Foros ›
XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Lun, 08 Ago 2016, 17:46
Asunto: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Que hai de novo.

Pois outro ano máis (e xa van 32.... toda unha vida) está en marcha a Carreira Popular Concello de Meaño.

Despois das reunións iniciais, a cousa basicamente segue igual que o ano pasado, incluída a GRATUIDADE DA PROBA.
Non é por ser pesado, que o son, pero tendo en conta o escenario actual das carreiras, prégovos a máxima dilixencia á hora de inscribirse. Facédeo só se ides correr, aínda que sexa nos derradeiros días.
Xa sei que o ano pasado non se pode coller como exemplo polo mal tempo que houbo e que tirou para atrás a máis dun (é comprensible), pero houbo un 30,71% de inscritos (261 corredores) que non participaron. E xa sabedes o que pode significar eso de cara a seguir mantendo a gratuidade. Gustaríame saber cantos houberan fallado, a pesares do mal tempo, se houberan pagado 3 euros (xa non digo 5 ou máis). Polo tanto, sentidiño á hora de inscribirse.

Despois de solta-lo rollo de sempre, dicirvos que se está estudiando algunha novidade (alto segredo) pero que me temo que pola falta de tempo, se quedará para o ano que ven.... xa vos irei dicindo.

Así que xa sabedes, ide entrenando duramente! que como haxa o calor destos días na carreira, a Costa dos Fornos vai a aumetar uns cantos graos o seu desnivel Mr. Green

Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 08 Ago 2016, 19:19
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Diría al respecto de esos 261, que ellos se lo pierden. Por lo que a mi respecta, y teniendo en cuenta lo apuntado sobre la Costa dos Fornos, iremos calentando motores.
Bailar Bailar Bailar Bailar Bailar Bailar

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3858 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Lun, 08 Ago 2016, 21:06
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Gran noticia Marquiños. Aplauso Aplauso Aplauso Noraboa por facer un ano mais que esta carreira non se perda. Trinta e dous anos son muchos años de nuestro señor jesukristo amén Rezar Ríndose Ríndose Ríndose

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 7:39
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Indo a tope ou indo trotando, alí estarei. Moi feliz
Un pracer poder correr en Meaño, e depois xantar. Satisfecho
Grazas.
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 8:37
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

De verdade que con xente tan fiel coma vós, é un pracer traballar.
Nin lesións, nin vodas, nin treboadas, vos impide acudir puntualmente á vosa cita con Meaño Aplauso Aplauso Aplauso .

Chavales, sentímonos orgullosos de contar con corredores coma vós. Case vos poderiamos considerar como a parte da organización "infiltrada" dentro da carreira Satisfecho

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Matveiev

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/08/07
0 Carreiras
303 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 8:51
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Como di sanmikel, a tope ou trotando, alí estaremos.
Moitas gracias Marcos e un saúdo.
POFF

Novo foreiro
Novo foreiro
6/07/12
100 Carreiras
46 Mensaxes
MARIN
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 21:42
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Ali estaremos un ano mais, gracias polo traballo que realizades.
Respecto os que se inscriben e despois non aparecen, eu para poder participar este ano lles cobraria 3 euritos.
Salu2
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3858 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 22:12
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Pois non e mala idea...
Si o ano pasado te anotaches e non puideches ir, fora o motivo que sexa, quedarías rexistrado automaticamente para o ano seguinte con unha deuda de 3 euros a pagar na proxima inscripción desta carreira. Deste maneira non compensaría os gastos orixinados pero sería unha pequena axuda para manter a gratituidade da carreira. Solamente hai que poñelo no regulamento e listo.

Temos que manter estas carreiras gratuitas, repito, gratuitas, que xa non quedan caseque nengunha y que gracias a todo-los organizadores y entidades coloboradoras, vese claramente que lle dan mais importancia o trato e cariño o corredor que o afán por recaudar e sacar beneficio a conta nosa.

En Meaño cada ano supéranse, cada ano e millor ca o anterior, cada ano hay unha novedad e sempre para beneficio e disfrute de todolos que participamos sen pagar nin un peso.

Como dí Marcos, si estás en dudas de si anotarte ou non, espera hasta o ultimo dia para anotarte, non o fagas sin sentido. Non hay limite de participantes co cal sempre estarás a tempo para inscribirte Guiño

Por moitos anos máis de historia, na data de sempre, correspondendose como e habitual o segundo domingo de setembro, XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016] Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Ago 2016, 21:33
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Esta carrera es imperdonable perdersela, de las mejor organizadas en las que participé, asi que allí estaremos si o si!!!!!!
soutullo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/08/09
0 Carreiras
140 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 14 Ago 2016, 20:08
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Ali estarei si non hai problema. Saudos Marcos sempre estas o pe do cañon animo
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Dom, 14 Ago 2016, 22:37
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Rezar Hooola Marcos,ese día estou libre ( uff ),fijo que vou tamen,coxo ou baixo de forma ou coa escoba pechando carreira,pero vou.
Canto tempo sen saber de ti,mijo.
melchorlaspra

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
pontevedra
Respostar citando Envío Dom, 14 Ago 2016, 23:14
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

El año pasado me la perdí después de 5 años sin faltar, a pesar de bodas, carreras la noche anterior, ... Este año vuelvo.

¡¡¡Aviso importante a los que estén pensando apuntarse!!!!
Si lo hacéis, vais a querer volver todos los años.
Avisaos estáis.
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Ven, 19 Ago 2016, 18:30
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Amigos, outra vez vos teño que dalas gracias polos vosos comentarios.

Hoxe tivemos unha reunión no Concello, donde xa se concretaron diversos aspectos da carreira: O regulamento quedou xa definitivamente aprobado (actualizarei en breve o calendario), e, ademais, queda confirmada a novidade da que vos falara no primeiro post: Unha xornada de actividades o día anterior á carreira.

Vou a ser franco, esta idea está copiada da que eu considero unha das mellores carreiras de Galicia en canto a ambiente e trato ó corredor, o Medio Maratón de Ferreirúa. Eu fun no 2012 e asegúrovos que é a carreira da que mellor recordo gardo, xa que fun coa familia e pasamos unha xornada inolvidable o día anterior, con actividades para coñecer esa fermosa terra e pasalo xenial en familia: visitando os Canóns do Sil en catamarán, visitando unha adega de Amandi, e finalmente un picoteo de película coa entrega do dorsal. E coa familia refírome á propia e a esa outra formada polos corredores. En resumo, unha xornada de confraternidade da que gardo un estupendo recordo.

Pois en Meaño queremos ofrecervos algo parecido. Na tarde do sábado faranse unha serie de actividades consistentes nunha visita á adega Paco & Lola, un paseo pola ruta dos muíños, unha visita a un muíño (igual aquí tamén hai algunha sorpresa) e finalmente recollida de dorsal, para que o día seguinte poidades vir con calma. Ademais, poderedes disfrutar dalgunha obra teatral que se fará no marco das Festas de Meaño.

Poderase anotar tanto o corredor como calquera número de acompañantes.

E por suposto, o prezo será o máis baixo que puidemos conseguir: Totalmente de balde (e dicir, gratis).

Non é moita cousa, pero trataremos de conseguir que pasedes un rato agradable, coñecendo un pouquiño o noso pobo e coñecernos entre nos.

Tamén se vai a conseguir que algúns establecementos hoteleiros do Concello ofrezan descontos "moi importantes" para os inscritos que queiran facer noite.

É unha xornada pensada para pasar en familia, e da que esperamos vos quede un fermoso recordo, como o que eu gardo da Ferreirúa. Só con eso xa tería pagado a pena o esforzo que o Concello está a facer.

A vindeira semana concretareivos o xeito de anotarse (eso sí, haberá que anotarse para facer unha previsión) e completarei información.

Tamén se abrirán as inscricións a vindeira semana.

Bueno, polo de agora nada máis.

Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Ago 2016, 19:19
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Cada año os superais carreron con todas las letras!!!!
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3858 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Ven, 19 Ago 2016, 22:02
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]

Sodes incansables Aplauso Aplauso Aplauso

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos