Foros ›
Autor
Mensaxe
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 19 Abr 2015, 15:53
Asunto: Re: Os Correcamiños

sonsuso escribió:
Felicidades polo podium en Cacheiras Gefreiter!!! Xa lin no teu diario que foi moi ben.
Dicídeme os veteranos do equipo se me equivoco, pero sobrados de podiums non andamos jejeje

Moitas felicidades!!!!

Gracias home, coñecín a Francesco ademais, como me perdín non sei como a foto da VB vouvos coñecendo a prazos.

¿Que tal ti no maratón? O asalto ó quinto posto depende de ti Rezar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 19 Abr 2015, 16:05
Asunto: Re: Os Correcamiños

A verdade é que moi ben! Creo que uns... 650 puntos poden caer jejejej

Eu o ano pasado fixera 3h13'14'', e non cría que o puidese repetir ao non poder facer unha preparación específica por mor da universidade (hai prioridades). Así que decidín pegarme ao grupeto das 3h15 e a ver que pasaba. Pensei que pincharía sobre o km 35, pero chegou o km39 e as pernas respondían. Así que decidín tirar, soltarme do grupo e arriscar. Resultado... 3h13'19''!!!!

A verdade é que os últimos dos kilómetros os fixen a 4'19'' e 4'14'', así que disfrutei coma un anano jejejej Sorrindo e animando todo o que puiden Ríndose Bailar

Como curiosidade, os tempos oficiais (non os netos) foron 3h13'25'' tanto hoxe coma o ano pasado. Se o intento non sae Mr. Green
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 19 Abr 2015, 16:10
Asunto: Re: Os Correcamiños

Pois entón a noraboa quen máis a merece es ti. E se caen tantos puntos collemos ós Currelas e temos o ascenso nas mans.

Eu en principio corro dentro de dúas semanas no Pino (algo máis de 8 km) e o 10 de maio o campeonato autonómico de 5km en ruta (A Estrada). Non sei se aportarei moitos puntos a partir de agora porque xa me centro en carreiras curtas e rápidas, que en principio son o meu, pero algo é algo, e algunha de 10 km tamén caerá.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 19 Abr 2015, 17:02
Asunto: Re: Os Correcamiños

Non teño nin idea se algún deles foi á maratón. Os que si que van son os que están xusto por detrás nosa. Así que ten pinta que será cousa de tres, e que sairemos moi emparellados desta semana.

Eu a partir de agora... non sei que farei. Pois aínda arrastro moitos problemas coas uñas dende a maratón de Porto, cando caín. Visitarei o podólogo a finais desta semana e a ver que me di. Pero xa me insinuou que ía ter que parar un tempo para que as uñas saian ben e recuperalas ao 100%. Así que pode que xa rematase para min a tempada coa maratón (aínda que hai dúas nocturnas, unha en Vigo e outra en Compostela, que me gustaría correr e pode que vaia disimuladamente jejeje)
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 24 Abr 2015, 12:27
Asunto: Re: Os Correcamiños

Confirmado, me toca descansar durante un tiempo y darle descanso. Pero la cosa no pinta tan mal como pensaba.
Así que creo que algún fin de semana una pequeña escapadita se podrá hacer Satisfecho
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 04 Mai 2015, 19:10
Asunto: Re: Os Correcamiños

Acabo de incluír os puntos de O Pino, que foron nada máis 181 por ser unha carreira de 8 km. Polo menos serviron para recuperar a sexta posición, aínda que estamos a 662 da quinta.

Ando acatarrado, de feito xa corrín onte bastante tocado. A seguinte carreira será, se chego en condicións, o campeonato de 5 km en ruta do día 10. O que non sei é se dá puntos, igual só puntúa para o circuito a carreira popular paralela ó campeonato.
Torby

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/11/09
207 Carreiras
229 Mensaxes
Conxo - Coira
Respostar citando Envío Lun, 04 Mai 2015, 20:01
Asunto: Re: Os Correcamiños

Boas, eu tamen metin hoxe puntos de carreiras atrasadas, a loita pola quinta plaza se pon moi interesante.
Eu estarei o sábado na nocturna de Compostela e non sei ainda o resto do mes.
Saudos e saude para todos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 09 Mai 2015, 17:43
Asunto: Re: Os Correcamiños

A verdade Torby é que a nocturna de Compostela ten moi boa pinta! Máis con dúas mil persoas que vai haber! Unha pena non ir, aínda que non sabería se escoller esa ou a media de Vigo. Eu sigo en tempos de recuperación, pero volverei para a Nocturna de Vigo para rematar a tempada, e así aportar uns puntiños.

Gefreiter, xa se comentou no fío da carreira (ou no do circuito) que só puntúa a popular. Puntos non sumarás, pero orgullosos de ti estaremos igual jejeje

Un forte abrazo a todos!
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Sáb, 09 Mai 2015, 21:10
Asunto: Re: Os Correcamiños

sonsuso escribió:
A verdade Torby é que a nocturna de Compostela ten moi boa pinta! Máis con dúas mil persoas que vai haber! Unha pena non ir, aínda que non sabería se escoller esa ou a media de Vigo. Eu sigo en tempos de recuperación, pero volverei para a Nocturna de Vigo para rematar a tempada, e así aportar uns puntiños.

Gefreiter, xa se comentou no fío da carreira (ou no do circuito) que só puntúa a popular. Puntos non sumarás, pero orgullosos de ti estaremos igual jejeje

Un forte abrazo a todos!

Si, xa o vin despois. De feito se a popular fose despois do campeonato teríame apuntado para sumar algo, xa postos, pero sendo antes non hai nada que facer.

En fin. Despois xa planificarei, algunha carreira máis caerá en maio, igual tamén a Nocturna, e dende logo en xuño. Se non me equivoco o circuito pecha o 1 de xullo, ¿non?

Resumindo, que esta fin de semana teredes que dar outros o callo Avergoñado
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 01 Xuñ 2015, 16:18
Asunto: Re: Os Correcamiños

En canto poda meto os puntos da Nocturna de Vigo. Como xa lle puxeron o coeficiente correcto (1,50, ó principio tiña 1) e tivo moita participación espero que sexan bastantes.

En principio corro dentro de dúas fins de semana a carreira contra o cáncer do C.C. Travesía de Vigo. Esperemos que a inscriban no circuito. Logo teño previsto correr o 28, que teño que elixir entre a milla de Ames e Redondela. As dúas carreiras préstanme moito. Na milla gañei catro veces (dúas a absoluta cando se facía en Bertamiráns e dúas como veterano A estas dúas edicións pasadas), é unha das miñas probas fetiche. Redondela tamén se me dá ben porque é curta (6,5 km aprox.) e case sen costas. En fin, en igualdade de condicións elixiría Redondela porque ten o plus de aportar puntos para os Correcamiños, que falta nos fan.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mér, 03 Xuñ 2015, 18:09
Asunto: Re: Os Correcamiños

Acabo de subir 223 puntos da Nocturna. A miña aportación en principio completarase este mes coas do CC Travesía de Vigo e a de Redondela, as dúas de menos de 10 km polo cal teñen coeficiente baixo e non dan moitos puntos.
Torby

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/11/09
207 Carreiras
229 Mensaxes
Conxo - Coira
Respostar citando Envío Mér, 03 Xuñ 2015, 20:38
Asunto: Re: Os Correcamiños

Boas a min faltame poñer varias carreiras de Maio pero quedan moitos resultados por subir, así que paciencia.
Queda a recta final da temporada, así que ánimos a todos.
Saudos a todos..
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mér, 03 Xuñ 2015, 21:14
Asunto: Re: Os Correcamiños

Torby escribió:
Boas a min faltame poñer varias carreiras de Maio pero quedan moitos resultados por subir, así que paciencia.
Queda a recta final da temporada, así que ánimos a todos.
Saudos a todos..

Quedárame a de San Xoán de Vigo, que cae entre semana e igual me animo aínda que uns días despois corra Redondela. Corrina hai tres anos e é unha carreira que nin diseñada aposta para min: non é que sexa llana, e que é directamente a metade costa abaixo Bailar
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 28 Xuñ 2015, 20:49
Asunto: Re: Os Correcamiños

En canto se poda sumo os puntos da carreira Travesía de Vigo e aí remata a miña contribución ó equipo, porque hoxe a miña intención inicial era correr en Redondela pero por motivos familiares pasamos a fin de semana en Santiago e tiven que optar pola milla de Ames, que non entra no circuito.

Non sendo que algún de vós saque unha sorpresa da faltriqueira moito me temo que imos rematar séptimos ou sextos, sempre queda un pensando se podía ter ido a algunha carreira máis.
enjapeneiva

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/04/10
40 Carreiras
182 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xuñ 2015, 16:57
Asunto: Re: Os Correcamiños

Bueno, los del circuito andan atareados y hay un montón de carreras por subir, asi que no está todo dicho todavía. Yo no creo que corra hasta los 10k de O Rosal, pero no está incluida en el circuito. En cualquier caso, A PASAR TODOS UN BUEN VERANO!!!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos