Foros ›
Trail de Lousame [11/12/2022]
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
878 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Nov 2022, 19:46
Asunto: Trail de Lousame [11/12/2022]

En pugna directa con el trail dos Foucellas entra este trail que se celebra en Lousame. Por lo que parece el organizador no es el mismo del trail San Silvestre y del nocturno que se han venido celebrando en dicha localidad (no se menciona al club Lousame Deporte).
Más info e inscripciones en: eventos.emesports.es/i...same-2022/
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
878 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Nov 2022, 19:53
Asunto: Re: Trail de Lousame [11/12/2022]

Me respondo a mí mismo. Comunicado en Facebook (Serquides Nes, o sea Néstor) del principal organizador de los eventos arriba referidos:
"COMUNICADO IMPORTANTE con respecto ó Trail San Silvestre de Lousame.
Fai moitos anos tiña unha gran ilusión de facer un trail no meu concello, porque sabía do potencial que podía ter esta actividade no mesmo, e creía que tiñamos que potenciar as actividades no medio natural, así coma fomentar o turismo e a cultura a través do deporte.
Como técnico municipal intentaba poñelo en marcha pero sempre había trabas, nunca había cartos, ata me decían que estaba tolo, que esa actividade non triunfaría. Busquei a maneira de poder facelo, recurrindo á financiación privada de empresas, a través de amizades, e a primeira edición saiu adiante no ano 2017, organizado polo Club Lousame Deporte, un club independente do concello, do cal son o seu presidente, e que naceu co obxetivo de cumprimentar a oferta deportiva municipal. O concello de lousame foi colaborador nesa primeira edición cuns trofeos, augas, participación da rede de voluntariado local e a cesión do polideportivo municipal.
Nesta primeira edición todo saiu ben, un novo evento estaba nacendo en Lousame.
Seguimos traballando, ano tras ano, para ir crecendo pouco a pouco, mellorando cada edición, e dándolle a máxima calidade posible ó evento, chegando a ter @s mellores corredor@s de Galicia no noso Trail, aportándonos toda a sua experiencia a través de charlas coloquio, ... así coma algúns/has corredores/as do resto do país, de Portugal, .....
Ó mesmo tempo tamén me apoiaron neste proxecto empresas importantes do mundo do Trail running, as cales viron a calidade do noso evento e decidiron apostar por nós.
A evolución do evento foi increíble, ata chegar á súa V edición no ano 2021, onde se cubriron as 500 prazas ofertadas e se pecharon as inscripcións 1 mes antes do prazo límite. Intuio que algo se estaba facendo ben, xa que conseguimos facer do noso Trail un evento referente na nosa comunidade.
Decir que a colaboración municipal foi crecendo ano a ano, ata chegar na última edición a colaborar cun 30% do presuposto, pero o 70% restante saiu das arcas do Club Lousame Deporte .
Fai unhas semanas fixen unha publicación relativa a un problema de degradación laboral que estou sufrindo cara a miña persoa por parte da administración na que traballo o cal me impedía estar traballando na organización da sexta edición do Trail San silvestre de lousame.
Ben, ante a miña ausencia por mor dunha viaxe de cooperación ( da cal xa falarei mais adiante ), e sen previa comunicación, polo menos hacia a miña persoa coma presidente do club, cal é a miña sorpresa de que o concello vai organizar un trail en decembro, buscando beneficiarse do efecto mediático do Trail San Silvestre.
PARÍN, CRIEI e FIXEN CRECER o TRAIL SAN SILVESTRE DE LOUSAME ata que se fixo maior.
Quería un evento para tod@s e para iso introducíronse carreiras para nenos/as, onde tod@s puidesen desfrutar deste precioso deporte.
Dóeme no corazón non poder continuar con este evento por temas extradeportivos, pero voume orgulloso do traballo feito, de colocar o meu concello no mapa das Carreiras de Montaña , e só espero que esta actividade da cal se quere "apropiar" o concello, a manteña no tempo e non sexa temporal só porque maio está a volta da esquina.
Pola miña parte quero deixar moi claro que NON FORMO PARTE DA ORGANIZACIÓN DO TRAIL DE LOUSAME 2022 QUE SE ESTÁ A PUBLICITAR, NIN É O MESMO EVENTO QUE O TRAIL SAN SILVESTRE DESTES ANOS, é outro evento que está organizando o concello.
Ó mesmo tempo gustaríame agradecer a todas as empresas que me axudaron a levar adiante o proxecto do TRAIL SAN SILVESTRE DE LOUSAME, ó longo destes 5 anos, xa que sen eles sería imposible a súa realización.
Non me quero olvidar de tod@s @s voluntarios/as que se ofrecían para axudar desinteresadamente, en especial á miña familia, xa que a súa axuda foi imprescindible.????
Tamén quero agradecer a tod@s participantes nos Trail San Silvestre de Lousame dende o ano 2017 ó 2021, especialmente a Emilio Montilla Fernandez , Aroa Sio Recknold , Luis Calvo Castro , María Ferreiro Pérez , Rubén Martinez Mayo , Elpidio Gomez Sousa , Samuel Saborido Sóñora , Blas Rodriguez Vazquez e moit@s mais, pola súa colaboración e predisposición co evento.
Infinitas grazas a todo@s que me axudástedes dalgún xeito a realizar este precioso evento, no cal me deixei a pel, traballando horas e horas, traballando en momentos moi difíciles da miña vida, traballando días de Nadal cando todo o mundo estaba nas súas casas ca súa familia, ......
Ata aquí chegou o TRAIL SAN SILVESTRE DE LOUSAME.
Moito mais que un trail!!!!!!☠️????"





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos