2 ou 3 sesións. Non sei se procede facer publicidade, pero foi en "Fisiosport", en Coruña.

Amador, gracias polo consello. Tratarei de aplicalo. Entendo que o de evitar a boca seca é o punto de partida para relaxarse e que vai todo en cadea e a partir daí as pernas xa deberían estar menos agarrotadas.
Creo que outro erro que facemos é o de que nos pese o dorsal (como dicíades na charla) dende días antes, porque ó final, pensando friamente, non nos vai nada nesto (bueno... cando menos ó 95% de nós). Por eso che preguntaba tamén se podes aconsellar algún vídeo, libro, ou algo para aprender un pouco a meditar. Disque chega con uns minutos ó día e que é unha práctica moi agradecida (creo recordar que dicías no vídeo que estaban demostrados cientificamente os resultados).

E si, xa sei que Amador es ti, pero na contestación anterior saíume en terceira persoa, non sei se para facelo máis formal ou que Smile A ver se seguindo os teus consellos consigo aguantarte medio km na vindeira carreira ;p Por certo, en Miño moito frío papei despois da carreira, case valía a pena non facer podium, ainda que o trofeo está moi chulo! jaja
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1238 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Mon, 05 Sep 2022, 17:06
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Uff si si, menudo día de verán nos tocou, e despois todos a queixarse de que hai sequía jajaja. Eu seguín correndo para non pillar frío.

Efectivamente hoxe por sorte o mundo avanza e algo que fai non tanto tempo era visto como de raritos, hoxe a ciencia sabe con rigor que meditar un chisco cada día, para ser máis precisos con 15' diarios 5 días semanais xa é suficiente para obter beneficios medibles en canto a reducción do tamaño da amigdala cerebral ( ira, rabia ) cambios no hipocampo e distintas zonas que nos aportan beneficio, eu sempre recomendo meditar comezando con meditacións guiadas sinxelas, e máis, nos meus plans de adestramento envío sempre meditacións para facer cada día, moita xente cóntame que un dos beneficios máis claros que sinte é que relativizan problemas que antes lles parecían un mundo.

En canto ao pensamento positivo para min o mellor e o Doutor Angel Escudero, podes atopar vídeos en youtube e incluso meditacións, facer afirmacións positivas en carreira tamén axuda moito nalgúns casos.

E no tema da lesión, eu sempre digo que hai que buscar sempre ata dar coa mellor solución, ideal buscar a orixe do problema.

www.youtube.com/channe...subscriber
xpab

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/11
0 Carreiras
106 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Tue, 04 Oct 2022, 6:52
Post subject: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Boas!

ainda que quizáis debería abrir outro fío porque o que vou preguntar xa non está relacionado coa fascite, decidín seguir por aquí porque quizáis poida aportar algo o que vou preguntar.

Amador, no vídeo onde falas con Jordi, dis ó final que ía haber unha charla para falar da tendinite do talón de Aquiles. Debe estar de moda porque o meu tendón apuntouse á tendencia dende hai uns meses Very Happy Gustaríame aproveitar a baixada de intensidade post-maratón para adicarlle máis atención e tratar de atallalo. Así que... ó final fixéstedes a charla? Está subida nalgún lado?

Moitas gracias e desculpade por reciclar o fío para outro tema. Se vexo que se extende, abro un novo para tendinite de Aquiles.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum