Foros ›
VI Volta á Illa de Ons (CANCELADA )
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Mar 2020, 21:46
Asunto: VI Volta á Illa de Ons (CANCELADA )

Boas noites, temos o pracer de anunciar que este ano celebraremos de novo esta fermosa carreira, a data será este próximo sabado 4 de Abril pola tarde, en breve mais información e abrimos inscricións.


Última edición por CorredoirasBueu o Ven, 13 Mar 2020, 12:19; editado 1 vez
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 10 Mar 2020, 12:42
Asunto: Re: VI Volta á Illa de Ons (Sábado 04/04/2020)

Bos días a todos, queremos anunciar que este próximo Xoves día 12 de Marzo as 21:00 ABRIMOS INSCRICIÓNS para a Volta á Illa de Ons 2020. Por favor estade atentos porque como sabedes as inscricións están limitadas. Coma todos os anos temos dúas opcións para participar carreira e andaina. Recordade que cando fagades a inscrición podedes mercar a maiores billetes para os vosos acompañantes a 8€ cada acompañante(5 anos ou menos son gratis pero deben igualmente reservar billete). Se non tendes claro se levades acompañantes sempre podedes mercar os billetes na terceira opción que temos dispoñible para mercar só billete. Excepcionalmente e sempre que a navieira decida dispor de barco, podedes decidir embarcar o venres tarde ou sábado pola mañá, estas opcións pódense cambiar na zona privada ata peche de inscricións. Link ó regulamento
drive.google.com/file/...p=drivesdk
CorredoirasBueu

Organización
Organización
7/04/15
0 Carreiras
233 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Mar 2020, 12:18
Asunto: Re: VI Volta á Illa de Ons (Sábado 04/04/2020)

Volta á illa Ons CANCELADA
, queremos agradecer enormemente o apoio do noso patrocinador Nabia navieira , da dirección do Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas, de todos os integrantes do noso club e sobre todo a VOS. Sabemos que estábades esperando volver participar nesta fermosa carreira pero agora hai cousas mais importantes polas que preocuparse. En canto se solucione esta emerxencia sanitaria tentaremos organizar de novo a carreira. Un saúdo a todos e moitas gracias pola vosa comprensión.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos