Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 07 Feb 2021, 15:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Hoxe saín ás 8:30 da mañá. Está claro que cunde máis. Todo prácticamente deserto, de persoas e cans, ausencia de controis policiais, e polo tanto máis posibilidades de correr coa mascarilla baixada
Remata a semana con duas saídas de trote: 11.500 metros. Nada se o comparo cos 30.000 semanais de media antes da lesión, pero moito se os comparo cos 4.500 de semanas anteriores.

A ver se nesta vindeira semana podo manterme, xa non aspiro a facer máis.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 08 Feb 2021, 18:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Modo EGB on: progresa adecuadamente. Vas sumando mais do habitual dos últimos meses e eso e un no comenzó. Segue así e sempre positiva
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Feb 2021, 20:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Bravo Meiga. Por la mascarilla no te preocupes, yo creo que fuera de zonas muy transitadas, y fuera de hora no te iban a decir nada. Yo me encuentro constantemente con los municipales y ni me miran, también es cierto que evito el paseo marítimo y el centro.

11,5 km ya son kilómetros, estoy con Nando.

Un P.A. +++
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 08 Feb 2021, 22:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Contando las salidas en metros parecen unas barbaridades de rodajes. Y haces bien, cada zancada que damos ahora es un pequeño triunfo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Feb 2021, 17:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

DoctorSlump escribió:
Contando las salidas en metros parecen unas barbaridades de rodajes. Y haces bien, cada zancada que damos ahora es un pequeño triunfo.

Vale, Doutor. Como a día de hoxe (14 F en Catalunya) xa sobra xente que ande a manipular cifras, expresareime en km para non ir de sobrada.

Segundo o Garmin 15 km de carreira total nesta semana. En realidade 7,6 onte e 4 hoxe. O resto debe ser do que rexistra do desafío de pasos diarios. Que por certo, hoxe rebasei a barreira dos 100.000, e vaime quedando unha media de 9000 diarios. Esta ben sabelo, especialmente hoxe , que tocaba degustación de orellas e filloas. Que ben senta meter calorías no corpo sabendo que xa as tes queimadas de antes.

Censo de hoxe:
- Cinco paseantes de cans ás 11 da mañá, dous deles pasando de usar correas ( menos mal que non houbo incidentes)
- Un coche da Nacional e 2 motos no límite con Chapela. Tamén sen incidentes para mín (para o coche que estaba retido no control xa non sabería dicir)

Sensacións:
Sen ánimo de dar cobiza a ninguén, hoxe aquí facía calor, e ata saíu o sol nalgún momento. Entre iso e o vento de cara, os ritmos foron máis cochineros e asfixiados aínda que o habitual. Pero nada iso importa mentras o xeonllo non se inflame.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 15 Feb 2021, 7:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Todo suma Srta. Meiga, no lo desperdicie ni e haga ascos. Disfrútelo, acuérdese Ud. De cuando no podía ni salir y si lo hacía, era con mucho sufrimiento...
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 15 Feb 2021, 10:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Aplauso

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Feb 2021, 19:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Catorce días dan para moito.
E os excesos de Antroido páganse en Coresma.

Os trotes dos días 13 e 14 non tería traído mais consecuencias. Pero se a eso lle sumamos as horas de pe facendo orellas e filloas, os recados polo centro dos días 15, 16 e 17, trotando tamén algúns quilómetro de paso, porque total estabamos de boa racha... Ata que o 18 rachei. Ben, non de todo, pero comezaron a encenderse as alarmas de turno: Dor nocturno, pinchazos na zona interna do xeonllo, a sensación de ter unha goma apretada arredor da perna despois de medio turno de traballo de pe... Así que tocou parar, tomar Celecobix tres días, tratar de retomar as táboas de exercicios pola mañá (cousa que só logrei dous días en toda esta quincena)
O que si non deixei foi de contar os pasos diarios con Garmin , e aínda que só estiven apuntada 25 días no desafío que me propuxera Ghose, logrei facer en conxunto esa media diaria de 10.000 pasos, mitificada por uns e discutida por outros. Realmente eu sei que son un fedello, que non paro quieta, e que fixen moitos máis pasos, pero son unha toupa usando o Garmin para rexistralos. En fin, queda bonito iso valorar o que chegamos a facer cada día, por pequeno que sexa.

Esta fin de semana, coa chegada do sol , o corpo pedía volver a actividade. De momento só andaina, e evitar impacto na perna ata que vexa que non hai ningún sintoma. Así que retornei a dar un par de voltas , sábado e domingo, polo circuíto da Guía, cos seus 140 metros de desnivel, e unha costas empinadas coma as das pelis de San Francisco, e a volver a ensaiar esa técnica do que eu chamo andar ao estilo Groucho Marx. Curiosamente hai momentos en que vou igual de rápida marchando que cando vou trotando, o que da idea do nivel de rendemento atlético no que ando ultimamente.

O caso é moverse , e manter a articulación do xeonllo baixo control.

Censo de hoxe : Grao 8 de abarrotamento na "escala Sacapuntas". Demasiadas bicis de nenos e maiores, e cans e parellas da terceira idade pola zona , aínda que fose ás 11 da mañá. Non quero imaxinar como estaría xa na hora do vermut...
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 01 Mar 2021, 17:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
e a volver a ensaiar esa técnica do que eu chamo andar ao estilo Groucho Marx.

Vaya, creía que era yo el único que la empleaba.
Lo que tengo comprobado (corriendo también se puede adaptar ese estilo) es que viene siendo como un modo seguro contra lesiones. Esto es, tú notas unos pinchacitos en el músculo, unas tiranteces en el ligamento o fricciones en una articulación, pero te queda aún el trayecto de vuelta a casa, y no quieres parar el entrenamiento, pues, sin complejo de ningún tipo, te pintas unas espesas cejas y bigote metafóricos, y sales finisher del apuro.
Son truquitos que da la experiencia.
De todos modos, tranquila, no te voy a disputar la patente. Mr. Green



Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 02 Mar 2021, 5:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
logrei facer en conxunto esa media diaria de 10.000 pasos, mitificada por uns e discutida por outros.

Aplauso

Non sei a ti (a vós), pero eu cando estos días daba así o sol pois era como se me cambiase o ánimo Chupete ... aínda que en realidade todo fose igual que cando fai frío/chove. Non che pasa que o tempo inflúe nas ganas de facer cousas? Xa non digo desto do "deporte", en xeral.

e si, esos 10000 son un número como outro calquera, pero veñen a significar, de media, que "estás activa". Pero estos números, como moitas outras cousas, veñen do que fan os "americanos", que alá todo está lonxe e pillan o SUV para todo (seica) e non andan moito (ou nada).

Por outra parte... Pensando eu creo que o reloxo cóntache os pasos sen facer nada, ven activado de serie. E tes un "desafío" personalizado, que te xunta automáticamente con persoas do teu nivel, que igual é máis acaído, sen comparacións con xente que fai o que tres veces ti. A mellor comparación sempre é con un mesmo Guiño e a medio plazo, sen cambios bruscos nas tendencias (na miña opinión).

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 07 Mar 2021, 19:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose escribió:


Non sei a ti (a vós), pero eu cando estos días daba así o sol pois era como se me cambiase o ánimo Chupete ... aínda que en realidade todo fose igual que cando fai frío/chove. Non che pasa que o tempo inflúe nas ganas de facer cousas? Xa non digo desto do "deporte", en xeral.

Efectivamente, a min tamén me pasa. Tanto é así, que está fin de semana doume o subidón, e metínme entre sábado e domingo unha sesión de " leira gim" intensiva de desbroze do xardín e arredores, sesión de lavado de coche, e un par de trotes ata as Catro Pontes, xa con equipaxe de primavera.
Parece que o xeonllo esquerdo volve á súa nova normalidade... O que deu molestias foi o piramidal dereito, despois de case dous anos de silencio absoluto, pero son tantos anos de trato e coñecemento mutuo que ni me preocupa.
A ver que da de sí esta vindeira semana
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Mar 2021, 18:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Remata unha semana igual cas anteriores:
-Táboa de exercicios: 0
-Andaina: 6,78 km do luns + 3 km do venres indo de recados polo centro
-Trotes por asfalto : 2 x 4,45 km, sábado e domingo pola ruta habitual das 4 Pontes ida e volta, co ritmo medio de 5:50 que toca a estas alturas da vida.

No medio destas repeticións inexorables , unha importante variación : Zapatillas novas.

Todos aspiramos a historias de amor que duren eternamente. Eu amaba , e sigo amando ás New Balance 820 que estreara en setembro de 2019. Adaptábanse perfectamente ás plantillas , como ningunha outra zapatilla ata o momento. E ese axuste foi clave na recuperación da lesión. Daban un andar estupendo, e así están de gastadas, pobriñas.

Tratei por un par de veces que me conseguiran o mesmo modelo na tenda habitual. Pero polo visto teñen problemas para conseguir esa marca e esa talla (a eterna leria de calzar un 36 ou 36 e medio...). Así que me deixei aconsellar, coma outras veces, fiándome da persoa que sempre me atende, e que de correr sabe abondo. Acabei por levarme unhas Brooks Ghost 13, talla 36 e medio.

Na tenda parecían ir ben. E son cómodas no pe , pero está claro que tiña que ter conseguido un número 36, xa que as plantillas quedan pequenas e tenden a desprazarse cara atrás en cada pegada. Hoxe fixen un apaño, unha especie de cuña no talón para que non se despracen , pero non funciona gran cousa, terei que pensar noutra solución.

Outra tema que non me acaba de convencer é a tendencia que teñen a escorregar nas zonas de asfalto moi empinadas e húmidas , que aquí na favela aparecen sempre nalgún que outro punto dos percorridos.

Non empezamos con bo pe estas Brooks mais eu. A ver se é verdade aquelo de que o roce fai o cariño...
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 15 Mar 2021, 18:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

As veces o roce, fai ampollas. Mide o pe así, non terás mais problemas a hora escolleras zapatillas sexa cal sexa a marca. Moito ánimo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Mar 2021, 18:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Balance semanal:

Luns 15 pola tarde: 5 km de andaina urbana a ritmo variable, pero vivo.

Venres 19 : 4,4 km de trote polo circuito habitual das Catro Pontes. Un apaño na zona traseira das Brooks para que as plantillas non andivesen a bailar. Parece que funcionou. Entre iso e o aire fresco do nordés, saíu o ritmo un pouco menos agónico que outras veces, rebaixando o crono en 1 minuto respecto á media.

Domingo 21: Por aquelo de variar un pouco, decidín facer o circuíto ao revés, plenamente consciente de que a orde dos factores ía facer variar sensiblemente o producto: Non é o mesmo facer o último km pola Avenida de Galicia que pola Baixada a Ríos subindo ( os que coñecen Teis saben do que falo). Con todo, apetecíame probar.

O ortodoxo e desexable sería facer respiracións longas sempre, aínda que ás veces queda forzado nesta miña montaña rusa. Hoxe o corpo negouse, e saiu en case todo momento ao que eu chamo "ritmo de vals", que da inspiracións máis curtas e numerosas por minuto... Non é o mellor, pero foi o que fixo posible subir sen poñer pe a terra a costa de Ríos, vals épico e solemne , coma se o fose coreando Leonard Cohen detrás da orella. ... En 26 minutos e medio, ritmo de 5:50 , non moito máis lenta ou forzada ca outros días. Así que obxectivo cumplido, máis ou menos


Última edición por Meigalicix o Dom, 21 Mar 2021, 20:30; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Mar 2021, 19:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Cohen da el punto justo para no pasarse en plan Metallica, y también para no desanimarse, porque era una máquina. Buena elección Meiga:

www.youtube.com/watch?v=O_XcMAGZjuY





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos