Wed, 26 Jun 2024, 5:51
Post subject: Re: I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR (A GUARDA, 22/06/24)
Pois era un grupo doado de identificar, bastante variopinto: que lembre eu, había un portugués de Viana, un rapaz cunha longa melena, outro de Vigo, outro dun equipo de Baiona... e bueno, despois estaba eu, dun equipo que non adoita pasar desapercibido
(brutanzos team). Foi bastante entretido, cando menos compartimos un rato xuntos intercambiando miserias. Non lembro o da pista ancha, pero si chegar a xunto un da organización que ata chamou polo móbil para ver que facía con nós (estivemos un bo rato, eu lembro chegar a enfriar bastante coa néboa que había). Penso que, máis que falta de indicacións, o problema foi o cruce de camiños. Dos que estábamos alí, había uns cantos curtidos en mil batallas traileras como para pensar que foi culpa de despistes. Cando volvimos arrincar, asinouse un pacto de non agresión para chegar ata meta xuntos, pero tras un par de km cada un colleu o seu ritmo... creo que é superior a nós
E bueno, para o ano, non sei eu... teño todavía fresco eso de facerme 400km para un adestramento
Eso si, a pouco que aprendan dos erros de este ano, melloran seguro. O percorrido ten potencial.