Dom, 30 Xuñ 2013, 14:00
Asunto: Re: DESERTORES DEL CRONO
Boas Desertores!!!
Pois isto acabouse!!! Que tal vos foi?. Eu fun á carreira de San Pedro de Visma, a carreira máis duriña do circuito das carreiras de Coruña. Foi menos xente da que eu pensaba, polo número de inscritos no circuito da Coruña, pero inda fomos uns cantos. Se a carreira, xa de por si é dura, pois a calor axudou a que o fose inda máis. E iso, que cambiaron o horario con respecto os anos pasados, que era pola tarde, que iso si que era pasalo mal, porqué hoxe, inda había unha brisiña fresca no parque que axudaba a refrescarse.
E vos, que tal??. Coido que Adroq foi á Visma, inda que non nos vimos, Que tal che saiu?. É duriña, pero a que é bonita?.
E o resto do equipo que fixestes?.
Pola miña parte, felicitarvos á todos, pola grande empada que fixemos, e espero que os que estades escarallados, pois que aprobeitede-lo verán pra recuperarvos. E os que non, coma Adroq, que non se deixe, que faga algo durante o verán pra non perde-lo físico.
Eu inda non vou parar, vou ir á Cambados o domingo que ven, e despois inda está a carreira do Ventorrillo, do circuito da Coruña. E despois, marcho de medio vacacións, digo o de medio, porqué vou correr un maratón o día 20 de Xullo, e logo, si que pararei 10 días pra que as perniñas se recuperen. E no mes de Agosto, volverei ás carreiras, que ademáis, en Agosto vai haber algunhas carreiras preto de Coruña Mesía,: Volta á Oza, Santa Cruz e Cambre, e algunha máis que buscarei por ahí.
Bueno señores, xa iredes escribindo as vosas derradeiras declaracións da tempada!!!
Vamos Desertores, Á POLA PRIMEIRA!!!!
Agardo o mellor, e adestro pro peor.