Dom, 13 Set 2020, 19:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Resumo desta semana:
Seguimos cos problemas de conciliación, que a este paso van ser xa permanentes... Décadas de perfecta xestión doméstica en equipo están agora en horas baixas : O meu "preparador físico", utillero, apoio moral e tantas outras cousas, cumpre un mes de baixa por artrose, e todo pinta que vai ter que pasar polo quirófano.
Neste estado de cousas, multiplicanseme as horas de leira-gim, trail urbano para ir de compras e xestións, horas de pé en casa cociñado... Cousas que computan como actividade física que consume e desgasta.
O que me propuxen está semana foi tratar de "recargar batería", fortalecer as zonas que se van gastar, e que o balance quede compensado. A única ferramenta sinxela que teño para iso é a táboa de exercicios:
- 2 series de exercicios de reforzo de pés
- 3x3 de rutina de pesas(2kg en cada man)
- 1 minuto de reforzo de cuádriceps (sentadilla con lombo apoiado na parede e apretando balón cos xeonllos)
- 3 rutinas de exercicios de reforzo de glúteos
- 3 series de 50 abdominais
- 30 flexions e 1minuto de plancha con brazos extendidos ( isto último non sempre)
- estiramentos sobre esterilla ( lumbar, glúteos, isquios e xemelgos)
Normalmente lévame 35 minutos, e a intención é facelo a primeira hora da mañá. Pero non sempre me saen as contas.
O que si considero un éxito digno de mención é que despois de moito tempo, levo unha semana enteira facendo está táboa cada día.
Agora toca ir á segunda fase: Seguir facendo a táboa diariamente, e dous ou tres días á semana facer 5km de marcha, aos ritmos de 7 ou 8 km/h que conseguira ultimamente.
Cruzo os dedos e o vindeiro domingo seguiremos informando