Foros ›
Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
250 Posts

Reply with quote Post Sun, 26 Jul 2026, 17:19
Post subject: Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto

O vindeiro sábado hai organizada na Cañiza esta proba

www.caniza.org/es/actu...-en-caniza

É unha carreira de 14 quilómetros con perfil seica chanciño e por sendeiros máis unha andaina.

Alguén participou algunha vez nesta proba? Grazas!
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
114 Posts

Reply with quote Post Tue, 28 Jul 2026, 18:18
Post subject: Re: Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto

Nos últimos tempos estou prestando moita atención ó calendario das carreiras galegas, e non sei que me da que igual é a primeira edición desta carreira... Polo que vexo, non temos máis información do percorrido que a que pon no regulamento:

"DISTANCIA 14 KM, todo el recorrido está señalizado con cinta, en algunos de los cruces dispondremos de voluntarios. El 80% del recorrido es por senderos y pistas de tierra, dificultad técnica baja. AVITUALLAMIENTO LIQUIDO EN EL KM 5 Y 10 APROX"

A ver se a organización se anima a dar máis datos, pero non sei que me da que os que participemos iremos á aventura!

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
250 Posts

Reply with quote Post Tue, 28 Jul 2026, 19:38
Post subject: Re: Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto

Pois si, inscribinme eu tamén a aventura!! Jaja!! Pero as veces levas sorpresas moi agradables nestas aventuras...Veremos!!
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
114 Posts

Reply with quote Post Sat, 01 Aug 2026, 14:39
Post subject: Re: Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto

Ó final era verdade que a dificultade técnica era baixa e tampouco era un desnivel moi esaxerado (400m en 14,4km) pero para completar toda a distancia sen poñerse a camiñar nas zonas de subida, había que estar preparado e mentalizado! Logreino ata o km. 8, pero despois xa tiven algún momento no a camiñada era necesaria para non petar.

Percorrido moi chulo e corrible: subidas, baixadas, un pouco de asfalto entre aldeas, zonas pedregosas e ata un treito metido polo río. Como pasa en calquera primeira edición, sempre hai algún detalle a correxir, pero o balance é positivo (e co bocata de xamón final no concello do xamón, como para non!). Moi recomendable, a ver se continúa no calendario!

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
250 Posts

Reply with quote Post Sat, 01 Aug 2026, 16:18
Post subject: Re: Carreira e Andaina da Caniza. 1 de agosto

Coincido con Pepemamba. Un percorrido moi bonito e entretido con multitude de elementos que lle daban a súa chispa de diversión.
Eu non fixen boa escolla de zapas e fun coas de asfalto, penso que foi mala elección. Pero o certo é que na información aparecía que era 80% por sendeiros e eu pensaba que sería parecido a por onde adestro habitualmente que é o sendeiro do Lagares e polo que vou con zapas de asfalto. Pero nada que ver. Na Caniza houbo algunha zoa algo técnica, zoas de croios, outras de lameira e tamén de auga. Zoas de subida e baixada.
É unha proba diferente en distancia e percorrido que se sae das habituais 10km de moitas vilas e cidades.
Sendo a primeira edición evidentemente hai varias cousas que mellorar pero agardo sexa fixa no calendario e que manteñan o bocata de xamón!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum