Wed, 12 Feb 2014, 20:48
Post subject: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)
O Concello da Estrada, en colaboración co Club Atletismo A Estrada, organizan o vindeiro domingo día 9 de marzo o III Cross Rio Liñares, carreira puntuable para o II Circuito “Corre A Estrada Corre”.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia na carreira absoluta de 7.500 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en dous circuitos: un de 400 metros (Circuito A) e outro de 2.500 metros (Circuito B), ambos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002
CADETE: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
ABSOLUTA: Atletas nados/as nos anos 1997 e anteriores.
VETERÁN A MASCULINO: Atletas nados entre 1976 e 1967.
VETERANA A FEMININO Atletas nadas entre 1978 e 1969.
VETERÁN B MASCULINO: Atletas nados entre 1966 e 1957.
VETERANA B FEMININO Atletas nadas no ano 1968 e 1957.
VETERÁN C MASCULINO Atletas nados no ano 1956 e anteriores.
VETERÁNA C FEMININO Atletas nadas no ano 1956 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nas instalacións da Praia Fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla, excepto as categorías cadete e senior que sairán de ditas instalacións.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
11:00 h CADETE 2.500 m
ABSOLUTA E VETERÁN 7.500 m
12:00 h PREBENXAMIN E BENXAMIN 400 m
12:15 h ALEVIN 1.200 m
12:45 h INFANTIL 1.600 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: Ata o xoves día 6 de Marzo de 2014 as 24:00 horas na web
www.emesports.es (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende prebenxamíns a cadetes) Todos os corredores que desexen participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscrición nos teléfonos 986.570.030 ou 649.704.472 ou nos correos deportes @ aestrada.es ou atletismoaestrada @ gmail.com. A data límite para formalizar a inscrición é o xoves día 6 de Marzo. Non se admitiran inscricións fora de prazo.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030, 886.153.589 ou 649.704.472 ou nos correos deportes @ aestrada.es ou atletismoaestrada @ gmail.com.
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 09:00 horas.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (11:00 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba. Este requisito é obrigatorio tanto para os participantes do II Circuito “Corre a Estrada Corre”, como os corredores que so participen nesta proba.
TODOS OS CORREDORES, SALVO OS PARTICIPANTES NO II CIRCUITO “CORRE A ESTRADA CORRE”, TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluta, veterán A, veteran B e veterán C e tanto masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descalificado.
* DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio de camiseta para todos os participantes ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.