Foros ›
Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Mai 2019, 22:01
Asunto: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): PECHADO

VI Carreira Popular Concello de San Sadurniño
Domingo 26 de maio de 2019


Que se sortea?
4 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: San Sadurniño, domingo 26 de maio de 2019.
Web da carreira: www.rockthesport.com/e...n-sadurnio
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao foro: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 13/05/2019 ao 16/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 16/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 13/05/2019 ao 16/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Dom, 19 Mai 2019, 19:47; editado 1 vez
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
593 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 13 Mai 2019, 7:11
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Quiero participar en el sorteo de los dorsales de la VI Carreira Popular Concello de San Sadurniño.
A esta carrera fui hace unos años (no recuerdo cuentos), y lo que recuerdo es que me había llamada mucho la atención la salida neutralizada durante 400 metros, lo que provocaba que ya saliésemos estirados, era muy curioso y en ninguna otra carrera lo había visto.
También me gustara mucho el lugar de la salida con una zona al lado de un río muy agradable y con el aparcamiento muy cercano. Además al coincidir las elecciones, este año, no hay mucho donde elegir, así que es una buena opción para correr y al llegar ir a votar.
Muchas gracias.
rosetas

Maratoniano
Maratoniano
22/05/12
345 Carreiras
1093 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Lun, 13 Mai 2019, 10:05
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Buenos días.
Quiero participar en el sorteo de dorsales para la VI Carrera Popular Concello de San Sadurniño.
Sería mi segunda participación y hace dos años me pareció una carrera perfectamente organizada. Destaca sobre todo por su ambiente festivo y la posibilidad de quedarse a comer allí mismo. Todo el entorno por donde se desarrollan las pruebas y demás actividades es muy agradable. Hay carreras para todas las edades y la salida neutralizada es otra de sus peculiaridades. Si resulto agraciado iré y en caso contrario......también Ríndose
Gracias de nuevo por estos sorteos.
dias

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/10/11
69 Carreiras
154 Mensaxes
Narón
Respostar citando Envío Lun, 13 Mai 2019, 13:55
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Tamén participo no sorteo do dorsal para esta carreira de San Sadurniño. As miñas experiencias anteriores foron sempre positivas, evento ben organizado e rápido. Hai que ter coidado na saída neutralizada se non queres acabar no río jajajaja. Sorte a todos
roni

Novo foreiro
Novo foreiro
21/09/15
113 Carreiras
27 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 13 Mai 2019, 16:37
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Hola. Quisiera participar en el sorteo de dorsales para esta carrera de San Sadurniño. Participé en la 4ª edición y quedé con muy buen sabor de boca. Gran ambiente en ese entorno muy bonito cercano al río. Sin ningún problema en cuanto a organización y con ese detalle comentado por todos de la salida neutralizada. Si el día acompaña, espero poder quedarme a pasar la jornada por allí. A la carrera iré si o si !! Gracias por facilitarnos estos sorteos de dorsales. Aplauso
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
238 Mensaxes
Sada - A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 14 Mai 2019, 10:28
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Participo en el sorteo, nunca participé en esta carrera, no puedo opinar, pero viendo los comentarios anteriores, creo que merece la pena ir.

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Mai 2019, 22:04
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Sorteo cerrado. Gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 17 de mayo. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Mai 2019, 13:20
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Resultado: roni, Suka, dias, Nes

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
Concello en el que estás empadronado:
Email:
Teléfono móvil:
Federado (sí/no):
Número de licencia:
Nombre del club federado:
Perteneces a algún club popular (sí/no):
Nombre del club popular:
El equipo popular pertenece al concello de San Sadurniño (sí/no):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_236179


Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
593 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Sáb, 18 Mai 2019, 8:14
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais San Sadurniño (26/05): ata 16/05

Datos enviados, nos vemos en San Sadurniño el dia 26.
Muchas gracias por los sorteos que realizáis y ya os contare como me fue.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos