Thu, 30 Aug 2018, 14:52
Post subject: Re: Fotos de corredores populares, presentaciones
Buff....ao final pasóuseme pasar por este foro de presentaciós....
Nada, deciros que, con 52 tacos xa, ando correndo coa ilusión de cando tiña 20...
Procuro sair varias veces por semana a facer series....costas....tandas largas....un pouco de todo, vamos.
Para carreiras duns 5 kms. ando polos 4:10-4:20 min./km, mentres que para 10k xa me vou a 4:30.
Aínda que a todos nos gusta mellorar as nosas marcas, teño moi claro que o principal é disfrutar có que estás a facer.
Pero é certo que canto máis en forma se sinte un, mais a gusto se atopa na súa vida particular, fora das carreiras, no traballo e demáis.
Repercute, penso eu, no teu estado de ánimo, na túa relación cós demáis.
E iso é o que de verdade me interesa: ir cumprindo anos da forma máis amena e en forma posible.
Se logo gañamos a Maratón de Berlín....pois vale, pero tampouco será nada especial....(e broma

)
Pois iso, que un atópase moi a gusto por estos lares e a ver se coincidimos nalguna pupular por ahí.
Un saúdo a tod@s!