Foros ›
Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Abr 2019, 21:58
Asunto: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): PECHADO

VII Trail de Vilatuxe
Domingo 09 de xuño de 2019


Que se sortea?
2 dorsais
A distancia non é necesaria, será escollida despois do sorteo polas persoas gañadoras, non hai que dicilo no momento de inscribirse

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Vilatuxe-Lalin, domingo 09 de xuño de 2019.
Web da carreira: www.facebook.com/traildevilatuxe/
championchipnorte.com/...atuxe-2019
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190609

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 29/04/2019 ao 02/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 02/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 29/04/2019 ao 02/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Dom, 05 Mai 2019, 7:11; editado 1 vez
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
592 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 7:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Quiero participar en el sorteo de los dorsales de VII Trail de Vilatuxe.
Solo he participado el pasado año, pero me ha gustado mucho, el recorrido es fantástico, con muy buenas vistas y la organización de 10 en todos los sentidos, marcado de recorrido, avituallamientos, salida y llegado en un lugar precioso, buen aparcamiento. Me encantaría volver este año.
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
102 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 10:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Quiero participar en el sorteo de los dorsales de VII Trail de Vilatuxe, quero participar pq me gusta corer polo monte
taurus2005

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/11/11
503 Carreiras
55 Mensaxes
Zas
Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 14:26
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

... perdón había enviado un mensaje previo con el deseo de participar en el sorteo pero ese día es el Campeonato Galego de Montaña ...
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 14:58
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

OK, Taurus2005. Gracias por avisar. No te tendremos en cuenta para el sorteo. Un saludo
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 17:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02

Quiero participar en el sorteo del dorsal...
Participé en el trail largo hace unos años y es uno de los que mejor sabor de boca me dejó, duro, técnico, muy bien organizado y con unos parajes incomparables, desde entonces no tuve ocasión de volver, así que a ver si hay suerte y volvemos a cruzarnos con el Gaiteiro... Rezar

Cuando bajas drop, ya no hay stop...

Última edición por Mendeselassie o Lun, 29 Abr 2019, 17:10; editado 1 vez
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
238 Mensaxes
Sada - A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 17:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Hola quiero participar en el sorteo, nunca hice este trail y mis compañeros montunos hablan maravillas de él, por eso me gustaría comprobarlos por mi misma.
Suerte!!!

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 21:40
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Quiero participar en el sorteo
Nunca he participado en el, pero por lo que tengo entendido es durillo, con bastante desnivel, bajadas técnicas y como venga un día de calor ( que siendo junio es más que probable) puede ser matador... pero para qué están las dificultades además de para superarlas y obtener doble satisfacción? Pues Vilatuxe, ahí vamos!!!
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
292 Carreiras
741 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mar, 30 Abr 2019, 16:29
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Yo también quiero participar en el sorteo de un dorsal para el trail de Vilatuxe, hace tres o cuatro años que no voy y ya me apetece volver, lo recuerdo bastante durillo y con unos paisajes muy chulos.
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Abr 2019, 19:43
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Desexo participar no sorteo para o Trail de Vilatuxe.

Levo xa varias edicións consecutivas participando, o que da conta de canto me gusta a Serra do Candán. Ademais, o trato ao corredor é estupendo. E por si fora pouco teño, que quitar unha espiña do ano pasado... rompín unha deda nos derradeiros 5 kms e non acabei nada ben Muro Muro Muro

Gracias polo sorteo e moita sorte a todas.
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mér, 01 Mai 2019, 7:43
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02

Desexo e quero participar no sorteo dos dorsales pra iste Vilatuxe Trail porque é durillo e pasa por algúns lugares ben chulos
kyusvi

Novo foreiro
Novo foreiro
11/12/15
3 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 6:47
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Quiero participar en el sorteo.
Nunca hice este trail y me apetece mucho probar este año.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 7:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Boas, estaría interesado en participar no sorteo du dorsal.
Xa participeí en varias ediccións e a verdade e que sempre bén.
O trazado é bonito e algo durecho. O trato da organización moi bén e comida post carreira sempre estivo bén.
Agardo poder ver éste ano ó gaiteiro no alto.
Un saudo.
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 7:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Ola bos días, gustariame participar no sorteo do trail de Vilatuxe, nunca tiven a oportunidade de probar esta proba e me falaron moi ben dela, asi que habera que probala.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 19:55
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais VII Trail de Vilatuxe (09/06): ata o 02/05

Hola, gustariame entrar no sorteo do dorsal.
Nunca fixen está proba pero falaron moi ben de ela





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos