Foros ›
VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Xul 2022, 18:57
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

3ª Participación en CEE, ainda que a primeira ocasión fora no 2007, cando o Correo Gallego, patrocinara unha serie de carreiras pola Costa da Morte, cun percorrido totalmente distinto.
Onte non era o día máis indicado para correr, xa que viña dunha comilona cos amig@s da xuventude, pero alí cos deixei tomando os dixestivos e eu tirei cara Cee cos compañeiros de clube.
Tarde/noite ventosa e fría, despois dos trámites de rigor para a liña de saida, da parte traseira coma sempre e con gañas de correr, xa que as 6/7 derradeiras carreiras as que fun non tiñan un perfil nada favorable.
A primeira volta para toma de contacto co circuito, que consta de 3 subidas (cas respectivas baixadas), a primeira a máis suave ainda no casco urbano e as outras son a mesma en dirección de ida e volta.
Vou moi cómodo nesta 1ª volta correndo en torno a 4'40, na 2ª sigo igual ata que o pouco colleme un compañeiro de club e aumento o ritmo para ir con el, turnandonos na cabeza para protexernos do aire, ritmo medio de 4'37" seguimos xuntos na 3ª, pero vou forzado e na 2ª costa do circuito soltome uns mts., pero non moitos, pero a derradeira costa un pouco antes do Km.9 faixeme dura, recupero no comenzo da baixada e aumento o ritmo considerablemente como a maioría dos corredores. chegando nun tempo oficial de 46'46", gratamente sorprendido co ritmo final.
Facendo as 3 voltas en progresión 15'54", 15'32 e 15'20'.
Agora a agardar 2 semaniñas pola próxima do circuito, que toca en Muxía.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 05 Xul 2022, 8:10
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Pues otro año mas por Cee,esta vez con bastante viento,que cuando era en contra,frenaba bastante,por lo demás pocas novedades,sorprendido con mi tiempo a pesar de llevar 0 entrenos en el último mes,en 15 días Muxía......
biry

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/12
4 Carreiras
73 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Xul 2022, 14:13
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Acabo de mirar o racemapp de Muxía e parece ser que é un circuito distinto a anteriores edicións, unha soa volta con 239 m de desnivel positivo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Xul 2022, 18:05
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

biry escribió:
Acabo de mirar o racemapp de Muxía e parece ser que é un circuito distinto a anteriores edicións, unha soa volta con 239 m de desnivel positivo.
Pois mira que estaba ben o percorrido da derradeira edición, que o suavizaran bastante co cambio de sentido da mesma, sendo bastante corrible.
A ver que nos atopamos o día 17 en Muxía e como todas as de horario matutino as 12 horas. Silbar

Un saudo e grazas por avisar, así non nos colle de imprevisto.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Xul 2022, 20:47
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Pois salvo que me cambie a cabeza, creo que vai a ser a derradeira vez que me anote o circuito completo, (xa o viña valorando antes de Muxía) vaia tolemia de percorrido, costas e máis costas con moita calor, e despois as baixadas polo monte perigosas a máis non poder, para unha carreira que se supón de asfalto.
Xa temos criticado os horarios que se lles dou por poñer nas probas de mañán, as 12 horas na primaveira, verán, o día que lle de un susto a algún participante, despois van a ser todo boas palabras de ánimo ou pesar por parte da organización.
Un saudo.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 17 Xul 2022, 21:25
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Venía diciendo lo mismo,el que pone las horas de la carrera y el que diseña el circuito,seguro que está en una oficina sentado y con aire acondicionado.A las 12 en pleno julio no se pueden correr 10kms,porque un día pasará algo,a mayores,tanto en la subida de mas de 1km,como en la bajada mas peligrosa,no había ni un voluntario,eso sí,en el comienzo de la pasarela de madera,había 5 y un ciclista,a mí sinceramente me parece una falta de respeto al corredor,a mí en Muxía,como en Dumbría,no me pillan más,y después de varios años apuntándome al circuito,este es el último.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 18 Xul 2022, 11:43
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Cando nas carreiras se conta con corredores na organización nótase, somos moitos os que levamos anos dicindo que este circuito ten un potencial enooOOoorme para ser un referente en tódolos sentidos, pero en cada edición toman decisións de este tipo totalmete impopulares, algo que contradice obviamente o seu propio nome.
Ogallá reflexionen e se deixen asesorar.

www.youtube.com/channe...subscriber
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Out 2022, 11:21
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Vou rescatar o tema das profundidades do foro, pois dentro de 7 días xustos toca a derradeira proba deste circuito, a de Fisterra, cun percorrido bonito e duro con varias subidas, antes de rematar ca subida ata o famoso faro e baixada fulgurante para chegar a meta no peirao.
Creo que hoxe remata o prazo para confirmar a asistencia os inscritos ó circuito.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Out 2022, 16:08
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Pois rematado o circuito, con máis pena que gloria pola miña parte, con participación en 6 das 10 carreiras. Perdín 2 por viaxes, 1 por lesión e outra por unha pequena operación.
Económicamente compensoume, saindo a menos de 6€ a carreira disputada.
Pero como xa expusen nalgún post anterior, creo que despois de 3/4 edicións participando vai ser a derradeira vez que o faga por 2 razóns fundamentais.
1ª a dureza que lle imprimiron a varias das carreiras que xa de por si eran duras, agora moito máis.
2ª a hora de partida dos 10 K. as 12 da mañán un perigo a partir de Maio ata setembro, cando se disputan 7 das 10 carreiras.
Esto non quere dicir que non volva a correr ningunha carreira, fareino individualmente, en Carnota (imprescindible) e se me combinan ben Mazaricos por cercanía, Vimianzo moi corrible e non creo que moito máis.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3676 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Out 2022, 16:20
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Xa me esquencía de falar sobre a carreira de onte, ainda que o tempo respetounos algo máis do que preveían os metereologos, dunha molladura non nos libramos a maioría e do vento ninguen se librou.
A carreira, non a recordaba tan dura, xa que en canto deixamos o peirao, toca unha subida dura e ademáis longa, e despois un constante sube/baixa, ata chegar a subida ata o faro durísma xa de por sí e nalgúns tramos con refachos duros.
Que pasa, que os derradeiros 3 Kms. son moi rápidos, xa que todo o que acabamos de subir toca baixalo, ata rematar os ainda non 9'500 K. da carreira.
Eu fun bastante reservón por 2 razóns, unha sigo con molestías no sóleo e o venres pola tarde fun doar sangue e un que xa non é un rapas, non recupera nada ben e ademáis corrín o mércores en Boiro
Un saudo e a agardar pola vindeira.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos