Foros ›
Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña
Forum Index / Kedadas e grupos
Reply to topic

Author
Message
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1332 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 30 Dec 2018, 23:43
Post subject: Re: Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña

Comparto no fío de montaña do clube a miña primeira experiencia nun trail! Smile

II Trail San Silvestre de Lousame - Minas de San Finx

Levaba tempo con ganas de probar e facer un trail, así que animeime a facer este, xa que tanto por datas como por momento sen ningunha carreira que me interesante me viña moi ben. Había dúas modalidades, curta de 16km e longa de 24km. Non tiven duda en escoller o trail curto, primeiro probar e ver que tal, logo xa virán os malabares xD Alí atopeime cos compañeiros de equipo Kmpon666, Lete e Sanmikel.

A saída fíxena con Sanmikel e fun diante del ata o km 1'8, onde había a primeira baixada de verdade. Aí dinme de conta de que isto era un trail e que diso de correr e ir cómodo nada de nada. Adiantáronme 4-5 corredores, entre eles Sanmikel.

Xusto despois, no km 2, chegaba a subida dura do trail (3 km). Comecei sen andar, collendo a xente e volvendo a xuntarme con Sanmikel. Pero iso non tiña sentido. Se todos andan, por algo será. Así que comecei a intercalar andar con correr. Nun descansillo as pernas xa están molidas e pese a ser un falso llano en baixada, deixome levar tranquilamente. Sanmikel alónxase e outros corredores pásanme. Continúo alternando correr con andar ata o km 5, onde remata a subida.

Baixada do km 5 ao km 9 e pico . As pernas necesitan respirar, non están acostumadas, e tómome con calma eses quilómetros. Vou con moito coidado. Era consciente de que ía lento. Algúns corredores pásanme como motos, pero eu sigo o meu ritmillo "me siento seguro" jejeje Do km 9,5 aprox ao km 12, polo río nunha zona rápida pero bastante técnica no cal rodamos un grupiño de 4 corredores. Non sei como non fun ao chan varias veces, pero ao ir os catro xuntos permitíame manter o ritmo e por primeira vez ir rápido. Na parte final dese tramo e antes da subida do km 12, aparece algún salto (para min) complicadillo e perdo metros. Ademais as pernas xa non andan áxiles. Dende o km 12 ata o km 15 unha tendida pero longa subida, na que sufro bastante e cóllenme bastantes corredores. A partir de aí baixada, durante a cal nos separamos dos do trail longo e xa enfilamos meta.

Tempo: 1h32'41"
Posto: 30 de 217


Conclusións do meu primeiro trail:

Rematei coa sensación de ter asistido a unha clase na que non deixei de recibir información, na que alucinei con como os alumnos aventaxados baixan a esas velocidades e sen matarse, na que tamén aprendín que andar non é malo e, o máis importante, na que por momentos disfrutei como un enano! E digo por momento porque non vou negar que houbo partes nas que ía destrozado (sobre todo na subida final) ou nas que ía algo tenso por non matarme. Pero gustoume. Marcho con ganas de repetir e de ir probando cousas. Imaxino que a medida que vaia aprendendo e collendo confianza para correr certos tramos, disfrutarei moito máis.

Tamén penso que paguei un pouco a inactividade dende que corrín na ponte de decembro a Solidaria de Bembrive, dende a cal case non corrín, e por iso sufrín tanto na parte final. Entre iso e ir con coidado, houbo momentos nos que fun bastante lento penso para o que podería ir. Pero como comentaba, creo que se algo me vai gustar do trail, non vai ser precisamente ir rápido nin pretendelo.

Por certo, felicitar a Sanmikel pola súa gran carreira! 12º do trail curto habendo moito nivel. Como referencia, quitoume nove minutos cando no km 3 íamos xuntos.

E ata aquí a crónica do meu primer trail! Bailar
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
555 Posts

Reply with quote Post Wed, 25 Dec 2019, 12:01
Post subject: Re: Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña

Hoxe compartimos a crónica de Kmpon666 no Ledechem Trail Amigos da Montanha 101k!


Despois de uns anos de apredizaxe, e de acumular experiencia en carreiras curtas, e outras máis longas, para este ano 2019 reservara o meu estreno, e punto final, na distancia entorno ós 100 kilómetros. O trail que organiza o clube Amigos da Montanha en Barcelos, presentábase como a ocasión ideal, por ser unha carreira “amable”, na que se pode avanzar máis fácilmente que en outras probas de mayor dificultade técnica.Así pois, para Barcelos marchamos Míllara, Alfonso, Jorge, Ramiro e máis eu, na tarde noite do sábado. Saímos ás once da noite, hora local, con choiva lixeira e algo de fresco. O ritmo de saída sorprendeunos. xa que en douscentos metros xa nos quedamos rezagados, e prácticamente derradeiros da carreira, pero tiñamos claro que o ritmo habiámolo marcar nós, e que moitos dos que ían por diante, acabarían caendo no transcurso da proba. A carreira comparte o percorrido do ultra de 69 kilómetros, que xa fixera o ano anterior, polo que o coñecía bastante ben, e engadía un bucle de 32 kilómetros, aproximadamente para completa-la distancia, pasando un par de veces polos mesmos camiños, aínda que en sentido inverso. Xa que logo, tiñamos por diante moitas subidas, aínda que de escasa lonxitude, algunhas con bastante pendiente, e baixadas nas que se podía recuperar tempo e mesmo disfrutar. O terreo non tiña moita tecnicidade, según eu lembraba, pero este ano cambiaban un par de aspectos: a distancia, e a fatiga acumulada por pasar toda a noite esperto; e a climatoloxía, xa que a choiva non nos dou tregua ata o mediodía, e o frío que nos acompañou en boa parte do percorrido. Así pois, a lama, a pedra esbaradiza, os camiños inundados, fixeron que en motias partes o ritmo de avance fose menor do esperado, e as dificultades para manterse en pe estivesen á orde do día en moitas ocasións.


A noite fíxose dura por mor da choiva e do frío, e porque mirar durante oito horas coa luz dun frontal non é moi sano para o cerebro. Tampoco axudou que os avituallamentos estivesen moi espallados entre sí, nin que ó chegar a eles, apenas quedase algo quente que meterlle ó corpo. Quizáis esa foi unha das causas que provocou o abandono de Míllara, que decidiu non continuar, e se quedou no kilómetro 48. Os demáis seguimos avanzando, xa coa luz do día, para chegar á base de vida na que poñer roupa seca, toda unha gozada despois de case que once horas de molladura. No seguinte tramo de carreira, Ramiro non conseguiu atoparse cómodo, e no seguinte avituallamento, logo de tomar sopa e bifana para recuperar forzas, e algún a súa cervexa negra para o espírito, separámonos, por un lado, Jorge e máis eu, que saímos antes, e Alfonso e Ramiro, que virían por detrás.


Nós arrancamos con forza, na subida ó monte do Emigrante, no que fixemos escalada mais que carreira. Logo atopamos un tramo no que puidemos correr un bo anaco, e recuperar tempo, que falta nos había de facer para non chegar fora de control á meta. Logo do seguinte avituallamento, no que este ano non había hamburguesa (moi mal non avisar de esta circunstancia no regulamento), comeza o tramo máis duro, ó meu entender, polos kilómetros xa acumulados, e porque tocan dúas subidas consecutivas, enlazadas por unha baixada curta, na que non da tempo a recuperarse do primeiro esforzo. Ademáis, o derradeiro cortalumes e moi vertical, e hai que chegar con bo espírito a él para non flaquear. Sorte que non ten moita lonxitude, e que una vez rematado, xa se chega a capela que coroa o monte. Dende alí afróntase unha longa baixada, bastante técnica o principio, que logo suaviza, e permite correr, a pesares da cantidade de auga e de pedra que nos atopamos. Aquí xa tiñamos claro que habiamos entrar en tempo, pero a intención era a de chegar canto antes á meta, polo que seguimos empuxando. Teño que dicir que, de non estar Jorge alí, o meu ritmo sería moito menor, pero, gracias ó seu empuxe, conseguín apretar case que ata o final. Porque, unha vez que chegamos ó casco urbano de Barcelos, xa non tiña máis de onde sacar forzas, e fixemos esta parte con máis calma, para conseguir entrar en meta logo de 19 horas e 22 minutos, onde nos agardaba Fernando, aburrido de tantas horas alí tirado. Sinto non poder chegar antes.


Marchamos para a ducha, para que non nos collera o frío, e a alegría veu ó saír da mesma, coa chegada de Ramiro e Alfonso, que conseguirán entrar en meta dentro do tempo máximo establecido. Se duro foi para min, que me atopei ben durante todo o camiño, máis duro tivo que ser para Ramiro, que se soubo sobrepoñer ós malos momentos, para acadar o seu obxectivo.

En resumo, unha fin de semana que lembrarei con cariño no futuro, da que seguro que sacarei moitas conclusións positivas, e que me axudará a superar malos momentos que virán, tanto no mundo das carreiras, coma no mundo real.

Un placer compartir kilómetros con vós, compañeiros.



Last edited by carmarisqueiro on Wed, 25 Dec 2019, 12:03; edited 1 time in total
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
555 Posts

Reply with quote Post Wed, 25 Dec 2019, 12:02
Post subject: Re: Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña

Desta mesma carreira, os 101 km de Barcelos tamén temos a crónica do mítico foreiro Agüita!


Fai case un ano, cando Ivan entrou en meta na edición 2018, comentaronlle a posibilidade de que a proba no 2019 tivera 100kms, e sin dudalo dixenme que se asi era, ese era o obxetivo do ano: o meu avó, por parte de pai, era de Barcelos

Asi foi como me encontrei a 23h da noite do 16 de novembro en Barcelos, coa mellor compañía que podía imaxinar: Jorge, Alfonso, Cesar e Millara, botamos de menos a Ivan que se perdeu a cita por lesión.

Como resumir 19 horas e 58 minutos?, mui complicado, muitas sensacions, muito sufrimento e muita alegría

A noite era desagradable: chuva e nevoa, non facia muito frio, gracias a ausencia de vento, as bromas e os chistes ían acompañando os kilómetros, os compañeiros sempre preocupados de que eu non quedase descolgado do grupo.

Momento triste co abandono do compañeiro Millara por problema estomacales

Hasta aproximadamente o km70 iamos os 4 xuntos, ainda que eu insistían en que continuaran eles, pois estaba a pasar malos momentos e dudas con respecto o meu rendimento; nunca podrei agradecerlles o que fixeron por min, Cesar e Jorge continuaron xuntos, e Alfonso quedou conmigo, de ahi ate meta xuntos.

Problemas de cuádriceps, e dor na rodilla esquerda, impedianme trotar con comodidade; renqueante, e animado por Alfonso, íamos o trote, donde se podía, e a camiñar nas subidas, ate que o final dunha subida paro pra quitarme pedras das zapas, e recordome dun ibuprofeno que levo na mochila, tomoo e tamen un gel con cafeína, pouco a pouco voume olvidando da dor de rodilla que me impedia baixar con comodidade, os trotes xa se ían facendo mais largos


A cada hora que pasaba facia cálculos de tempo e distancia que nos quedaba: 5 km/h da para chegar, pensaba eu, cando apareceron unhas subidiñas de carallo, e ahí pensei que xa era imposible chegar nas 20h, pero eu non ía desistir, ainda que fora en 21h, tiña que chegar.

As molestias xa non facian acto de presencia, e seguiamos descontando kms e tempo, o que antes parecía imposible, volveu tornarse posible, e aferremei a esa posibilidade, Alfonso seguia animándome e decindo que chegavamos en tempo; os últimos kilómetros eran de dalo todo, nin a lama nos paraba, aqueles kilómetros vendo as luces de Barcelos o fondo facianse interminables, a emoción nos meus ollos non deixaba que a miña voz pudera agradecelle a Alfonso o seu apoio, ate que a recta de meta se asomou a miña frente, un grito saeume do mais adentro, e outro mais a escasos metros, deixome cair de rodillas na alfombra de meta, bico o chan e levanto os brazos o ceo, sei que meu pai esta ali, o meu avo, o cal non chegeui coñecer, tiña cumprido o obxetivo: rematar unha proba de 100kms, nun lugar especial: Barcelos, non podía ser noutro sitio

Gracias a Millara por estar esperandonos e rexistrar o momento, abrazos o compañeiro Alfonso, chamada a Pili: case non podíamos falar, os dous a chorar.


O reencontró cos compañeiros Cesar e Jorge, que xa tiñan rematado en 19h e 32min, cear bacalhau, brindar con Superbock, e volta pra casa

Sen duda esta carreira e para Pili, a cal sufriu dende a distancia, apoioume e confiou en min, aparte de aturarme todolos días, e para a miña filla Andrea a cal tamen, na distancia, estaba pendente de min.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
555 Posts

Reply with quote Post Sat, 18 Jan 2020, 11:47
Post subject: Re: Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña

Ata cando se felicita o aninovo?

Pois neste fío de Correr en Galicia, ata hoxe mesmo!

Nestas semanas de Nadal e tamén resaca navideña, as nécoras seguiron adestrando e competindo. Tamén tivemos varias incorporacións, ás que damos a benvida, e algunhas despedidas, ás que lle desexamos o mellor! E como non, estivemos pola montaña!

Deixámovos aquí a crónica de Kapioviedo sobre o Trail Castañeru:

"Trail que suele dar pistoletazo de salida a las carreras asturianas hace ya unos años. Trail de 12 km bastante fáciles y sobre todo simple. 6 km de subida 6 de bajada, la subida con unas vistas preciosas al embalse de rioseco (sobrescobio).

Sensaciones no muy buenas después de mi semana fastidiado de la espalda y el inicio de una gripe, lo bueno es que el tobillo que hizo que me perdiese la última carrera del año haya por octubre no me dio muchos problemas ( eso sí con un buen vendaje). Carrera perfecta para iniciarse en el trail."


Kapioviedo

Queda inaugurado así o novo ano 2020 neste fío! Aplauso





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum