Foros ›
Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 12:34
Asunto: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
XXXVI Carreira Pedestre Popular da Amaía - Brión
Sábado 6 de outubro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Brión, sábado 6 de outubro de 2018.
Web da carreira: http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5913&date=20181006
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=20915

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 9 setembro de 2018 ao xoves 13 de setembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 13 de setembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 9 de setembro ata as 23:59 do 13 de setembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 13 Set 2018, 22:06; editado 1 vez
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 21:47
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata

Desexo participar no sorteo para esta carreira porque son un habitual a ela: só faltei a unha edición desde que cumprín os 12 anos. Iso significa que vivín varios cambios de formato, uns debidos ao meu paso á categoría seguinte e outros, a decisións da organización. Malia isto, a esencia da proba e o meu gusto por ela mantéñense intactos.
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 8:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata 13/9

Gustariame participar no sorteo desta carreira, xa que fai moitos anos que non a corro e sempre fun un habitula dela. Sempre destacou pola sua dureza e haberá que comprobar se todo segue igual.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 6:04
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata 13/9

NON participo no sorteo, pero só quería dicir que se pasa unha tarde moi agradable na carballeira de Sta. Minia vendo tanta rapazada participando Aplauso

Grazas por sacar adiante un ano máis a carreira Aplauso

cerqueiro9 escribió:
Sempre destacou pola sua dureza e haberá que comprobar se todo segue igual.
Lembremos que aquí está o fío da carreira www.correrengalicia.or...mp;t=20915 onde a organización resposta, polo que quizáis mellor pregunta alí Guiño

-- Chámame "ghose"
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 8:47
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata

Me apunto al sorteo.

Ese es el finde de la Coruña 10, carrera en la que participe 2 o 3 veces. Pero cada vez me tiran menos las carreras urbanas con miles de corredores. Así que me apetece algo distinto, descubrir una carrera nueva y explorar un lugar desconocido. No solamente nunca he participado en esta carrera, sino que nunca he estado en Brión, así que si me toca un dorsal sería una bonita oportunidad de hacer ambas cosas.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3675 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 17:32
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata

Pois gustaríame participar nesta carreira, na cal participei 5 veces, pero extranamente , levo dende o 2013 sen participar y eso que vivo a pouco máis de 20 minutos da saida. Carreira moi dura creo recordar, e na que xa vin varios cambios percorrido e se agora son 9 Kms. é por que hai un novo cambio.
Carreira nas primeiras veces que participei moi familiar e como curiosidade dicir que as camisetas, durante varias edicións daban a mesma, debían ter superavit.
E cun remate nun lugar ben fermoso como é a carballeira de Sta. Minia.
Anomander

Novo foreiro
Novo foreiro
31/03/17
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 17:53
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata 13/9

Pois aquí estamos en outro sorteo ó que me apunto.

O ano pasado foi a primeira vez que corrín esta carreira, e agora que xa coñecía o recorrido... van, e cambiano.

O anterior circuito era bastante duro, e a última subida facíase larga. Este ano polo que comentan, e polo que puiden ver, no Strava, nos perfiles da xente que fixo o circuito é unha carreira máis levadeira, non haberá que regular tanto os esforzos... ou sí. O que non me acaba de gustar de todo e eso de dar dúas voltas, eu prefiro os recorridos nos que non se repiten voltas por un circuito.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): ata 13/9

Muchas gracias a todos por participar. La inclusión de participantes queda cerrada. En cuanto realicemos el sorteo colgaremos aquí los resultados. Estad atentos, una vez publicados disponéis de 48 horas para hacernos llegar vuestros datos. De no recibirlos, el dorsal pasará a pertenecer a un suplente.

Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 20:29
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO

Ganadores: beuckelssen, Cerqueiro9

Enhorabuena a los ganadores de los dorsales para la Carreira da Amaía (6/10/18).

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado

Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal

Link al resultado: http://www.randorium.com/es/9V5rOtdN


beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 12:25
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECH

Muchas gracias por esta iniciativa vuestra y a los organizadores por colaborar.

Ya he enviado el mail. Nos vemos en Brión. Moi feliz
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 13:01
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO

Disfrutala.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 21:56
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO

Beuck, queremos crónica de la carrera Guiño
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2018, 8:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO

Buenos días,

Cerqueiro9 nos ha avisado de que renuncia al dorsal por no poder asistir a la carrera. Así que hemos procedido a repetir el sorteo de nuevo entre el resto de participantes.

El nuevo ganador es Kurty

Por favor, envíanos tus datos antes de 48 horas para que podamos proceder a gestionar tu inscripción. En caso de no recibirlos dentro de ese plazo, el dorsal pasaría a un suplente.

Enhorabuena por el premio!

Link al resultado: http://www.randorium.com/es/FXaM8B7H


O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Set 2018, 12:00
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Carreira da Amaía (6/10/18): PECHADO

Informamos de que los dos ganadores del sorteo, kurty y Beuckelssen están ya correctamente inscritos en la carrera. Nos lo confirman por parte de la organización y también por parte de la web Carreiras galegas donde podréis comprobar vuestra inscripción.

De nuevo enhorabuena y disfrutad de la carrera.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos