Foros ›
Licencia de día para ruta?
Foros de debate / Atletismo en pista
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Xov, 31 Dec 2015, 10:50
Asunto: Licencia de día para ruta?

Boas.
Hai tempo que non abro fíos por falta de tempo, pero quería compartir convosco (e o farei cos nosos representantes federativos) algún detalle, porque hai tempo que teño dúbidas e hai cousas que non me cadran con respecto a outras modalidades deportivas.

Resulta que hai anos que a RFEA creou a licencia de día para probas en ruta do calendario federado. A xente non federada suponse que tería que asumir no custe da inscrición esa licencia. Polo que sei, creo que non se lles cobra por ser asumido polas organizacións das carreiras como un gasto máis.

Logo vén a miña dúbida que xa teño comentado con colegas. Por que os federados/as logo teñen que pagar a mesma cuota de inscrición que os non federados/as nestas carreiras do calendario federado cando se supón que lle saímos "gratis" neste aspecto (seguro deportivo, o de RC non sei xa)???

Noutras modalidades deportivas isto non adoita suceder, e razoando algo, vexo que se dá o paradoxo de que neste tipo de carreiras non vale de moito ser federado a nivel individual (salvo para pedir subvencións dende os clubs, competir como clubs, etc.).

Pola contra hai que admitir que se nos compensa podendo participar, normalmente, de xeito gratuíto en todos os campionatos galegos (que non sucede noutros deportes), e é moi de agradecer, e motivo para federarse.

Bueno, outro día con tempo me meto no tema do seguro de Responsabilidade Civil (xa incluído nas licencias noutros deportes), e que agora nos están reclamando nalgúns concellos para poder solicitar como club o uso de instalacións deportivas, a futura licencia "única" a nivel territorial, a posibilidade de emular en atletismo en ruta a licencia "cicloturista" ou algo polo estilo, a demanda dun seguro "multideportivo", etc.

Feliz ano!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos