Foros ›
Quedada duatlón de Reparada
Forum Index / Tríatlon e Duatlon
Reply to topic

Author
Message
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Posts

Reply with quote Post Sun, 03 Jan 2016, 20:47
Post subject: Quedada duatlón de Reparada

O día de Reis (mércores, 6 de xaneiro) un grupo de amigos temos pensado facer o percorrido do duatlón que se fará o domingo 10. Todos aqueles que queirades acompañarnos podedes facelo; tan só tedes que estar no lugar de saída (diante da igrexa de Reparada) ás 11. A idea é facelo a un ritmo "light" (cada un pode ir ao ritmo que queira, por suposto) máis que nada para coñecer o recorrido (os que nn o coñezades) e tamén, xa que tamos..., como adestramento.
gallego

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
28/02/06
0 Carreiras
1815 Posts
Santiago
Reply with quote Post Wed, 06 Jan 2016, 22:20
Post subject: Re: Quedada duatlón de Reparada

Pablo, conta algo, ou ainda estades espetados en algunha lameira???.

Un saludo a todos, aunque prestado en Santiago, natural de Santa Comba.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Posts

Reply with quote Post Wed, 06 Jan 2016, 22:36
Post subject: Re: Quedada duatlón de Reparada

gallego escribió:
Pablo, conta algo, ou ainda estades espetados en algunha lameira???.

Jajaja, ao final rajámonos porque chovía a chuzos... De feito xa nin fun ata alí e non sei se foi alguén. Pero outro grupiño fixoo o día de fin de ano (o sea, antes das chuvieiras destes días) e mandáronme unha foto dun tramo. Aquelo poñía medo da auga que levaba. Non quero pensar como estará agora... Se che leva idea a pesca trae unha cana porque seguro que alí agora ata hai troitas Smile
gallego

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
28/02/06
0 Carreiras
1815 Posts
Santiago
Reply with quote Post Wed, 06 Jan 2016, 22:39
Post subject: Re: Quedada duatlón de Reparada

Eso vai ser un inferno. O circuito novo, básicamente sigue sendo rodador, ou meteron zonas complicadas???

Un saludo a todos, aunque prestado en Santiago, natural de Santa Comba.
pablobaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/04/08
0 Carreiras
234 Posts

Reply with quote Post Thu, 07 Jan 2016, 10:36
Post subject: Re: Quedada duatlón de Reparada

gallego escribió:
Eso vai ser un inferno. O circuito novo, básicamente sigue sendo rodador, ou meteron zonas complicadas???

Non hai cambios, o circuito é o dos últimos anos. Incluso unha zona que outros anos era un pouco chunga polo tema do barro (había que ir bordeando e zafabas), este ano está arranxada e aí tamén se pode ir a todo gas.
O inferno ímolo ter en dous tramos moi concretos: un duns 150 m que é onde imos ter auga á altura da cadena (ou seguramente mais) e ao ancho de todo o camiño (vamos, que non hai escapatoria) e logo outro duns 300 m onde teremos que atravesar unha pequena ponte e onde o rio seguramente está desbordado, seguido dunha pequena subida co camiño algo impracticable. A última vez que fixen o percorrido (mediados-finais de decembro) aínda non chovera moito e xa había algo de barrizal. Co que caeu/cae estes días non quero pensar como estará aquelo. Vamos, que haberá que meter o plato pequeno de todo, un piñón enorme e a pedalear en plan molinillo Smile
Quen lea isto que non pense que o circuito é perigoso; todo o contrario. Non hai baixadas técnicas nin subidas do tropecentos por cento. O 90% do recorrido faise a plato e tan só neses dous tramos igual hai que poñer pé a terra (ou a auga según se mire...) pero non por risco de caidas, senón porque a lameira é tan grande que quedas enterrado.
O que está claro é que o imos pasar moi ben jeje.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum