Foros ›
V San Silvestre Solidaria de Ponteareas (31/12/2016)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Fonghi

Maratoniano
Maratoniano
7/12/06
0 Carreiras
330 Mensaxes
Ponteareas/Vigo
Respostar citando Envío Lun, 12 Dec 2016, 15:18
Asunto: V San Silvestre Solidaria de Ponteareas (31/12/2016)

Dende a organización desta proba queremos animarvos a que participedes nesta proba solidaria.

Como vén sendo xa costume o derradeiro día do ano celébrase esta proba deportiva-solidaria.

Neste ano 2016 celebraráse tamén a III edición da San Silvestre Infantil, na que poderán participar todos os rapaces e rapazas maiores de seis anos, distribuídos en tres categorías por idade. O inicio da proba infantil será a partir das 16:45 horas.
Na proba absoluta poderán participar os maiores de catorce anos. Sobre un circuíto de 5 km polo centro de Ponteareas daranse dúas voltas e a hora de inicio da proba absoluta será ás 17:30 horas.

As inscricións deberán facerse exclusivamente a través da páxina web www.taninosponteareas.com , ata o día 29 de decembro ou ata completar o máximo de participantes establecido para esta edición, 750 para a categoria de adultos e 250 na categoria infantil. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo nin no mesmo día da proba.



www.fonghi.blogspot.com
Fonghi

Maratoniano
Maratoniano
7/12/06
0 Carreiras
330 Mensaxes
Ponteareas/Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Dec 2016, 11:19
Asunto: Re: V San Silvestre Solidaria de Ponteareas

Levamos cinco días de inscricións e xa cubrimos un terzo do límite establecido. Animamos a todos aqueles que teñan pensado participar nesta proba que non o deixen para o final xa que non se admitirán máis inscricións das 750 para adultos e 250 para nenos.

O prazo remata o día 29 ou cando se acade o límite de inscritos.

Saúdos

www.fonghi.blogspot.com
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Dec 2016, 8:08
Asunto: Re: V San Silvestre Solidaria de Ponteareas

Moi recomendable, moi divertida e moi bo trato. Animádevos!
Fonghi

Maratoniano
Maratoniano
7/12/06
0 Carreiras
330 Mensaxes
Ponteareas/Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2016, 21:42
Asunto: Re: V San Silvestre Solidaria de Ponteareas (31/12/2016)

O día 29 remata o prazo de inscrición, se antes non se chega ao tope máximo permitido pola organización (750 ).

Se tedes pensado participar, non esperedes ao último día, pode ser tarde!

Saúdos

www.fonghi.blogspot.com
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Ven, 23 Dec 2016, 18:53
Asunto: Re: V San Silvestre Solidaria de Ponteareas (31/12/2016)

Ola a Todos:

A poucos días para o peche das inscricións nesta festa do deporte, restan poucas prazas, e animámoste a vir ata Ponteareas para facer uns km e se queres, compartir unhas rosquillas!

Saúde e km para o 2017





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos