Sun, 19 May 2024, 12:34
Post subject: Carreira Praia Samil
Boas, abro este fío xa que non atopo ningún ao respecto sobre esta carreira que ao meu entender paga moitísimo a pena.
Desputouse no día de hoxe domingo 19 de maio, sobre un percorrido de 8Km. que inclúen todo o areal da praia de Samil máis uns quilómetros polo piñeiral da zoa próxima á Alcabre (ao lado da pista de automodelismo).
Esta proba foi elexida no 2023 como a mellor do circuíto Run Run de Vigo e penso que este ano vai polo camiño. É unha proba divertida e diferente. Hai que saír con cabeza xa que correr pola area provoca un desgaste extra ao que se suma a zona dos piñeiros que tamén ten o seu, comezando pola entrada en pendente.
Excelente organización e todo un espectáculo tamén as carreiras da xente miúda.
A mellor e máis bonita camiseta de todo o circuíto e da maioría das carreiras, medalla de madeira e ao entrar en meta froita, auga e ambrosía. E no dorsal un vale para unha empanadilla e bebida na barra.
Inchables e diferentes actividades para cativas e cativos, coa mascota Fesaurio, música en directo, retransmisión da proba por pantalla hiperxigante e pola web do evento.
A min encántame esta proba !!