Mon, 16 Dec 2019, 8:28
Post subject: Re: carreiras solidarias
con ser solidarios refírome a apoiar aportando esforzo persoal (incluso cartos ou alimentos), non de boquilla cun "like".
Tamén está ben que os organizadores se comprometan a publicar o resultado do acto solidario. Por exemplo, a San Silvestre Alternativa en coruña puxo fotos da entrega dos productos recollidos o ano pasado.
os organizadores de Alas de vida, a cantidade exacta de cartos doada a fundación Debra. Son exemplos que me veñen a cabeza agora, pero coñezo máis.
Tamén coñezo de actividades que o de Solidario é para poñelo no cartel da carreira, e igual doan 50€ dunha carreira con 200 participantes (esto é un exemplo, non teño probas concretas).
A miña mensaxe non é para desanimar a participar, nin un exercicio de descreimento ou cinismo, se non ao contrario, que sexamos conscientes de qué causas apoiamos, nos informemos e apoiemos aquelas que merezan a nosa confianza.