Foros ›
Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 9:37
Asunto: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
V Trail Montes de Vigo
Domingo 14 de outubro de 2018


Que se sortea?
3 dorsais
(distancia a escoller)


Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Vigo, domingo 14 de outubro de 2018.
Web da carreira: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/v-trail-montes-de-vigo--i-andaina-pola-rexeneracion-dos-montes-de-vigo
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6015&date=20181014
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 10 de setembro de 2018 ao xoves 20 de setembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 20 de setembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 10 de setembro ata as 23:59 do 20 de setembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 21 Set 2018, 10:31; editado 2 veces
davidtorron

Maratoniano
Maratoniano
22/11/15
55 Carreiras
45 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 11:13
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Encantaríame participar na distancia de 26 kms. Non participei nunca neste trail, e ese precisamente e o motivo do meu interés. Un trail nos montes da miña cidade que quero probar e "sufrir".

Saudos
David
Pregal

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/17
40 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 13:14
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Quiero participar en este trail.
Quiero quitarme la espina del año pasado y correrla sin contratiempos
enjapeneiva

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/04/10
40 Carreiras
182 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 13:49
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Quiero participar en la carrera popular.
Después de casi un año de duro estudio, trabajando fuera de Galicia y los dos últimos meses en el dique seco por culpa de la mordedura de un perro es momento de volver de nuevo a ir cogiendo la forma.
Kapioviedo

Novo foreiro
Novo foreiro
10/04/16
31 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 14:58
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata

Me encantaria volver a la carrera montes de vigo pues el año pasado me retire de la ultra en el km 36, y me quedo pena de no acabar el unico ultra que se ha hecho en la ciudad. A parte de la fecha tan señalada que tambien motiva

26 km
ÁdPV

Novo foreiro
Novo foreiro
1/07/18
0 Carreiras
27 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 21:45
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Gustaríame participar nesta carreira por ir sumando experiencia no trail; só participei nunha proba destas caracterísiticas, picoume o bicho, paseino de medo e sendo esta carreira tan preto da miña casa, é unha boa oportunidade de volver a pasar un día fantástico.
Nuruwe

Novo foreiro
Novo foreiro
18/11/13
120 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 9:31
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Me apunto para participar en el sorteo. Mi única experiencia con esta carrera fue el año pasado en el ultra de Galicia Máxica y me retiré en la falda del Galiñeiro. Este año quedan muy bien esos 26 km entre los findes del trail Arcos y el de Parada.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 12:09
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Ola. Gustaríame participar.
Paréceme moi boa iniciativa lembrar os terribles incendios do ano pasado, sucesos que poden seguir sucedendo e que todos nós debemos intentar que non se repitan con iniciativas como esta (e de paso, a ver se empezamos a concienciarnos das bondades das árbores autóctonas...). Se de paso podemos desfrutar do monte e das vistas á Ría, non se pode pedir máis.
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 20:41
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Quero participar no trail longo. Hai moitas razóns para eso. Que se me queda preto da casa, que se é unha paisaxe incrible...Pero a maior razón es ti. Ti que hai tres anos estiveches para recibirme ao remate da carreira e co noso pequeno dando carreiras por alí. Ti que me esperaches sabendo de sobra que non chegaría pronto, máis ben tarde. Pero sempre tiñas a paciencia para agardarme cun sorriso en calquer carreira. E logo chegou a nosa carreira máis dura. O peor dos trail e o máis desagradable dos finais. Loitaches todo o que puideches e eu ao teu lado. Loitamos xuntos pero ese "trail" era demasiado duro, despiadado...
E logo xa non quería ir as carreiras porque sabía que non tería o teu sorriso na liña de meta. Moitisimos meses sen calzar as zapas. Derrotado. A peor das derrotas. Pero.un día foi como se algo dende o máis fondo de min me obligara a volver vestir o pantalón curto e a trotar. Ao principio foi todo tan raro...parecía que non sabía correr...pero aos poucos estou á porta de correr ese trail que tan preto da casa tiñamos. E sei que dalgún xeito ti me empurrarás. Sei que dalgún xeito cando as forzas fallen serás quen tire de min. E non terei o teu sorriso na meta. Tereino toda a carreira no meu pensar. E chegarei a meta e dareille o mellor abrazo do mundo ao noso peque, e ti, ti dende alá arriba...sorrirás !!!!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 21:25
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Gertiz, prometo, darche unha aperta, na saida. Ti que tantos sorisos lle destes os nosos cativos. Un gran abrazo e moita forza, que seguro que vos esta mirando.
Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 13:29
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Me gustaria apuntarme al trail corto. Nunca he ido pero dicen que las vistas son espectaculares. Mi mujer tiene que ir ese dia a Vigo y le tenía el ojo echado a este trail!!
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 14:40
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

sanmikel escribió:
Gertiz, prometo, darche unha aperta, na saida. Ti que tantos sorisos lle destes os nosos cativos. Un gran abrazo e moita forza, que seguro que vos esta mirando.

Alí nos vemos !! Con choiva, neve, sol, frío ou calor. Sexa como sexa...vémonos na saída!
Grazas!!! Guiño
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Set 2018, 9:23
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Recordar que este sorteo continúa aberto!
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
110 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Dom, 16 Set 2018, 16:15
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Hola
Gustariame participar neste trail no q nunca participei e todos falan moi ben.
Asi tamen coñeceria eses montes q son descoñecidos para min a pesar de vivir cerquiña...
Un saudo.
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Set 2018, 20:46
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Trail Montes Vigo (14/10/18): ata 20/9

Boas noites, quero participar no sorteo.

O ano pasado a miña intención era debutar no ultra, pero o final non foi posible. Coñezo algunha das zonas por algunas saidas a entrenar ou practicar sendeirismo pero nunca dentro dunha carreira. As vistas da ria son espectaculares.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos