Foros ›
Author
Message
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Posts

Reply with quote Post Wed, 28 Sep 2016, 21:07
Post subject: XXXVII Carreira Popular Negreira

O domingo, 13 de novembro de 2016, a partir das 10:30 h. o Concello de Negreira, levará a cabo a Carreira Popular, que este ano cumpre a súa 37º edición, na que vos poderedes inscribir ata o día 10/11/2016 ás 22:00 horas, a través da páxina web do Concello ( www.concellodenegreira.es )


Para participar na 1ª Carreira (XUNIOR-SENIOR-VETERANOS) 10.000 m. (non homologada) os atletas deberán abonar:

5€/participante dende o 15/09/2016 –15/10/2016
6€/participante dende o 16/10/2016 – 31/10/2016
9€/participante dende o 01/11/2016 – 10/11/2016.



#gozadecadaquilometro

www.facebook.com/Carre...496691936/

twitter.com/PopularNegreira
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Posts

Reply with quote Post Sat, 01 Oct 2016, 20:33
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Aquí vos deixamos as categorías que podrán participar na XXXVII Carreira Popular Negreira.


Chupete F/M: Nados/as en 2013 e posteriores.
Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2012, 2011 e 2010.
Benxamín F/M: Nadas/os en 2008 e 2009.
Alevín F/M: Nadas/os en 2006 e 2007.
Infantil F/M: Nadas/os en 2004 e 2005.
Cadete F/M: Nadas/os en 2002 e 2003.
Xuvenil F/M: Nadas/os en 2000 e 2001.
Xunior F/M: Nadas/os en 1998 e 1999.
Promesa F/M: Nadas/os en 1995, 1996 e 1997.
Senior F/M: Nadas/os en 1994 e anteriores.
Veteranos/as M35 – F35: 35 cumpridos o día da proba hasta 39 anos o dia da proba.
Veteranos/as M40 – F40: 40 cumpridos o día da proba hasta 44 anos o dia da proba.
Veteranos/as M45 – F45: 45 cumpridos o día da proba hasta 49 anos o dia da proba.
Veteranos/as M50 – F50: 50 cumpridos o día da proba hasta 54 anos o dia da proba.
Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores.

E animámosvos a tod@s a que nos acompañedes o día 13 de novembro.


#gozadecadaquilometro

www.facebook.com/Carre...496691936/

twitter.com/PopularNegreira
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
302 Posts

Reply with quote Post Sat, 01 Oct 2016, 20:57
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Hola!!! Cal vai a ser o percorrido, o de "siempre", o das duas voltas indo polo polígono ou algún outro????

Espero que se volte o percorrido de " siempre" a min personalmente o do ano pasado se me fiso moi " cansino" o treito do polígono, moi dexanxelado.
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Oct 2016, 12:10
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Ola Pantasma!!

O circuito será o mismo do ano pasado.

O motivo de modificar o traxecto de sempre, é que, para moitos participantes resultaba excesivamente duro, polo que fixemos cambios que o fagan máis asequible a todo tipo de corredores, buscando o percorrido máis chan que a orografía de Negreira non permite.
cuatrolatas

Novo foreiro
Novo foreiro
22/04/10
0 Carreiras
38 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Oct 2016, 20:13
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Hola,estoy de acordo con Pantasma.Ademais penso que,normalmente,cando un corredor vai a unha carreira xa sabe o que hay,si e dura ou non,sobre todo esta de Negreira con suas trinta e tantas edicións.Nada novo sua dureza.
Si para moitos resultalle excesivamente duro,para outros e precisamente esa dureza a que a facía bonita e digna de correr.Saudos
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
485 Carreiras
3739 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Oct 2016, 21:01
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Estou con Pantasma e cuatrolatas, despois de tantas edicións, non se debería cambiar o percorrido, o cal xa era por todos coñecido e valorado pola sua dureza.
Eu levo 11 participacións en Negreira, as 10 ultimas consecutivas, e ainda que era duro procuraba non perder esa carreira.

Este ano non vou a ir, xa que ese día espero correr unha media maratón fora de Galicia. (xa a tiña planificada antes de saber a data de Negreira).
Pero moita sorte, e se os cambios os valen para que aumentedes participación pois xa tedes un motivo para o cambio.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Oct 2016, 21:42
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Me sumo a lo comentado anteriormente por los otros compañeros. El encanto de correr en Negreira era la dureza de su recorrido.

No creo que me anime este año si se trata de un circuito de dos vueltas.

Suerte con todo. Un saludo
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
302 Posts

Reply with quote Post Tue, 04 Oct 2016, 11:35
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Bueno, seguro que a organización valorou os pros e os contras da decisión e optaron pola que creeron maís axeitada.


Eu persoalmente preferia a opción maís dura, gustame maís.


O que si podiades valorar era de facer maís ameno o treito do poligono, unha charanga, uns gaiteiros, un grupo de musica local..... pouco supon e creo que dariallle maís ambientillo a carreira.
maral

Novo foreiro
Novo foreiro
5/10/15
1 Carreiras
27 Posts

Reply with quote Post Tue, 04 Oct 2016, 14:49
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Ola, o cambio foi fundamentalmente por motivos d seguridade vial.En negreira e feira o domingo e zonas polas q se pasaba eran bonitas pero moi perigosas para os atletas...xente maior cruzando, coches q vixiar...etc. Este circuito permitenos liberar as principais entradas a feira dende as parroquias e esta totalmente pechado durante a proba. Nas duas voltas ten case 2,5 km por o centro urban e con moito publico animando. Animadevos a participar, nn vos defraudara...bolsa corredor, maxases, buses as duchas, garderia, gardaroupa e mais cousas nas q tamos a traballar...tende en conta q somos concello pequeno.saudos
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Posts

Reply with quote Post Tue, 04 Oct 2016, 21:28
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

maral escribió:
Ola, o cambio foi fundamentalmente por motivos d seguridade vial.En negreira e feira o domingo e zonas polas q se pasaba eran bonitas pero moi perigosas para os atletas...xente maior cruzando, coches q vixiar...etc. Este circuito permitenos liberar as principais entradas a feira dende as parroquias e esta totalmente pechado durante a proba. Nas duas voltas ten case 2,5 km por o centro urban e con moito publico animando. Animadevos a participar, nn vos defraudara...bolsa corredor, maxases, buses as duchas, garderia, gardaroupa e mais cousas nas q tamos a traballar...tende en conta q somos concello pequeno.saudos

Como ben explica o noso compañeiro Maral, hai máis motivos que nos levan a facer o cambio no circuito. Esperamos que non sexa inconvinte para vós e nos acompañedes un ano máis na Carreira Popular de Negreira.

Calquera dúbida o respecto da proba, tamén nola podedes trasladar en mensaxe privada a través da nosa páxina de facebook www.facebook.com/Carre...496691936/
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Posts

Reply with quote Post Tue, 04 Oct 2016, 22:03
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Porque todo esforzo , merece unha recompensa , aquí tedes os premios económicos ós que poderedes optar o vindeiro 13 de novembro no Concello de Negreira
Non olvidedes inscribiros na páxina do concello www.concellodenegreira.es , e ata o día 15 de este mes aínda podedes aproveitar a inscrición ó prezo de 5€.

PREMIOS EN METÁLICO

(Mesma cantidade tanto homes como mulleres)

PREMIOS ABSOLUTA
1 - 900 €
2 - 550 €
3 - 300 €
4 - 200 €
5 - 100 €
6 - 75 €
7 – Trofeo

ATLETAS GALEGOS

1.- 100 € (home e muller)
Acumulable

ATLETAS LOCAIS
1 - 100 €
2 - 50 €
3 - 40 €

* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía

EQUIPOS FEDERADOS
1º - 400 Euros
2º - 200 Euros
3º - 100 Euros

CENTRO ESCOLAR CON MÁIS PARTICIPANTES

1.- 400 € (en material escolar*)
*O material deberá ser mercado en establecementos de Negreira

*Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse co seu D.N.I. ou Pasaporte.

#gozadecadaquilometro


Last edited by CarreiraPopularNegreira on Tue, 04 Oct 2016, 22:19; edited 2 times in total
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Posts
Bertamirans
Reply with quote Post Wed, 05 Oct 2016, 10:08
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Outro que tamén prefería o antigo percorrido a unha volta, era o sinal de identidade desta proba... Sad

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Wed, 05 Oct 2016, 11:41
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Hola !!

Carreira moi recomendable. Se nada mo impide serei da partida de Negreira, unha proba histórica que ninguén pode perder.

Anotada!

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
rvieito

Maratoniano
Maratoniano
17/02/15
50 Carreiras
53 Posts

Reply with quote Post Wed, 05 Oct 2016, 12:58
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Pois é unha pena que se cambie o percorrido clásico da proba, a súa dureza era unha parte importante do encanto da carreira de Negreira.
CarreiraPopularNegreira

Organización
Organización
28/09/16
0 Carreiras
93 Posts

Reply with quote Post Mon, 10 Oct 2016, 21:29
Post subject: Re: XXXVII Carreira Popular Negreira

Lamentamos que non poder manter o percorrido inicial, e esperamos que este cambio non sexa motivo para que deixedes de acompañarnos.

Deixámosvos un enlace a nosa páxina de facebook do percorrido para tod@s aqueles que non o coñezades,

www.facebook.com/17029...=3&theater

e lembrade que se manterá o prezo reducido da inscrición, con 5€ por participate, ata o día 15.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum