Fri, 06 Feb 2015, 12:12
Post subject: Re: Que manía nos teñen algúns aos corredores
Non vale a pena cabrearse polos comentarios dos intransixentes. Eu creía que comentarios do tipo de "eso se va a hacer al monte", ou "es que no tiene usted principios", quedaban afastados no tempo, no final dos setenta, cando, sendo internacional en maratón, tiven que escoitalos eu en Santiago. Claro, os xogadores do Compostela teñen un campo de herba exclusivo para os seus entrenamentos, pagado seguramente con cartos públicos, pero a xente que camiña ou corre, non so por deporte, se non tamén por prescripción médica, ten que facelo por un firme en malas condicións... Falan de polígonos valeiros, como o da Sionlla, claro, o mellor e máis seguro sitio para ir camiñar ou correr de noite, seguramente coa iluminación apagada -o contrario sería un derroche de cartos públicos nun polígono industrial sen actividade industrial algunha- calquera cidadán que traballe ata as sete ou oito da tarde... Esta cidade non se merece ter un campeón de España de maratón. Unha urbe que tivo cinco dos catorce internacionais galegos en maratón, ningunha outra cidade galega tivo tantos, que tivo atletas internacionais en cross, pista cuberta, pista ó aire libre, miles de corredores populares... en comparación con outras disciplinas deportivas moito máis valoradas públicamente. Si foran os xogadores do compostela ou os do Obradoiro os que protestaran por ter que adestrar en pésimas condicións, seguramente esos "críticos" non os tildarían de "nenazas" e demais lindezas que escribiron... Eu xa escribín varios artículos no Correo Gallego fai anos sobre o estado da Alameda e, cando se fixo o derradeiro arranxo, vin que non iba a durar moito. ¿De verdade é tan difícil dotar de un firme bó ó noso mellor parque? Xa sei que quí chove moito, pero mira que non chove tamén en Nova York e teñen un Central Park que da envidia... Saudos.
Alex
Alex