Foros ›
Trail Galaica Concello de Ames 28/02
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Xan 2016, 21:29
Asunto: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Moi boas a todos/as.

Presentámonos: somos unha organización composta de atletas e xente relacionada co deporte que estamos a montar un circuito de trail en Galicia.
A nosa intención e crear unha marca galega de Trail respectando as xa existentes e organizar unha serie de trails por Galicia a partires do mes de febreiro.

A partir da próxima semana daremos información detallada dos lugares onde volcaremos os nosos esforzos por potenciar esta especialidade do atletismo que tanto nos gusta a todos/as. A primeira cita confirmada terémola no Concello de Ames o 28 de febreiro, e a continuación, no mes de marzo viaxaremos ata a provincia de Pontevedra. En abril regresaremos a Coruña e logo nos desprazaremos ata Ourense.

Ainda que todo vai máis lento do que quixeramos, tentaremos organizar as probas con mimo e atención, e deste xeito, deixar bo sabor de boca a todos/as os/as participantes.

Estamos facer unha páxina web da que pronto teredes novas.

De momento nos presentamos con respeto e atención: TRAIL GALAICA.

Unha aperta e ata pronto.
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2016, 0:16
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Ola.

son trails novos ??

Lugo non e galego , je , je ??

Estarei atento

o mais rápido dos gordiños



CLUBE ATLETISMO BOIMORTO
pichichi

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/01/11
240 Carreiras
335 Mensaxes
O Pino
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2016, 2:10
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Polo que teño entendido igual hai en Sober asi que Lugo tocariaa jejejjejejej

Imos apuntando datas para gardar esa findesemana de trail !!! A espera estaremos de noticias

Saudos e animo coa organizacion do circuito que sera un exito
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
142 Carreiras
313 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2016, 20:12
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Excelente nova!! estaremos atentos sobre todo a ese trail de ames,x ser o da casa.
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2016, 21:28
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Hola!!!
Xa saberedes que quedou O Pindo libre.....
Estaría ben recuperar un clásico ou polo menos aproveitar a zona.....
Saudos
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2016, 23:06
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Moitas grazas pola acollida!!.

En resposta as vosas cuestións, comentarvos que son todos trails novos. Temos unha idea propia de como organizar e levar a cabo os trails. A ver se temos sorte e vos gusta.

Aproveitar para anunciar unha segunda data.

- 20 de marzo: Sanxenxo imos!. E nos vindeiros días anunciaremos o Trail de Muros. Teremos algunha cita máis en 2016 pero tentaremos facer un trail cada mes.

En canto ao Trail do Pindo, temos moi boas referencias del, pero non temos contacto con esa organización, aínda que estamos abertos a todo, claro está ...

En principio a intención é realizar novos trails en modalidade de competición individual e a súa vez como parte dun circuito galego. Tentaremos realizar 5 citas en 2016, das cales 2 están pendentes de pechar o acordo co Concello anfitrión, pero que xa están "sobre" a mesa e con boas perspectivas.

A dinámica será esa: poder competir nos que se desexe e facer, non só unha clasificación de cada proba senón unha premiación final a un circuito que tente ser un aliciente e no que "prime" ante todo a fidelidade.

Nos hubera gustado anunciar durante o mes de novembro esto, pero os acordos alónganse no tempo e de feito se caeu deste circuito hai uns días, precisamente, a primeira cita en confirmarse.

O 18 de xaneiro fixaremolo como data para a apertura de inscricións da primeira cita en Ames, e daquela xa vós amorasemos máis información sobre as opcións de participación que imos ofertar.

Ogallá teña éxito.

Saúdos compañeir@s!!.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1018 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2016, 8:47
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Lemacial escribió:
Hola!!!
Xa saberedes que quedou O Pindo libre.....
Estaría ben recuperar un clásico ou polo menos aproveitar a zona.....
Saudos
Boas, as noticias que teño son que éste ano non haí a proba de Galicia Máxica, pero sí que haberá de novo un Trail Encontro Monte Pindo.
Un saudo.
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2016, 18:10
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Rufino escribió:
Lemacial escribió:
Hola!!!
Xa saberedes que quedou O Pindo libre.....
Estaría ben recuperar un clásico ou polo menos aproveitar a zona.....
Saudos
Boas, as noticias que teño son que éste ano non haí a proba de Galicia Máxica, pero sí que haberá de novo un Trail Encontro Monte Pindo.
Un saudo.
Hola
Pois eso espero además como non temos gmta tamen espero que a poidan alargar, a do año pasado eran 14 km exisentes pero podería quedar como corta e facer una mais larga.
Da igual, en calquera caso oxala sigan con ela en xullo e sexamos alomenos 300 como nos mellores tempos do gmta
Saudos
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2016, 19:56
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Para cando a información sobre o trail de Ames? Supoño que o 18 non?
Mais que nada porque o 27 e o Castelo en Quiroga, se o de Ames me gusta evidentemente prefirió correr o lado da casa e non ir ata tan lonxe
Que boa nova que nombredes Muros.... !!!! Tedes data aproximada?? (Que non sexa Abril por favor!!) estarei no trail Pastores de Portudera en Asturias
Saudos
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Xan 2016, 0:34
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Hola de novo!!. Pois decirvos que temos xa en marcha aas nosas redes sociais e en breve teremos a páxina web onde poderedes seguir toda a información sobre as probas de Trail Galaica.
Lemacial, o trail de Ames é o 28 de febreiro. Xa está fixado co Concello. En canto a Muros a idea e facelo en abril, a finais porque teñen o duatlón a mediados pero esto non o poido confirmar.

Xa temos metido en calendario deste foro a dat de Ames. E a seguinte é Sanxenxo: esta será o 20 de marzo.

Abril estaba reservada par Muros e despois ... xa veredes, teremos alfunha sorpresa pero ata a semana non podemos confirmar nada. A nosa intención e tocar as 4 provincias, pero non sei se o lograremos. Niso andamos. O proxecto está gustando e temos a 6 Concellos pendentes de resposta que malo será que algún non "pase" a formar parte de Trail Galaica.

Se queredes seguirnos en facebook este é o link: www.facebook.com/Trail...99/?ref=hl

En twitter: twitter.com/TrailGalaica

A páxina web será www.trailgalaica.com ...

Todavía non está rematada, co cal, imos desde onte a noite, traballando nas redes sociais.

Aperta e seguimos informando. Moitas grazas pola acollida!!

Para abrir apetito, foto do escenario da primeira proba:


kosoto

Maratoniano
Maratoniano
27/05/10
0 Carreiras
74 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Xan 2016, 13:14
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Hola a tod@s
Que ben pinta esta circuito
Agardo con moita premura mais info na vosa web
Desexovos moita sorte nesta aventura e esperamos unhas probas increíbles
Un saúdo
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 08 Xan 2016, 22:02
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Boa pinta. Quedo pendente.
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Xan 2016, 23:13
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

Perfecta a explicación! !!!
Xa vos vou seguir en Tweeter e o 28 contade conmigo
Saudos
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Xan 2016, 10:57
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

La verdad es que la ruta elegida para la prueba es muy bonita estoy casi convencido de que la voy a correr.
Estoy espectante por ver el gráfico de alturas, aunque me temo que va a ser un pelin duro para mi... pero bueno a modiño e con sentidiño se hace mas ameno el viaje
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Xan 2016, 14:03
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Ames 28/02

en esa zona as subidas non son longas nin desniveles brutales. O "habitual" son uns dous ou tres quilómetros, pero a un 8 ou 10%.

Depende do forte que sexa cada quen e de cómo sepa repartir o esforzo sen pasarse de voltas ao principio, pero si che xuntan tres ou catro desas tes que calcular ben ou acabas fino fino Muerto

Hai que ver o recorrido, cando se publique. Porque non sei si acaba no alto do monte, ou se volve a Ponte Maceira (si, a ponte esa que vistes na televisión corenta veces a semana pasada porque o Tambre se botou fora).

Publicaron un vídeo

Eu estou a espera de se teño nivel para participar ou non

-- Chámame "ghose"





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos