Foros ›
Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 13:13
Asunto: Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): PECHADO

XIII Trail de Outono – O Barco de Valdeorras
Sábado 27 de outubro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais
(un para o trail curto e outro para o longo)*

*polo tanto, é imprescindible indicar na mensaxe a que distancia se opta: trail curto ou trail longo. De non ser así, a mensaxe non terá validez.

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: O Barco de Valdeorras, 27 de outubro de 2018.
Web da carreira: https://clubtrevincabarco.org/club/at2018/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5885&date=20181027
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 8 de outubro de 2018 ao domingo 14 de outubro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito domingo 14 de outubro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 8 de outubro ata as 23:59 do 14 de outubro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Dom, 14 Out 2018, 22:02; editado 2 veces
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Sáb, 13 Out 2018, 20:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Outono - O Barco (27/10/18): ata1

Ya estoy anotado para esta bonita Andaina en O BARCO de Valdeorras, porque al día siguiente voy a correr la CLÁSICA en SANTIAGO de COMPOSTELA

Veo que al personal le parece lejos visitar a O BARCO y participar en el SORTEO Trail Outono
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 13 Out 2018, 23:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): ata 14/10

Recordade que este sorteo permanece aberto ata as 23.59 de hoxe domingo 14 de outubro!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 21:19
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): ata 14/10

Pues para que no quede sin usar,me voy a apuntar al sorteo del trail corto,ya en el 2016 estuve por allí,aunque de aquella sólo había una única distancia de 19kms,voy a copiar la pequeña crónica que escribí a la vuelta:
El sábado me acerqué al Barco de Valdeorras a conocer este trail,19kms y casi 1000m de desnivel,buen trato,bien marcado,3 buenos avituallamientos,pinchos finales,duchas a 200m y bonita camiseta,no es un trail excesivamente técnico,trascurre mayormente por pistas y senderos,aunque tambien hay caminos y regatos,bosques de castaños y el salgueiral,preciosas vistas desde arriba del Barco,y el Sil rodeándolo,éramos pocos,pero fue una buena experiencia,desde aquí felicitar a la organización
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 21:23
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): ata 14/10

Participo en el sorteo de un dorsal para el Trail de Outono do Barco de Valdeorras

Nunca he hecho este trail, pero me dijeron que el recorrido es extremadamente bello, sin mucho desnivel y que durante un tramo vas corriendo por un campo de castañas, otoñal 100%.

Por lo que he leído el trato al corredor es sobresaliente, con todo cerca de la salida (incluidas las duchas) y con una juntanza post-carrera en la que los corredores “comentan la jugada” de la carrera realizada. Esta es una de las cosas que más me gustan de las carreras de montaña, el que la gente al terminar no se marcha, se queda e interactúa, eso tan raro que a veces nos cuesta tanto hacer: hablar con los demás Guiño

Además tiene una andaina en paralelo. A mucha gente le gusta el monte pero no todos se encuentran bien físicamente como para hacer un trail, y lo de la caminata es una buena alternativa. Y este año mayores se estrenan con dos distancias, una más corta de 15km que es ideal para los que se inician como “montunos” y otra de 22km para los que ya tienen algo de experiencia.

Y ya para terminar, cuando una carrera lleva celebrándose ya 13 años, creo que es una medida bastante fiable de la calidad de la organización.

Me apunto para el dorsal de 22km. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 22:03
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): PECHADO

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participar. En breve colgaremos los resultados. Recordad que pasadas 48 horas, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Out 2018, 14:08
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Outono-O Barco (27/10/18): PECHADO

No ha sido necesario realizar el sorteo para los dorsales ya que solo se han presentado dos participantes. Enhorabuena a Lihto y Amina por ese premio.

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com

con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado

Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos