Foros ›
V TRAIL FARO DE BUDIÑO (O Porriño)
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
253 Posts

Reply with quote Post Sun, 16 Aug 2026, 13:52
Post subject: V TRAIL FARO DE BUDIÑO (O Porriño)

Boas!

Deixo aquí o enlace para esta proba que parece volta a celebrarse despois duns anos sen organizarse. As prazas son moi limitadas polo que se queredes ser da partida, bulide!!

www.321go.es/Carrera/D...io?lang=gl
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
253 Posts

Reply with quote Post Tue, 29 Sep 2026, 5:50
Post subject: Re: V TRAIL FARO DE BUDIÑO (O Porriño)

No trsil estamos 52 persoas inscritas dun tope de 100. A verdade que imos in pouco a cegas xa que a, cando menos eu, non son quen de atopar información completa da proba. Queda ao lado da casa e darémoslle a oportunidade este sno!
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
253 Posts

Reply with quote Post Wed, 07 Oct 2026, 5:21
Post subject: Re: V TRAIL FARO DE BUDIÑO (O Porriño)

Ao fin pareceume interesante este trail a pesar de ser día caloroso. Non eramos moita xente, arredor de 70. Certo é que na información sobre a proba aparecía a distancia de 16km e +600 ao final acabamos facendo 17km e case +900. Poidera ser que tamén eu me equivocara nalgún momento de traxecto xa que a vez había andaina e proba de btt e se non estabas atento poderías equivocarte de balizaxe. Será algo que penso deben corrixir para vindeiras edicións.
A miña idea era desfrutar dunha mañá de monte e facer quilómetros dacordo co meu plan de adestramento pensando na Maratón de Donosti. De feito antes da saída xa fixera uns cantos quilómetros para completar os 22.5 que me tocaban nese día. O percorrido mete unha morea de acumulado nos primeiros quilómetros para paseniñamente voltarse máis dócil e levadeiro a medida que van sumánd9se no Garmin. E ao final, e sendo no Porriño, non podían faltar os callos!!
Agradezo o traballo da organización e agardo que se anime e haxa unha nova edición o vindeiro ano xa que sendo moi preto da casa de seguro irei!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum