Foros ›
I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Tue, 15 Dec 2020, 9:20
Post subject: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"

O Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago e o Concello de Brión, co-organizan a I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA", que se celebrará o Xoves 31 de Decembro de 2020 a partir das 16:00h. na Carballeira de Santa Minia (Concello de Brión).

INSCRICIÓNS: www.galitiming.com// Máximo 100 participantes

[b]PREZO:
3€ + 1k de alimentos // A recadación en metálico será doada integramente a ART FOR DENT, un proxecto artístico e 100% solidario, que nace no ano 2020 en Brión a raíz do diagnóstico da enfermidade de Hugo Yañez, e que ten como principal obxectivo recadar fondos para apoiar a ASDENT na investigación da enfermidade de DENT. Os alimentos recollidos irán ao banco de alimentos municipal de Brión.

CIRCUITO: 7Kms aprox. (90% camiños de monte), dende a Carballeira de Santa Minia ata as Torres de Altamira.

DIFICULTADE: Media // 320m. de desnivel positivo aprox.

HORARIO: A saida das persoas participantes será de un en un e comezara as 16h. por alfabética de apelidos e con 30s de diferencia entre cada un.

TROFEOS: 3 primeiras mulleres e 3 primeiros homes que realicen o percorrido no menor tempo posible. Trofeo ao equipo mais numeroso.

A INSCRICIÓN INCLÚE: Seguro de responsabilidade civil e de accidentes // Servizos médicos e de abmulancia // avituallamento líquido e sólido ao final da proba //

Consulta o REGULAMENTO COMPLETO DA PROBA e o anexo NORMATIVA COVID-19: https://cutt.ly/shFoMgV




Last edited by concellodebrion on Fri, 18 Dec 2020, 13:43; edited 2 times in total
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
1988 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Wed, 16 Dec 2020, 6:13
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"

Creo que no tienen activo aún el enlace a la prueba.....
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Wed, 16 Dec 2020, 7:28
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

Pois ainda non está activo. Supoñemos que a empresa que xestionará a plataforma de inscricións se ten que tomar un tempo para preparala. Abriremos tan pronto nos sexa posible. Moitas grazas.

Recordade que esta proba é por unha moi boa causa: LA VOZ DE GALICIA


Last edited by concellodebrion on Thu, 17 Dec 2020, 12:46; edited 1 time in total
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Thu, 17 Dec 2020, 12:40
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

Por motivos alleos á organización da proba vémonos na obriga de ter que pospoñer a apertura das inscricións para a I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA AS TORRES DE ALTAMIRA". Esperamos ter solucionado estes pequenos problemas nos primeiros días da vindeira seman. #obofaiseesperar #artfordent #correporunhaboacausa #sansilvestrebrion


cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
1988 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Fri, 18 Dec 2020, 13:24
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"

Ya funciona el enlace en la plataforma. Uno más apuntado
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Fri, 18 Dec 2020, 13:57
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

E por fin podemos dicir que XA ESTÁN ABERTAS AS INSCRICIÓNS.
Recordade que para inscribirvos debedes dirixirvos á paxina de GALITIMING
O prezo da inscrición será de 3€ + 1k de alimentos

Os 3€ abónanse na plataforma no momento da inscrición e o quilo de alimentos debedes traelo o día da proba para poder retirar o voso dorsal.

Como xa se informou a recadación en metálico será doada integramente a ART FOR DENT, un proxecto artístico e 100% solidario, que nace no ano 2020 en Brión a raíz do diagnóstico da enfermidade de Hugo Yañez, e que ten como principal obxectivo recadar fondos para apoiar a ASDENT na investigación da enfermidade de DENT. Os alimentos recollidos irán ao banco de alimentos municipal de Brión.

Tamén se habilitou un "DORSAL 0" no que calquera persoa pode facer unha doazón en metálico para ART FOR DENT e colaborar igualmente con esta causa aínda que non queira ou non poida participar na proba. Para acceder a este DORSAL 0 e facer as vosas doazóns tedes que entrar igualmente na plataforma de inscrición de GALITIMING, picar no apartado "INSCRÍBETE" logo seleccionar a opción DORSAL 0. Unha vez se cubran os datos do formulario podedes facer as vosas doazóns a partir de 1€.
Moitas grazas por colaborar con ART FOR DENT.
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2077 Carreiras
6568 Posts
Ferrol (Coruña)
Reply with quote Post Fri, 18 Dec 2020, 18:41
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"

También estoy anotado y espero que la Xunta nos autorice a desplazarnos al evento pues ya me he perdido 2 carreras porque Ferrol es zona "perimetrada" y hoy se ha publicado ésto: "En los lugares que aún pudiesen estar cerrados el día 23, por razones de familia y de fiestas sí se puede mover", ha explicado Feijóo, que ha precisado que "sólo por estas razones" www.elespanol.com/quin...en-galicia
O sea que, por razones de FIESTAS sí nos podemos desplazar y, para practicar deporte a una prueba con todas las garantías sanitarias NO...¡¡¡es increible!!!
Sugiero, a quien corresponda, que se autoricen los desplazamientos a las pruebas deportivas utilizando como "salvoconducto" el justificante de estar inscrito en el evento que se corresponda con la fecha del viaje.
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Sun, 20 Dec 2020, 19:54
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

Aledanos moito dicir que estamos a 10 prazas de pechar inscricións. Queremos dar as gracias a todos e todas por acoller de tan boa maneira esta iniciativa, e mais tratandose dunha proba solidaria que, como xa sabedes, vai servir para recadar fondos para Hugo e a súa asociación ART FOR DENT.

ART FOR DENT é un proxecto artístico e 100% solidario, que nace no ano 2020 en Brión a raíz do diagnóstico da enfermidade de Hugo Yañez, e que ten como principal obxectivo recadar fondos para apoiar a ASDENT na investigación da enfermidade de DENT.

Recordade que unha vez finalicen as prazas podedes seguir colaborando anotandovos no "DORSAL 0" no que calquera persoa pode facer unha doazón en metálico para ART FOR DENT e colaborar igualmente con esta causa aínda que non queira ou non poida participar na proba. Para acceder a este DORSAL 0 e facer as vosas doazóns tedes que entrar na plataforma de inscrición de GALITIMING, picar no apartado "INSCRÍBETE" e logo seleccionar a opción DORSAL 0. Unha vez se cubran os datos do formulario podedes facer as vosas doazóns a partir de 1€.

LISTA DE AGARDA: Unha vez se esgoten as 100 prazas ofertadas a lista de agarda estará formada, en orde de inscrición, por todas aquelas persoas que estean anotadas no DORSAL 0 cunha doazón mínima de 3€, esto sempre e cando haxa persoas inscritas que finalmente non poidan participar e o comuniquen en tempo... Así que xa sabedes, se non conseguistes praza ainda tendes unha última oportunidade para poder colaborar e/ou participar na proba.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS
charliebueno

Novo foreiro
Novo foreiro
9/05/13
0 Carreiras
15 Posts

Reply with quote Post Wed, 23 Dec 2020, 12:09
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"

Buenos días, una pregunta alguien puede explicar la dureza o el tipo de recorrido? Es mejor zapatillas de asfalto o trail?Muchas gracias
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Wed, 23 Dec 2020, 12:56
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

En canto ao tema de zapatillas temolo moi claro, sempre TRAIL, o monte estes días ten moita auga e moita folla no chan co cal esvarase bastante, canto mais taco teña a zapatilla mellor.

No tocante ao circuito, temos que ir con pés de chumbo pois igual ainda ten que sufrir variacións. Este circuito que imos explicar agora é o que temos pensado facer, pero temos un cruzamento cunha carretera da Xunta de Galicia (AC-451) que está pendente de autorización da DGT, supoñemos que non haberá problemas, pero ata que teñamos o permiso nas nosas mans non podemos decir que é o oficial ao 100%. E, no caso de que non nos autoricen ese cruzamento, teriamos que facer outro circuito alternativo que xa temos preparado polo que poida pasar.

En canto a este "suposto" circuito, a súa distancia e de 7600m. con un desnivel positivo de 350m aproximadamente. En canto á súa dureza física está calificada como MEDIA e non ten zonas extremadamente tecnicas, se ben é certo que o monte está como está, cousa que fai que xa de por si a proba vaia resultar dura. Tampouco queremos asustar a ningúen, a modo de anecdota o domingo pasado algúns membros do Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago estiveron revisando o circuito, foron un total de 14 persoas con niveis moi distintos e incluso algúns poucas veces correran polo monte é o comentario foi unánime: "circuito impresionante e divertido".

A proba comeza na Carballeira de Santa Minia e o seus primeiros 1300m transcorren por asfalto ata adentrarse na Aldea de Brans de Abaixo onde comeza a subida por uns sendeiros espectaculares que nos levarán ata a Aldea de Aguiar. Logo dunha pequena, pero dura, subida de asfalto collemos outro sendeiro que transcorre paralelo a AC-451 e ao Rego de Ameneira, que neste tempo tamén está moi bonito pola cantidade de auga que leva, para cruzar esta estrada autonómica e coller unhas pistas anchas que nos van levar ata o pés das Torres de Altamira. Pero a cronoescalada non remata aquí, senon que voltamos a baixar case ata o cruzamento da AC-451 para subir, agora sí, ata as Torres de Altamira por uns espectaculares sendeiros abertos para a ocasión.

Aqui vos deixamos
- O track do circuito: cutt.ly/vhBl4Lz
- O perfil do circuito: cutt.ly/8h1RCmS
charliebueno

Novo foreiro
Novo foreiro
9/05/13
0 Carreiras
15 Posts

Reply with quote Post Wed, 23 Dec 2020, 20:04
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA"

Muchas gracias
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
379 Carreiras
3228 Posts

Reply with quote Post Thu, 24 Dec 2020, 18:54
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

Pois estrei por monte (estaba encharcadísimo como é lóxico) hoxe as zapas de trail que merquei o luns, estiven andando o martes e o mercores con elas para adaptarme e moi ben.
Así que o domingo correrei con elas en Lousame, e o xoves 31 tocará Brión.

Un saudo.
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
88 Posts

Reply with quote Post Sun, 27 Dec 2020, 21:25
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

Fai xa días que temos esgotadas as prazas para a I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA". Como ben sabedes por mor da pandemia temos as prazas moi limitadas e tan só podemos ofrecer 100 prazas. Durante os ultimos días vendo o interese que mostrades e a cantidade de correos e xente que nos pregunta, estamos seguros de que poderiamos xuntar 200 ou 300 persoas... pero lamentablemente non imos poder ofrecer mais prazas.

O que si rogamos encarecidamente é que se algúen, por algun motivo de ultima hora, non pode participar faga o favor de comunicarnolo vía mail a clubatletismobrion @ gmail.com para poder cubrir a súa praza con unha persoa que realmente poida ir. Lamentamos moito que teña que quedar xente sen participar pero este ano ten que ser así, para o ano mais e mellor.

MOITAS GRAZAS POLA ACOLLIDA

Tamen recordamos que se habilitou un "DORSAL 0" no que calquera persoa pode facer unha doazón en metálico para ART FOR DENT e colaborar igualmente con esta causa aínda que non queira ou non poida participar na proba. Para acceder a este DORSAL 0 e facer as vosas doazóns tedes que entrar igualmente na plataforma de inscrición de GALITIMING, picar no apartado "INSCRÍBETE" logo seleccionar a opción DORSAL 0. Unha vez se cubran os datos do formulario podedes facer as vosas doazóns a partir de 1€.

Moitas grazas por colaborar con ART FOR DENT.

inscripciones.galitimi...-altamira/
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2077 Carreiras
6568 Posts
Ferrol (Coruña)
Reply with quote Post Mon, 28 Dec 2020, 23:34
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

[quote=O que si rogamos encarecidamente é que se algúen, por algun motivo de ultima hora, non pode participar faga o favor de comunicarnolo vía mail a clubatletismobrion @ gmail.com para poder cubrir a súa praza con unha persoa que realmente poida ir. Lamentamos moito que teña que quedar xente sen participar pero este ano ten que ser así, para o ano mais e mellor.
MOITAS GRAZAS POLA ACOLLIDA
Acabo de enviar este correo:
Para clubatletismobrion @ gmail.com
La Xunta de Galicia mantiene el confinamiento perimetral de Ferrol donde resido, lo que me impide desplazarme, por lo que pongo mi plaza con clave de inscripción 0671EAF6C0, Jesús Bernal Gómez, a disposición de vuestro Club de Atletismo Brión y que así pueda participar otro deportista. En cuanto al importe de la inscripción, no deseo la devolución, para apoyar que ASDENT continúe investigando la enfermedad de Dent.
Reciban un cordial saludo,
Jesús Bernal

Edito para publicar la respuesta recibida:

BRIÓN Club Atletismo
10:45 (hace 8 minutos)
para mí

Lamentamos profundamente que non poidas asistir. Recordamosche que o prezo da inscricion vai ir a asociacion ART FOR DENT. Grazas por colaborar, coidate w vémonos no 21.

Un saudo
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
379 Carreiras
3228 Posts

Reply with quote Post Tue, 29 Dec 2020, 22:42
Post subject: Re: I SAN SILVESTRE DE BRIÓN "CRONOESCALADA TORRES DE ALTAM

Pois outro que se ten que borrar polas restriccións que entran en vigor mañán no meu concello de residencia, e que nos restrinxen a mobilidade fora do concello.
Agardemos que outro corredor poda facer uso da miña praza.

Un saudo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum