Foros ›
Milla na Costa da Morte (31/12/14)
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Posts

Reply with quote Post Sun, 28 Dec 2014, 20:19
Post subject: Milla na Costa da Morte (31/12/14)

Un ano máis, e xa van 7, faremos a popular San Silvestre de Baio o próximo mércores 31 de decembro ás 5 da tarde. O percorrido é o de tódolos anos, é dicir, en torno a unha milla (algo máis, uns 1700 metros) ao longo do paseo fluvial. É un percorrido de ida e volta llaniño que os supermáquinas fan en 5 minutos pelados (o récord das 6 edicións anteriores é de 5.04, que fixo o ano pasado Martín Regueira Rellán, gañador das 2 últimas edicións, creo recordar).
A inscrición é gratuita e faise no lugar de saída (ao lado do bar "O Calvario") uns minutos antes de empezar a carreira, que será ás 5 e algo da tarde. Hai dúas categorías: a de menores de 14 anos, ás 5, que farán uns 500 m e a de maiores de 14, que faremos a milla unha vez que rematen os nenos.
É unha carreira moi cutriña que facemos como unha especie de festa de despedida do ano; de feito soemos participar só uns 30/40 corredores. Aparte da auguiña ao acabar, hai trofeo só para o primeiro clasificado de cativos e de maiores e tamén para o mellor disfraz, pois tamén hai a posibilidade de correr disfrazado. Pero bueno, visto o nivel de anos anteriores neste sentido, aínda non sei se será máis fácil levar o trofeo da carreira que o do mellor disfraz, que xa é dicir Very Happy Very Happy
O de que é cutriña digoo porque visto o nivelazo de organización doutras moitas carreiras, a nosa faise cun presuposto de apenas 100 euros (vamos, o que custan os trofeos, os carteis e as augas) e por iso, se alguén ten pensado vir desde o quinto pino igual se leva un chasco ao ver a nosa e se acorda dos nosos antepasados por facer unha longa viaxe "para nada". Por iso, esta mensaxe vai dirixida sobre todo a aqueles corredores da Costa da Morte e arredores que non teñan outra carreira en mente e que queiran pasar un rato agradable con nós, pois o ambiente é "festivalero total".
Calquer dúbida que queirades comentar, podedes preguntala neste post ou ben chamándome ao 629772099 (Pablo Mira).
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Posts

Reply with quote Post Thu, 01 Jan 2015, 22:50
Post subject: Re: Milla na Costa da Morte (31/12/14)

En breves espero colgar un video ca chegada dos corredores, pero por agora, se queredes, tedes unha divertida crónica con fotos en
***Editado: As fotos e videos no seu correspondente foro de Fotos e Videos,Grazas***
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Posts

Reply with quote Post Mon, 12 Jan 2015, 15:49
Post subject: Re: Milla na Costa da Morte (31/12/14)

Quedara de poñer nesta web fotos e video da chegada e non me acordei máis. Bueno, as fotos aparecerán en breve (creo) no facebook da asociación que a organizou (ad su a agra). O video da chegada de todos modos podedes velo en ****
JoeyCallow

Novo foreiro
Novo foreiro
29/12/14
0 Carreiras
2 Posts

Reply with quote Post Thu, 22 Jan 2015, 23:58
Post subject: Re: Milla na Costa da Morte (31/12/14)

pablobaio escribió:
Quedara de poñer nesta web fotos e video da chegada e non me acordei máis. Bueno, as fotos aparecerán en breve (creo) no facebook da asociación que a organizou (ad su a agra). O video da chegada de todos modos podedes velo en ****
donde es **** XD no logro encontrarlo jajajajajaja :PPP





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum