Fri, 09 Nov 2018, 14:30
Post subject: Re: 7 ciudades 7 maratones
Eu quizais vaia a dar algo a nota, pero non me parecería algo positivo. É certo que como idea é moi moi boa. Algo distinto, que pode resultar moi atractivo e que tería o seu romanticismo: "os sete grandes maratóns Galegos". Eu sería o primeiro en apuntarme! xD De feito, penso que sería un reto moi chulo. Pero iso, un reto, algo puntual e concreto. Pero que creo é traballar nunha liña oposta á da consolidación dun maratón en Galicia, é dicir, que serían incompatibles.
Preferimos algo deste estilo, que imaxino que tería que ser impulsado pola FGA ou algún patrocinador que puidese pór dacordo a moitas distintas entidades e organizacións, ou preferimos unha gran maratón en Galicia que sexa forte e que nos permita disfrutar do feito de ter unha maratón durante moitos anos? Eu opto pola segunda opción, e creo que a día de hoxe, nas condicións materiais que temos, iso pasa pola Coruña42. Coas correspondentes melloras na organización como se di noutros fíos e certos cambios, pero é unha maratón que penso que está moi moi ben e que ten potencial como se demostrou nestas sete edicións que leva creo.
Sinceramente, non creo que Galicia necesite máis maratóns que a Coruña42. A demanda non é tan grande, máis cando os populares que corremos maratóns adoitamos (en xeral) a probar outras carreiras fóra de Galicia, tanto no estado e Portugal, como máis alá da península. Por iso creo que propostas como esta poden chegar a dinamitar o que xa existe, que non é malo. Quizais se lle poida criticar o mesmo á aparición da VigBay. Para min a diferencia é que é, según se di, é algo moi puntual. Aínda que é certo que unha mínima coordinación entre ambas para que houbese polo menos 3 semanas de diferencia (7 e 28 de abril por exemplo), teríase agradecido. Pero como digo sempre, salvo afortunados que teñen contactos e saben como funciona a organización de ambas carreiras e as dificultades que poden ter, o resto falamos por falar e non temos nin idea. Así que temos que limitarnos a iso, a imaxinar e falar sobre como nos gustaría que se fixesen as cousas.