Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 03 Out 2021, 20:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 27 de setembro ao 3 de outubro

A saudade deixou de selo para converterse en obxectivo: Xa hai data para a San Martiño. 14 de novembro, se algún xiro inesperado do destino non o impide. Só 2000 prazas, e non se sabe a data de apertura de inscripcións. Espero que non pase como na C10.

De momento a miña axenda semanal segue sen variacións. É dicir, conciliación imposible pola semana, e na fin de semana só un entreno.

Iso sí, a saída de hoxe cundiu de abondo. 49: 01 minutos para facer o circuíto de Chapela, que ultimamente saía en 51 ou 52 minutos. E o máis interesante , se o Garmin di a verdade, é que os 3 km centrais do entreno saíron a 4:55, 4:59 e 4:54. Certo que que foi nas zonas de costa abaixo despois do alto da Encarnación, pero anima bastante saber que podo facer algo así durante ese tempo. O ritmo medio de todo o entreno foi de 5:31. Xa firmaba plenamente por algo así para o 14 de novembro (se consigo dorsal...)
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Out 2021, 13:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:


Espero que non pase como na C10.


¿Lo dices por las pocas plazas, o porque os exijan a última hora (una vez pagada la inscripción) una PCR a cuenta propia?
La mafia de las carreras en Lacoru es especialmente patosa.
Espero que consigas dorsal, y lo consigan los diaristas fijos de esta competición, que sois moitos.
Creo que en el estraperlo, los dorsales van a estar a 150 euros. O mejor, si consigues uno, véndeselo al Papa por 150 euros, que a lo mejor los paga con el mono que tiene de carreras.

Buenas medias, Meiga. Tensa calma, cuida las lesiones, que llegas fijo. Menos sachar y más estirar.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 18 Out 2021, 15:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 4 ao 17 de outubro :

Nin estiramientos, nin rutinas, nin máis de un entreno semanal.
O cal non significa inactividade. O luns día 11, por xentileza das comercializadoras de auga e luz, e dos bancos e caixas de aforros, marqueime un trail urbano por etapas que o final do día dou un montante de 15 km.
Outros días houbo de sendeirismo de verdade, como a saída polo río Fondón o venres 9, ou este pasado sábado entre a Rogueira e a Seara polo Caurel, aínda que comendo de bocata ao mediodía e xabarín con castañas pola noite, a ganancia de dous kg que me trouxen non ha de ser de masa muscular.
Comeza unha nova semana. E xa hai data da inscripción para a San Martiño. E polo visto hai data tamén para Apocalipse final de CeG...
Suponse que isto debería ser como unha descarga eléctrica, algo que me fixese erguer o cu do asento en cuestión de milisegundos e facerme pasar de inmediato a algún tipo de acción.
Pero o único "apresuramento" do que é capaz o meu corpo con estes horarios de traballo e ventanilla, e algo así como un son de Mono Blanco.
En fin, que calquera fin do mundo nos pille bailando, correndo ou ámbalas dúas cousas

youtu.be/4rs2KGFx304


Última edición por Meigalicix o Lun, 01 Nov 2021, 20:28; editado 3 veces
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 18 Out 2021, 17:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

Pero o único "apresuramento" do que é capaz o meu corpo con estes horarios de traballo e ventanilla, e algo así como un son de Mono Blanco.
En fin, que calquera fin do mundo nos pille bailando, correndo ou ámbalas dúas cousas

youtu.be/4rs2KGFx304



Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 22 Out 2021, 14:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

É venres. Fai sol. Aínda podo facer sobremesa no patio da favela.
A páxina de CeG non se foi ao garete hoxe. Pode que o faga mañá ou pasado. De momento estou aquí celebrando estas circunstancias comendo pastas e bebendo licor de moras de elaboración doméstica.
Esta mañá abriron as inscripcións da San Martiño, e xa van cubertas a metade das prazas. Temos tanta fame de carreiras que tragamos con todo, test, bozais, escalonamento de saídas ... Eu a primeira, non teño reparo en confesalo publicamente.
Quedan 22 dias para o evento. Para min o primeiro despois da lesión e da pandemia.
Sigamos celebrando con licor e galletas. Xa mañá e pasado calzarei as zapatillas e farei os deberes, coma unha boa estudante da ESO...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Nov 2021, 21:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 18 ao 31 de outubro :

Cada que ten a súa kriptonita particular. Algo que che colga do pescozo e che anula a vontade .
No meu caso as idas voltas constantes de ventanilla e chamada telefónica entre comercializadoras de luz e auga, fontaneiros, electricistas, contratistas ... As poucas horas que podía ter cada día para poñer as zapatillas vanse indo por ese burato negro, e cando por fin queda algún momento, a mente non controla ao corpo, e este se empeña en tumbarse no sofá, esquecerse de todo vendo series e tomando galletas mais crema de cacao.

Así que só queda tempo para un plan de emerxencia in extremis : Asegurar un mínimo de 6 a 7 saídas en días alternos antes do 14 de novembro.

De momento , xa van dúas feitas: Onte domingo, acompañando a Nair na súa penultima saída antes da maraton de Oporto. Hoxe eu soa, sen obxectivos nin presa, co garmin sen bateria, e explorando os avances, e freadas, das obras da vía verde entre Chapela e Teis.

Agora o plan queda do seguinte xeito:

Día 3 - Entreno ás 7 da mañá
Día 4 - Táboa de abdominais e glúteos
Día 5 - Entreno ás 7 da mañá
Día 6 -Táboa de abdominais e glúteos
Día 7 - Entreno ás 7 da mañá
Día 8- Táboa de abdominais e glúteos
Día 9 - Táboa de abdominais e glúteos
Día 10 - Entreno ás 7 da mañá
Día 11 - Táboa de abdominais e glúteos
Día 12 - Entreno ás 7 da mañá
Día 13- Viaxe Ourense e recollida de dorsais
Día 14- Carreira da San Martiño

Pegareino na parede, a ver se así funciona
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Nov 2021, 9:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Danos permiso para increparte si no lo cumples. Y ya verás como lo cumples.

Pero, a raíz de tu comentario, he descubierto miles y miles de videos de "motivación deportiva", en los que sudores color fosforito, cuerpos perfectos, y rostros de ébano dan rienda suelta a una carcajada nivel 9. No me identifico con ninguno, porque ninguno tiene canas, ni pantalón roto, ni 3 dioptrías... y hacen cosas del Circo del Sol, pero, cuando te den las 7 de la mañana y te de la vagancia, sólo tienes que ponerlo (el video), y ya te quedas en la cama definitivamente CON justificación.

www.youtube.com/watch?v=TKEuJ-P1jRE

Mejor danos permiso para el insulto.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 02 Nov 2021, 12:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Danos permiso para increparte si no lo cumples. Y ya verás como lo cumples.

Pero, a raíz de tu comentario, he descubierto miles y miles de videos de "motivación deportiva", en los que sudores color fosforito, cuerpos perfectos, y rostros de ébano dan rienda suelta a una carcajada nivel 9. No me identifico con ninguno, porque ninguno tiene canas, ni pantalón roto, ni 3 dioptrías... y hacen cosas del Circo del Sol, pero, cuando te den las 7 de la mañana y te de la vagancia, sólo tienes que ponerlo (el video), y ya te quedas en la cama definitivamente CON justificación.

www.youtube.com/v/TKEuJ-P1jRE

Mejor danos permiso para el insulto.

Desde cando hai que pedir permiso neste furancho , onde a libertade de expresion é a lei??

(Espero non ter que arrepentirme destas palabras Sorriso )
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 11 Nov 2021, 23:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Case ás portas do domingo día 14, toca facer un repaso do plan , e ver se pasa a ITV

Día 3 - Entreno, que estaba posto para ás 7 da mañá , e acabou sendo ás 8:30, a paso de tartaruga coxa.
Día 4 - Táboa de abdominais e glúteos, na súa version reducida
Día 5 - Entreno, trasladado tamén das 7 ás 8 da mañá, e igual de lenta
Día 6 -Táboa de abdominais e glúteos
Día 7 -Abducida pola situación doméstica e laboral. Nin entreno nin táboa, e primeiro pinchazo
Día 8- Entreno reducido ao circuíto das 4 Pontes ida e volta, menos de 5 km
Día 9 - Táboa de abdominais e glúteos mini
Día 10 - Segundo pinchazo, Entreno cancelado por falta de tempo , substituído pola táboa mini de exercicios
Día 11 - Táboa mini outra vez
Día 12 - Aínda estou a tempo de facer un último entreno decente

O aprobado ou o suspenso, esperarei a adxudicalo ata o domingo pola tarde...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Nov 2021, 16:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Apúntate un sugus Meiga. He hecho la comparativa y te doy un más que aprobado. Además, como buena alumna de BUP, cada desvío o falta la justificas, pero te has ceñido al guion. Hay que ser justos. NO nos da pie a insultarte.

A ver la crónica del domingo y el conejo de la chistera que saca un ritmo de 5:03.

Como quien no quiere la cosa.

Vamos a no presionar demasiado.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Nov 2021, 21:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "44 Carreira pedestre popular San Martiño "

Despois de dous longos anos, o caso era volver.

Se cadra volver como Gardel, coa alma aferrada a un doce recordo , sentindo que é un soplo a vida.
Ou volver como Vicente Fernández , co corazón alborotado e disposto a saber perder.
Ou como Sergio e Estíbaliz, reiterativos no asunto, sen que importe que alguén vaia dicirnos que temos xogado e perdido, e pese a todo hai que volver para desandar o mal andado.
Tampouco estaría mal facelo ao estilo Eddy Grant, cun coro alegre que nos fose cantando "Baby , come back " segundo fósemos chegando, pero sendo como é o público de Sparkland, iso xa quedaba descartado de entrada.

Todo transcurriu dun xeito máis normal, pero coa súa dose festiva habitual.

Estivo ben volver a ver a Isaías. Igual de ben estivo poder facer a Carmafoto de rigor cos outros catro compañeiros de equipo que eran da partida. Non din visto a Papa-Léguas e Matogrosso, por moito que din voltas preto do Nexus. Con tanto labirinto de vallas ao redor, e o caos no redil a partir da 3 entrada escalonada, tampouco estaba fácil a cousa. A quen si vin foi a Baoes, pouco tempo despois do primeiro paso pola Ponte Vella.

Sensacións? Primeiramente de frío, pero iso para min é sempre bo, corro máis cómoda. Desde a saída ata pasar a Avenida das Caldas ía como de baixón e media "pájara", supoño que a falta de costume. Pero a base de sacar "gominolas enerxéticas" do peto, fun tirando a un ritmo que intuía aceptable. Digo que intuía, porque o Garmin ía sen batería case, e o tiña e función reloxo, sen conectar o GPS.

Por 3 veces ao longo do percorrido atopei inocentes grupiños de nenos e nenas ofrecendo a man extendida para saudar. E con gusto lles tería marcado coa miña, pero por se acaso caía unha multa por saltarme o protocolo COVID, mantiven a distancia, iso sí, devolvendo o saúdo e agradecendo efusivamente. Hai que coidar a canteira sempre.

Como quen non quere a cousa, xa me vin pasando o último agobio pola costa de Francisca Herrera, rematando o último kilómetro, e desenfundando de novo a mascarilla para pasar polo arco. Non lle fixen demasiado caso ao cronómetro oficial nese momento , porque con tanta saída escalonada daba pereza poñerse a calcular alí os tempos brutos e netos.

Media hora despois, xa de volta ao campamento base, duchada e acicalada, tocou consultar na rede os resultados.

Na categoría de velloucas + 55, quedou merecidamente de 1ª a miña "ex-archirrival" , cun tempazo de 47 minutos.

Os meus resultados:

1128 de 1567 persoas chegadas a meta
144 de 340 na xeral feminina
7 de 18 na categoría de veteranas D
E o resumo dos cronos:
KM 5 1133 F-148 MSEF-7 05:29 -- 00:27:27 -- 5000 m
KM 8 1122 F-143 MSEF-7 05:25 -- 00:43:19 -- 8000 m
META 1128 F-144 MSEF-7 05:25 -- 00:54:14 -- 10000 m

Nada dese ritmo supersónico de 5:03 que vaticinaba Freaky. Esas cousas só logrei facelas nesa outra vida anterior á lesión e a pandemia, e para iso en carreiras de menos de 5 km, nunca nunha de 10.

Pero creo que gañei o aprobado , e con marxe.

Agora a descansar coa conciencia tranquila, deixando que o xeonllo esquerdo recupere ben moitos días, e a pensar xa no senguinte obxectivo .

"Porque yo lo valgo" aínda que non use Loreal. Sorriso Sorriso
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 15 Nov 2021, 17:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Crónicas da favela: "44 Carreira pedestre popular San Martiño "

Despois de dous longos anos, o caso era volver.

Se cadra volver como Gardel, coa alma aferrada a un doce recordo , sentindo que é un soplo a vida.
Ou volver como Vicente Fernández , co corazón alborotado e disposto a saber perder.
Ou como Sergio e Estíbaliz, reiterativos no asunto, sen que importe que alguén vaia dicirnos que temos xogado e perdido, e pese a todo hai que volver para desandar o mal andado.

Un tanto melancólica de más esta introducción para mi gusto. Yo sé bien que ese tono vende mucho desde el punto de vista poético, pero no hace honor a la realidad.
La realidad es la de una Meigalicix que ha sorteado la pandemia con solvencia y que ayer se codeaba con gente muy capaz, independientemente del hecho de que todos hemos pegado un bajón mayor o menor, y que muchos prácticamente, como después de un ictus, estamos teniendo que volver a aprenderlo todo desde cero. Bueno, si acaso me he pasado un poquito con la metáfora. Que lo cortés no quite lo banal.

Y digo esto porque te hemos visto en nuestro vídeo y en las fotos, ya que, efectivamente, como has señalado, físicamente se complicó mucho la cosa, aparte de que llegamos a la salida con la hora pegada al culo. Puntualidad británica de todocolección.
El próximo San Martiño, quiero pensar, ya no habrá tanta impedimenta en la forma de postureo político-sanitario, a todas luces inservible.

Mi aplauso a tu excelente carrera y crónica.
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Nov 2021, 18:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Yo lo mismo que El Maestro. Felicidades Alicia. Sentí perdermela
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Nov 2021, 14:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Si hubieses hecho ese ritmo hubieses quedado de segunda en la categoría. Un 7 de 18 te coloca en la mitad más mejor.
Puedo dar fe de que te has sacado el conejo de la chistera con ese tiempo. Pocos entrenos con ese ritmo has reportado ultimamente.
Bravo Meiga.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Nov 2021, 21:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 15 ao 21 de novembro

Descanso case total.
O martes fixen andaina de ida e volta ao Calvario aproveitando a visita á físio. Unha de cal e outra de area. Deixoume as pernas doentes de tanto masaxe de recuperación, pero ó mesmo tempo regaloume os oídos con toda clase de música celestial : Os piramidais perfectos e no seu sitio, e a rotación de cadeira correxida a uns niveis que nin ela misma contaba, tal e como me colleu ao comezo ( alá por febreiro de 2018). Segundo ela, todo grazas ás plantillas apropiadas.
Ata aí, xenial.
Pero co paso dos días, e as horas sentada no traballo, ou de xeonllos en certas actividades, fixeron volver esa sensación de trabadura de can arredor do xeonllo esquerdo.
Así que hoxe domingo, de mañá luminosa (aínda que non tanto como o centro de Vigo pola noite), calcei de novo as zapatillas, pero para facer marcha, na ruta habitual da rúa Arnela, Ríos, A Guía e a Oliveira. Máis ou menos 6 km en 42 minutos.
O caso é queimar calorías para non oxidarme, e seguir comendo feliz todo o que me pete sen cargo de conciencia.
De momento non teño máis obxectivos.
Hai unha semana igual faría cálculos cara unha posible volta ao calendario da 10k de Teis, ou algo así... Pero despois de todo o que se volve a falar de repuntes, incidencias acumuladas e hospitalizacións, xa non me atrevo a pensar a medio prazo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos